Amosando publicacións coa etiqueta bioloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bioloxía. Amosar todas as publicacións

11 de nov. de 2013

Obradoiro de bioloxía: a lingua das bolboretas

O xoves 07/11/2013 celebramos unha xornada de reivindicación do uso do galego para impartir as materias científicas con varios obradoiros na entrada do insituto.
Un deles consistía nun par de observacións ao microscopio.


Observación de schistosomas en cópula
Schistosoma mansoni é unha especie de tramatodos, vermes aplanados parasitarios dos humanos que produce a enfermidade chamada esquistomatosomiase. Distínguese doutros trematodos por ter os sexos separados (a marioría dos tramatodos son hermafroditas).
O ciclo de vida inclúe dous hospedadores: o home (hospedador definitivo) e un molusco (hospedador intermediario.


Observación do aparello bucal dunha bolboreta.
As bolboretas adultas carecen de mandíbulas, excepto nalgunhas familias raras. Teñen unha longa trompa que se enrosca como unha mangueira: a espiritrompa.
A espiritrompa dos lepidópteros está formada a partires das maxilas. Os palpos labiais adoitas estar moi desenvolvidos e os palpos maxilares reducidos.

Ante esta experiencia, non poidemos resistir lembrar o relato de  Manuel Rivas titulado A lingua das bolboretas, do seu libro Que me queres amor?. Non o podedes distinguir nesta foto, pero nos folios que aparecen á beira do microscopio, podíase consultar ese relato.

18 de nov. de 2011

Videoconferencia do Día da Ciencia en Galego no noso centro

O pasado dia 4 de novembro foi o Día da Ciencia en Galego. Reivindicábase o dereito a gozarmos da ciencia na nosa lingua.
O acto central do día foi a videoconferencia coa que o profesor Ángel Carracedo nos mantivo frente á lousa dixital. Velaquí un par de fotos da xornada, nas que os alumnos de 1º de bacharelato fican atentos ao que foi unha excelente lección do director do Instituto de Medicina Legal.
Esta videoconferencia foi seguida en toda Galicia por 6000 estudantes, que se conectaron desde 100 centros de secundaria. Ángel Carracedo falounos desde Natal, en Brasil. Foi presentado polo profesor Román Landín, desde o CPI de Soutomaior.

A actividade foi organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, quen tamén foi a responsable doutra videoconferencia impartida ese mesmo día e dirixida ao alumnado de primaria. Neste caso participaron 65 centros cun total de 4300 alumnos.
A suma é ben fácil de facer: o resultado desta actividade mobilizou a máis de 10000 estudantes na mañán do venres 4. Os medios de comunicación ocultaron o evento.