26 de abr. de 2013

Viaxe a Allariz co Correlingua.Primeiro dia.




 A emoción flúe polo noso sangue, antes de marchar tivemos 2 horas de “clase” nas que nos plantexamos as actividades que íbamos facer pola vila de Allariz.
10:30: Ala imos! A adrenalina flúe polas nosas frontes en forma de suor. Xa esta aquí o autobús, enganchamos os adaptadores e os cascos o MP5 e ¡Comezou a festa!
11:45: Chegamos a Sta. Mariña de Augas Santas e como se fora a feira de Silleda o primeiro que fixemos foi examinar o percal monfortino, así de primeiras non decepcionaba.
Trasladamos as equipaxes ao autobús monfortino e comezamos a visita a igrexa da aldea na cal fixemos unha visita. (ver foto superior) Déusenos por subir ao coro e MrFariña alí tivo un fallo técnico, cando estabamos baixando na escaleiras había un cartel cun aviso moi importante, ¡CUIDADO CON LA ALTURA! E o que aquí MrFariña non lle fixo moito caso e bateu ben forte no marco da porta. Xa abaixo a sancristá contounos a lenda da santa e vimos 2 das 3 fontes da Santa na que nunha delas MrFariña tivo outro traspés,  mellor dito  meteu o pe nunha fochanca. Despois de botar unhas cantas gargalladas e despistarnos un pouco fomos por unha corredoira un tanto húmida e mollada. Logo tivemos unha tráxica despedida, tiñamos que despedirnos de Pastrán e Troski, dous cans cos que amigáramos en Santa Mariña,  e aos que Varela non lle tiña moito aprecio.
13:00:Subimos ao autobús monfortino e os monfortinos empezaron a flipar cos nosos adaptadores para eles inventos do futuro.
13:30:Chegamos ao Rexo. ¡Hora de xantar!, como non buscamos o sitio mais rebuscado, escondido e fora do rango de vision dos demais … e decir un sitio idoneo, logo sacamos os nosos viverese empezamos a comer como se non houberas comido en lustros. Logo de comer acercamonos a civilización, onde pasamos o rato ata chegar a hora da visita.
15:00: Visitamos o ecoespazo do Rexo. Despois dunha charla, fomos a fabrica de queixos e logo a granxa a visitar as ovellas.
 18:00: Chegamos aos Salesianos, deixamos as equipaxes e fomos a dar unha volta pola vila onde nun bazar oriental compramos a piggy e a spider (altofalantes con forma de porco) e logo adicamonos ir de terrazeo e botar unhas briscas.
21:00: Cea. 21:45: Botamos uns tiros a canasta e tiñamos intención de botar un partido 4x4 que acabou sendo un 4 lesionados.
22:00: Fomos a ver a película “A lingua das bolboretas”
24:00: A noite e xoven, 4ºA poucos pero valentes.
01:00 – x:00: Censurado, O que pasou en Allariz quedou en Allariz.

 Feito por: Isidro, Diego, Carlos, David, Samuel, Roman e Alberto(de 4º A)

25 de abr. de 2013

'Creación': musicando a Fran Alonso



 Para recibir a Fran Alonso o Día da Poesía pedímoslle novamente ao noso alumno César Castillo que musicase un seu poema. Aquí podemos observar o resultado e o poema base. Creación (Transición, 2011) A cadeira arrimada. Crisálida. O corpo tenso. Posición branca: á espera, sen versos. Nin larva. Que non se meta non fose non rompe. Que non se sabe non senta non é. Que non hai abrocho espera imposible. Que o poema non existe de seu é tema flema teorema. Non é larva. Non corpo: nin hai nin ten palabras existen de seu.

24 de abr. de 2013

22 de abr. de 2013

Entrevista a Carlos Negro

Xa comentaramos no seu día que Carlos Negro pasou unha xornada connosco e inaugurou unha iniciativa na que comenzamos a nomear as aulas do centro con personaxes importantes da cultura galega. O alumnado de 3º ESO-A, a aula que leva o seu nome fíxolle unha entrevista

21 de abr. de 2013

Participación no Premio Leixaprén 2013

O Premio Leixaprén concedido pola coordinadora Galega de ENDL, é un galardón de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega; foi creado no ano 1999 a iniciativa do IES Poeta Añón de Outes e asumido pola Coordinadora Leixaprén de Equipos de Normalización Lingüística. A partir do curso 2011-2012, o premio pasa a ser organizado pola CGENDL, como unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de Ensino de Galicia, coa intención de lle dar continuidade ao obxectivo central co que naceu.
A Coordinadora solicita a participación dos ENDL para determinar a quen se lle concederá o premio cada ano. Como este ano o ámbito escollido para o premio Leixaprén é o do deporte, desde o Equipo de Normalización pedímos a colaboración do Ciclo de Actividades Físicas no Media Natural para que nos axudaran a escoller entre estes 4 deportistas:

