26 de feb. de 2016

As ondas gravitacionais, de primeira man


Dúas alumnas do Taller de Normalización que están cursando 3º da ESO, Alba e Soraya, fixéronlle esta entrevista a dous ex do noso centro: Suso Casal, ex-profesor de física, xa xubilado, que acompañou a Juan Calderón Bustillo, ex-alumno, que actualmente participa no proxecto LIGO, o que descubreu as ondas gravitacionais. Se queredes saber do tema, de primeira man, esta é unha ocasión excelente.

24 de feb. de 2016

#IESColmeiro240216 #mobilizaRosalía

Un ano máis a Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG, convocou aos centros de ensino a sumarse á celebración do Día de Rosalía.
Nesta edición a AELG propuxo un chío masivo dos versos do V poema de Cantares Gallegos:
 Trocando en sonrisas
queixiñas e choros
Nós quixemos ir moito máis alá. Velaquí estabamos, pegándolle ao Twitter, coa encomenda de escribir o poema IV de Cantares Gallegos no timeline co hastag #IESColmeiro240216... e case nos saeu perfecto.
Iso que tivemos problemas de última hora coa conexión, que comenzou a ir moi lenta, e sobre todo coas redes Wifi do centro, que non lle permitiron cargar os chíos a aqueles que estaban sen datos no móbil (que non eran poucos).
Pero finalmente conseguímolo. Nas seguintes imaxes podes ver o resultado final

 e continúa:
non se acabou:

e aínda queda un:
 


11 de feb. de 2016

Xenerais de Lamela no entroido do Colmeiro

No festival de entroido celebrado o pasado venres 5/02/16 tivemos a visita dos Xenerais de Lamela, que nos mostraron en que consistían as vestimentas e a tradición destas festas nas terras da Ulla