A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Silleda , que dirixe a alcaldesa Paula Fernández Pena, vén de convocar un concurso de microcurtas e outro de microrrelatos.
As obras presentadas a calquera deles, deberán estar integramente feitas en Lingua Galega, e poderán concursar todas as persoas que teñan entre 12 e 20 anos e estean censadas en Silleda.
As micro curtametraxes deberán ter unha duración máxima de 8 minutos e versar sobre a situación da lingua galega na sociedade contemporánea e o uso cotián do galego en calquera entorno social. Poderán estar editadas e tamén ser ou non de ficción.
As obras audiovisuais teñen que ser entregadas no Concello de Silleda, ou enviadas por correo á Casa Consistorial, en formato DVD PAL. Deberán entregarse co título e cun pseudónimo escritos, e acompañados dun sobre pechado onde tamén aparezan o título da obra e o pseudónimo no exterior do mesmo, e que conteñan unha tarxeta con todos os datos persoais do realizador.
Os microrrelatos non poderán superar os 300 caracteres de extensión e a temática é libre, aínda que tamén teñen que estar integramente en galego. Deberán presentarse tamén no Concello, ou ben en rexistro ou ben a través do correo postal, impresos en A4 e firmados cun pseudónimo. Coma no caso anterior tamén deben ir acompañados dun sobre pechado onde por fóra estea escrito o pseudónimo e no interior unha tarxeta cos datos persoais.
Só haberá un gañador de cada modalidade, e o xurado encargado de valorar as obras estará formado por dous profesionais dos medios de comunicación e pola Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena.
Premios
O autor do mellor microrrelato gañará un e-book e o da mellor microcurta gañará un tablet; ambos premios están valorados en 100 euros; asemade, os centros educativos aos que pertenzan gañarán un lote de libros en galego cada un, valorados en 50 euros.
O prazo para presentar os traballos comeza o vindeiro dia 14 de maio e rematará o 30 de xuño de 2012, e as bases atópanse en www.silleda.es.
As Ferreiras
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
29/05/2012
28/05/2012
Neira Vilas defendendo o galego no Colmeiro
O pasado mercores 23 estivo connosco Xosé Neira Vilas, quen nos falou da súa obra, e sobre todo das súas vivencias. Un apartado importante do seu relatorio adicouno ao uso e impotancia do galego. Díxonos cousas como a seguinte: "eu vivín 42 en América, escribín libros, artigos,... moitas cousas e sempre o fixen en galego"
Desafortunadamente a día de hoxe na propia Galicia, ninguén pode asegurar un uso normal do galego.
O escritor de Gres mostrouse decote orgulloso da nosa lingua: "temos lingua propia. Mirade vós, os norteamericanos, sendo tan importantes, non teñen unha lingua propia. Falan unha lingua traída doutro lugar, de Inglaterra"En varias ocasións quixo destacar a importancia da nosa lingua tanto no contexto europeo como no internacional. "O galego é o idioma, fillo do latín, máis importante do mundo, xunto co castelán. Fálano millóns de persoas, En Mozambique, Angola, Portugal, Brasil...".
Neira Vilas había de facer moitas máis referencias a este último país: "no Brasil, que ten unha extensión que é 3 veces a de Europa falan galego"Ou tamén, cando falando do seu best-seller 'Memorias dun neno labrego' lembrou a peza teatral que o ano pasado representou Cándido Pazó. "Cándido Pazó levou por todas partes unha obra de teatro sobre o meu libro, as 'Memorias das memorias dun neno labrego' e foi a Brasil. El intentou facer a obra en brasileiro e alí dixéronlle que non, que o fixera en galego. que se lle entendía perfectamente"
Neira Vilas tamén fixo mención a varios aspectos da súa vida persoal para destacar o valor do galego. "Eu escríbome con xente de Cuba, da Arxentina, de Bulgaria, mesmo do Xapón ou da China. Con todos o fago en galego. E despois hai algunha xentiña por aquí que non quer usalo e que di que lle é difícil [...]. Tamén manteño correspondencia con filólogos de Suecia, Noruega, de centroeuropa, interesados no galego. Se hai xente de tan lonxe que estuda o galego por algo será."Contounos unha anécdota familiar. El emigrara de novo a Arxentina e naturalmente comenzou a manter correspondencia coa familia. Non tardou en deixarlle claro ao seu pai que quería que lle escribira en galego.
- Pero, se eu non sei escribir en galego -contestoulle o pai- teño moitas faltas.
- Tamén as tes en castelán -foi a resposta de Neira Vilas.
Encol disto, o escritor insistiu en que daquela por asistir a unha mala escola uns poucos meses xa se lles quedaba a idea de que a escritura tiñan que facela forzosamente en castelán. O castelán era a lingua do colexio e isto xenerou moitos prexuízos.

