Amosando publicacións coa etiqueta documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta documental. Amosar todas as publicacións

15 de maio de 2015

Ramón Valenzuela, as olladas da esperanza

Ramón Valenzuela, as olladas da esperanza from Lingua Galega TV on Vimeo.

Presentamos este vídeo realizado por Xan Leira como unha aportación máis para preparar as actividades da vindeira semana arredor do escritor e político silledense Ramón Valenzuela.

22 de xuño de 2014

Reflexións arredor de "Linguas cruzadas"


O alumnado de 4º ESO B chegou ás seguintes conclusións logo da visualización do documental "Linguas Cruzadas"
•    7 alumnos falan galego e 1 castelán.
O que fala español faino porque é o que se fala na casa e resúltalle o máis práctico. A súa familia ven de fóra.
6 dos que falan galego fano porque é o que se fala nas súas casas e faláronlles galego desde pequenos.
1 alumno fala galego, aínda que na súa casa fálase español porque a súa nai é de fóra.
Aprendeu a falalo cos seus avós paternos, que sempre falan galego. Fálao porque o prefire.
•    En xeral opinan que moitos mozos falan castelán porque pensan que “é máis fino”.
•    Todos os galegofalantes din que falan español se é con xente de fóra.
Con amigos de aquí que falen español, 3 din que tamén falan español porque se senten incómodos falando galego, pero 1 di que se é unha persoa de moita confianza fala galego igual.
Os outros 4 falan galego aínda que lles falen en español, aínda que 1 deles fala español coa súa nai e coa familia da súa nai, que son de fóra.
•    A alumna castelanfalante fala galego na clase e cando se enfada.
•    Observan que a opinión do seu entorno castelanfalante é que eles falan “de monte, bruto”.
•    1 alumno fala sempre galego normativo e os outros 6 ás veces, con adultos ou con “xente importante”.
•    Os 8 alumnos pensan que hai conflito lingüístico en Galicia.
•    Os 8 alumnos pensan que na oferta de ocio predomina o castelán, tanto na televisión como en internet: películas, novelas, series, anuncios …
•    Os 7 alumnos galegofalantes pensan que o galego ten bo futuro e que eles mesmos van seguir falando galego sempre. A 6 gustaríalles falarlle galego aos seus fillos e 1 falaríalles castelán.