31 de xan. de 2015

O galego dá vida, pola vida do galego

Se a principios de curso debullabamos os datos do IGE que certificaban a redución de uso do galego, especialmente entre a xente mais nova, é agora a Real Academia Galega quen se posiciona ao respecto facendo esta declaración (web, pdf):
Grazas aos esforzos de innúmeras persoas e colectivos e contra os desatinos da historia, o galego conseguiu manterse e soerguerse, superando séculos de marxinación e décadas de persecución. Nunca agradeceremos dabondo a xenerosidade, a afouteza e a visión de futuro de moitos galegos e galegas que foron quen de rescatar o noso idioma da prostración e de facelo pular nos distintos ámbitos, da creación literaria aos medios de comunicación, o ensino ou os diversos ámbitos profesionais. Eses esforzos son a mellor mostra da adhesión do pobo galego cara ao idioma de seu. Estamos certos de que a inmensa maioría das xentes do país –independentemente da súa ideoloxía ou mesmo do idioma que falan– valoran a lingua, téñenlle lei e desexan que siga vivindo. Nesa certeza descansa a nosa confianza no seu futuro.

30 de xan. de 2015

Ledicia Costas vista por dúas alumnas de 4º

O alumnado de 4º da ESO do IES Pintor Colmeiro, que estivo lendo o libro "O corazón de Xúpiter", mantivo un encontro coa escritora Ledicia Costas. Presentación da escritora exposta polas alumnas de 4º B Mariña Castro e Verónica Granja.

29 de xan. de 2015

Presentación de Ledicia Costas





Outra vez recibimos no centro a visita da escritora Ledicia Costas.
Os alumnos de 2º da ESO mantiveron un encontro moi animado coa escritora, da que leron o seu libro Unha estrela no vento.
Soraya Fraga Pampín e Alba Lugo Rey (2º ESO B) son as autoras desta presentación.

28 de xan. de 2015

Noveno 9

Chegounos a noticia da edición dixital dunha revista de  banda deseñada dos alumnos do laboratorio de O garaxe hermético, da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración de Galicia dirixida por Kiko da Silva.
Podedes descargar aquí o número