Comentou que 'Memorias dun neno labrego' xa foi traducida a 16 idiomas. Cando se poñían en contacto con el para tratar sobre as condicións da edición, Neira Vilas só lles pedía unha cousa, que incluíran un texto presentando a obra no que se indicara que foi escrita en galego, unha lingua do suroeste atlántico europeo. Xosé Neira Vilas mostrouse orgulloso de que grazas a isto, e á enorme divulgación das 'Memorias', a nosa lingua comenzou a ser coñecida nen moitos lugares do mundo.
24/05/2012
Presentación 'De Balbino a hoxe'
O profesor Xoán Carlos García Porral presentou onte o seu libro 'De Balbino a hoxe' na biblioteca do centro. Vémolo acompañado de Suso (o director), Xosé Neira Vilas, e Ana Suárez (da editorial Lóstrego que edita o libro).
O libro trata sobre os cambios e transformacións da vida na aldea desde a época de Balbino, hai 50 anos, ata a actualidade.
A presentación tivo como invitado de honra a Neira Vilas, o creador de Balbino, o neno de aldea dos anos 60 que forma parte dunha familia de caseiros, coma quen di, un ninguén. Na súa intervención revelou que el fora en boa medida responsable de que o nome do noso centro sexa 'Pintor Colmeiro'.
Para introducirse na temática do libro, pódese consultar esta entrevista que lle fixeron a Xoán Carlos no Faro de Vigo.

21/05/2012
Xosé Neira Vilas no noso centro
Como vai vir en breve (mércores 23) ao noso centro, convén irmos repasando quen é este casi-veciño noso.
Xosé Neira Vilas, nado en Gres, Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928, é un escritor galego.
Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia. En 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.
Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.
Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e La Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa dos Poetas e o Premio Trasalba (2004), e foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.
A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega. Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.
As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio, A muller de ferro e Querido Tomás.
Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras Lar, Nai e Pan. O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso, na colección de contos Historias de emigrantes, en Remuíño de sombras e en Tempo novo.
Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigo, O cabaliño de buxo, A marela Taravela, Contos vellos pra rapaces novos e Chegan forasteiros.
En colaboración coa súa muller, a cubana Anisia Miranda, publicou un libro de de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda. Se queres saber máis sobre este escritor, visita a web da súa fundación: Fundación Xosé Neira Vilas

Marcadores:
actividades,
letras,
web,
Xosé Neira Vilas
18/05/2012
Lectura do manifesto de 'Vitaminas para o galego'
Os alumnos de 1ºB, ás 12:00 do 16 de maio fixeron a lectura do manifesto 'Vitaminas para o galego' para colaborar nunha campaña de promoción dos medios de comunicación na lingua de noso.
Crónica do Correlingua de Silleda na TVG
Esta foi a crónica emitida pola TVG o pasado 14/05/2012 no informativo Galicia Noticias do mediodia dando conta do desenvolvemento do Correlingua en Silleda. Aparece algún alumno do Colmeiro.
Na versión dixital do xornal La Voz de Galicia tamén aparece este vídeo.
No Faro de Vigo podemos ler esta crónica: "Mil deportistas máis para o galego"
17/05/2012
As fotos do Correlingua de Silleda
O pasado luns 14 de maio participamos no primeiro Correlingua celebrado en Silleda. Normalmente esta actividade viña desenvolvéndose na Estrada (ver), porén este ano este concello retirou o seu apoio (ver) nunha inexplicable decisión chea de sectarismo.
Pero, tal e como podemos ler na crónica local do Faro de Vigo, se o domingo Avelino Pousa Antelo, o insigne galeguista, celebraba o seu 98 aniversario, ao día seguinte 1.000 rapaces seguían a súa estela e polas rúas de Silleda reafrimaban o seu orgullo e defensa do galego. Basta ver as fotos:

Assinar:
Postagens (Atom)