16 de mar. de 2016

A revista dixital As Ferreiras


Velaquí a revista dixital do Taller de Normalización, cun deseño ben bonito.
O alumnado de 3º fíxolle unha entrevista a Caxade que ben quixeran para si os medios de comunicación profesionais.

15 de mar. de 2016

Rutas do Ciclo de Actividades no Medio Natural

O Ciclo Medio de Actividades Físicas no Medio Natural está publicando nunha aplicación de rutas, algunhas que elaborou polo concello de Silleda. Compartímolas por que queredes percorrer algunha delas.


Powered by Wikiloc

A ruta dos Tesouros do Deza desenvólvese polo concello de Lalín.Iniciarase dende o teleclub de Donsión a través do camiño da prata onde a poucos metros atoparemos a súa Igrexia Barroca.Deseguido pasarase pola parroquia de Bendoiro mediante a Devesa,deixando atrás algúns regatos.Continuará ata Prado por sendeiros onde atoparemos Pazos e Igrexias.Proseguira atravesando a Devesa de Liñares ata chegar a Ponte Taboada Vella e seguirá cara a Borralla pasando o resto de pontes.Continuará ata Santa Lucía onde veremos o Muiño de Cuiña.Finalmente,seguirá hacia o Monte Anselo para chegar a Igrexia de Noceda onde rematará a ruta.



Powered by Wikiloc



A ruta “As minas de Fontao” desenvolvese no entorno do concello de Vila de Cruces. Saldremos dende A Carixa onde veremos O Arco, subiremos ata o monte de Carboeiro onde poderemos ver o Mosteiro de Carboeiro e o seu entorno. Logo pasaremos pola Brea e subiremos ata a igrexa, dende ahí poderemos ver o poboado Mineiro de Fontao,unha vez alí visitaremos o museo da minería de Fontao. Continuaremos a ruta outra vez pasando pola Brea, esta vez por outra senda, baixaremos ata a Ponte dos Cabalos onde tomaremos unha senda de pescadores polo río Orza, que nos levará a Carixa.


Powered by Wikiloc

A ruta circular Mosterio de Carboeiro –Cataratas do Toxa é unha ruta que esta dentro do marco da comarca do Deza, concretamente no Concello de Silleda. A ruta comeza cunha visita guiada ao Monasterio de Carboeiro. Continuaremos a ruta pasando A Ponte do Demo, cruzando o río Deza. Pasaremos pola zona recreativa da Carixa. Antes de chegar as fervenzas pasaremos a carón da Capela de San Paio. Xa nas fervenzas atopamos a cascada de auga considerada a máis alta de Galicia en caída libre. Baixaremos por unha pista de zaorra e camiños ata chegar a Ponte Sulago. Subiremos 500m pola estrada para coller un camiño que nos leve ata a capela de San Paio. Continuaremos polo camiño de ida ata a Carixa.


11 de mar. de 2016

Carta á RAG na defensa dos dereitos dos fillos

Acaba de divulgarse no portal de ProLingua un modelo de carta para que os pais cuxos fillos se viron ou ven sometidos ás funestas consecuencias do decreto 79/2010, autotitulado decreto do plurilingüismo, inste á Real Academia Galega (RAG) a interpoñer un recurso ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo.
A RAG non pode acudir como institución ao Tribunal de Estrasburgo, só pode facelo en representación das vítimas da conculcación dos seus dereitos por verse sometidas a un decreto que conculca os seus dereitos como galego-falantes.
Os pais, nais ou titores poden descargar ou copiar este modelo de carta e enviarlla á RAG para que, como institución que ten atribuída estatutariamente a función de defensa e promoción da nosa lingua común, faga efectivas esta funcións.

10 de mar. de 2016

Rutas por Silleda

O Ciclo Medio de Actividades Físicas e Deportivas no Medio Natural está expoñendo estes días no hall da entrada unha serie de rutas que elaboraron. Son paseos polo concello de Silleda, algún deles para verdadeiros aventureiros (botádelle un ollo ás tirolinas)




2 de mar. de 2016

Nós, con Rosalía

Esta imaxe de Rosalía de Castro que nos remitiron o Concello de Silleda e a Deputación de Pontevedra, acompáñanos na entrada e nos corredores do centro xunto a unha exposición de traballos realizados polo alumnado co fin de achegármonos e aprendermos a importancia da obra da escritora de Padrón.