25 de mar. de 2013

A pegada de Fran Alonso en Silleda



A visita de Fran Alonso a Silleda deixou unha fonda pegada.
Como testemuña disto está esta entrevista que lle fixeron no Faro de Vigo, ou este outro artigo no que se conta que Fran Alonso, ademais de ser a estrela central do Día da Poesía no IES Pintor Colmeiro, foino tamén na biblioteca da vila onde mantivo un encontro cos membros do Clube de Lectura.
Pero Fran Alonso non foi o único protagonista da xornada. Os alumnos de 4º B e 1ºBH musicaron algúns poemas de Poetízate para recbir ao escritor. Fixeron un traballos que de seguro recordarán sempre e que de certo os aproximou ao seu amor pola lingua desde a poesía.

24 de mar. de 2013

Excursión a Lugo

Estes últimos días antes da Semana Santa o ENDL foi un fervedoiro de actividades. Vai unha máis.
O xoves 21/03/2013 o alumnado de 2º da ESO fixo unha excursión a Lugo.













Alí visitamos o Museo e realizamos unha actividade relacionada cun libro: "Contos no museo", que os alumnos leran previamente.














Despois fixemos un percorrido pola muralla.












A comida cadrounos coa visita guiada ao Castro de Viladonga, onde nos proxectaron un vídeo e puidemos facer unha visita ao museo que alí teñen.












23 de mar. de 2013

Fran Alonso interpretou poesías para nós

Fran Alonso, o autor de Poetízate, visitou no Día da Poesía o noso instituo. Foi recibido cunha impresionante exposición no hall do centro da que xa informamos en entradas anteriores.
Varios alumnos de 4º B interpretaron un rap dunha poesía de Pondal.... Hai que ter valor!
César, o artista que nos chegou do Paraguai, tamén tivo o seu lugar cunha nova interpretación.
Finalmente Fran Alonso fíxonos unha interpretación de moitas poesías nun espectáculo case teatral. Achegounos a maxia da lingua en versos.

22 de mar. de 2013

Día da poesía. Poesía é liberdade

 Seguro que coñecedes estas imaxes. A primeira de las é a dun cartel que colocamos na entrada dunha das escaleiras do instituto. A segunda aquí vese pequena, pero é unha pancarta que podemos ver estes días colgada no exterior do edificio.
Estas dúas adquisicións foron posibles grazas á colaboración da concellaría de Cultura do Concello de Silleda.

21 de mar. de 2013

Día da poesía. Collages

Velaquí unha colección de fotos do noso centro decorado para celebrar o día da poesía.
Ben veredes que si, que o celebramos. Gozando da poesía galega, unha das mellores do mundo.




Día da poesía.2

 Andeis cargados de poesía
 Xabier Queipo, Marta Dacosta, Xabier Paz, Marica Campo, Martín Veiga...
 María Reimóndez, Olalla Mariña, Antón Lopo,....

Cesáreo Sánchez Iglesia, Ana Romaní, Helena Villar Janeiro, Rosalía de Castro,...





tes ben onde escoller



Día da poesía.1





Celebramos o día da poesía











Na entrada do instituto temos unha boa colección de libros de poesía








poesía galega

15 de mar. de 2013

Gústame o galego no Colmeiro





O vindeiro venres 22 grazas á colaboración da Concellaría de Cultura e Turismo poderemos participar desta actividade no noso centro. Basta con que escollas algún dos lemas e o grupo de "Gústame o galego" sacarache unha foto con el.
Aproximadamente cada clase tardará 10 minutos en sacar as fotos no photocall que se instalará na entrada do instituto.O horario previsto para participar na actividade é o seguinte:
 1ª hora (9-9:40) 1ºA+ agrupamento de 1º +4ºA +3ºB +CMC  
2ª hora: (9:40-10:30) 1ºB +2ºbach A +2ºbach B + 4ºB+ CSC  
Recreo: traballadores do centro
3ª hora (10:50-11:40) 3ºA +2ºA + 2ºB
4ª hora (11:40-12:00) 1ºbch A + 1º bach B+ CMAF Para máis información pódense consultar os perfís de twitter e facebook de "Gústame o galego"

5 de mar. de 2013

No Parlamento Xove e na TVG

Paula Gamallo e Ánxela Llinares, dúas alumnas de 1º de bacharelato son as protagonistas desta noticia da TVG pois chegaron co seu grupo ás semifinais do Parlamento Xove.

1 de mar. de 2013

Fotos do Día de Rosalía 2013. 2











César preparando a súa intervención. Cantou Quíxente tanto meniña









Alumnos en pleno recitado dos poemas de Rosalía






Está claro que recitamos "Eu ben vin estar ao moucho"






Presentando as intervencións