Silleda é un concello
situado en Pontevedra, na comarca do Deza, a 40 km de Santiago de Compostela.
Dos seus múltiples lugares para visitar, no centro urbán están as Pedrosas, un
bonito parque no cal se pode gozar paseando con tranquilidade, ou simplemente
observar a natureza en todas as estacións do ano. Outro parque é o da Igrexa.
Para alegría dos rapaces, ambos teñen divertidos tobogáns e barras. O parque da
igrexa siempre está cheo de vida, con rapaces patinando ou señores parolando,
pero sen resultar bulicioso. Un lugar de máis interese histórico serían os
Castros de Toiriz, os impresionantes restos encóntranse nun terreo rebosante de
verde natureza, e outra das súas vantaxes é que é de fácil aceso. O cansancio
ocasionado polas diversas visitas pode remediarse hospedándose no mosteiro de
Carboeiro, ao que tamén se lle podería agregar a etiqueta de lugar de interese.
Un dos mellores meses par avisitar Silleda sería xuño, xa que unha das
principais atraccións turísticas do pobo, a Semana Verde, pódese encontrar
prácticamente de todo e é feamosa ata o punto internacional Ou ir ata o campo
da Saleta, en siador, para a Romaría do Rapaz, con atraccións, talleres,
desfiles e música, todo gratuito. Pero Silleda tamén ten tesouros naturais, nas
súas parroquias pódense contabilidzar 18 saltos de auga. O máis famoso é a
Fervenza do Toxa, en Pazos. Unha das cataratas mási famosas de Galicia con 30 m
de caída e un entorno natural dun gran valor paisaxístico. Aínda que máis
pequen, non podemos esquecernos da catarata de Grava, que en realidade son
dúas: a de Santa Mariña de Arriba, creada de modo artificial para o seu
aproveitamento na centralhidroeléctrica de Santa Mariña, unha das primeiras de
Trasdeza coñecida polos vecinos como “a fábrica da luz”. E a de Santa Mariña de
Abaixo, unha pequeña fervenza de varios saltos. E ao marchar non esqueza de
levar uns melindres de Silleda!
por Mariña Castro, de 2ºA
Ningún comentario:
Publicar un comentario