Gustavo César Veloso (Vilagarcía de Arousa) Ciclista profesional. Comezou a súa carreira con innumerables vitorias como corredor afeccionado. Na súa etapa profesional, iniciado en 2001 pasou por diferentes equipos do Estado Español e Portugal, até que en 2007 ingresou no único equipo galego deste rango, o Karpin Galicia, despois Xacobeo Galicia. Nesta xeira, obtivo os seus mellores trunfos, vencendo na Volta a Catalunya 2008 e acadando a novena etapa da Volta a España 2009. Hoxe en día forma parte do equipo profesional Andalucía. Gustavo utiliza habitualmente a lingua galega, tanto nas súas manifestacións públicas e en medios de comunicación, como nas numerosas charlas e coloquios aos que é convidado, especialmente nos centros de ensino galegos ou asociacións e centros culturais.

 Javier Gómez Noya (Basilea, Suíza) Fillo de emigrantes galegos, criouse na cidade de Ferrol, onde reside, e adestra en Pontevedra, onde está o Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Triatleta de enorme prestixio mundial, é un dos maiores referentes do deporte galego na actualidade. Participou nos Xogos Olímpicos de Pekín e de Londres, en 2012, onde acadou a medalla de prata. Foi campión do Mundo en tres ocasións, as mesmas que foi tamén campión europeo. Pertence ao Club de Triatlón Cidade de Lugo Fluvial. Gómez Noya utiliza o galego habitualmente en medios de comunicación, charlas e manifestacións públicas, e ten defendido publicamente o valor e importancia do uso da nosa lingua.

 Pilar Neira Martínez (Londres, Inglaterra) Criouse na cidade da Coruña. Foi xogadora de balonmán e de fútbol. Comezou como futbolista en 1976 no histórico Karbo CF da Coruña, co que acadou tres campionatos de España. Tamén xogou no Marabillas e no Brigantium. A súa carreira como adestradora de fútbol desenvolveuna nos clubes Orzán e Imperator, e actualmente dirixe o clube Victoria. Foi designada adestradora de da selección galega de fútbol feminino, disputando dende aquela varios encontros internacionais. Firme defensora do deporte feminino, e presidenta e fundadora da Asociación de Mulleres Deportistas de Galicia. Criada nun ambiente social e familiar no que o galego estaba ausente, desenvolve actualmente toda a súa vida persoal e pública no noso idioma, sendo unha firme defensora do seu uso en todos os ámbitos.
 Vero Boquete (Santiago de Compostela) Considerada unha das mellores futbolistas do mundo na actualidade, comezou a súa traxectoria deportiva no Xuventú de Aguiño en 2001. Xogou posteriormente no Prainsa Zaragoza e no RCD Espanyol de Barcelona, onde comezou a acadar sona como dianteira. A partir de 2010 comeza o seu periplo mundial en clubes estadounidenses e rusos, e hoxe milita no equipo sueco, participante na Champions, Tyresö FF. Acadou diversos títulos estatais e internacionais e forma parte da selección española de fútbol. Tamén, desde 2007 é a abandeirada da selección galega de fútbol, sendo unha firme defesnsora da súa existencia. Verónica utiliza a lingua galega en manifestacións públicas, medios de comunicación, ou charlas divulgativas, en diferentes entidades do país.

19 de abr. de 2013

Con 'Gartxot' en Anirmau


Gartxot trailerra from Somuga on Vimeo.
O venres 12 de abril o alumnado de 3º ESO asistiu á proxección do filme vasco 'Gartxot', subtitulado na nosa lingua, de Asisko Urmeneta sobre a defensa da identidade e a resistencia lingüística. Gatxot, un heroe medieval vasco, deseñsado por Benito Lertxundi nun dos seus temas máis populares, pasou ás cores e sons dos deseños animados nesta longametraxe ben interesante que se encadraba dentro do festival de cine Anirmau

11 de abr. de 2013

O "noso" manifesto Correlingua nos medios

Así o contan no Faro de Vigo:

Fran Alonso debullando a alma da poesía



Este ano o Día da Poesía foi moi especial no IES Pintor Colmeiro pois tivemos a sorte de que Fran Alonso nos transmitira de forma moi especial, só como el o sabe facer, en que consiste. Aínda que o vídeo se vexa atravesado, paga a pena velo para aprendermos a valorar o enorme patrimonio poético que temos en Galicia.

9 de abr. de 2013

Texto finalista do concurso do Manifesto Correlingua 2013

 Velaquí están os tres autores do manifesto que case é o gañador da edición deste ano do Correlingua. Foron Denise Varela, Carlos Mato e Sonia Troitiño, de 4ºA.
Por chegaren á final eles xunto cos seus compañeiros irán de excursión a Allariz os vindeiros días 16 e 17 de abril.


Éste foi o texto que presentaron baixo o seudónimo Esmorga:

Galego,a chave do mundo. Que pasa contigo? Xa non te acordas de min? A lingua dos teus avós, a lingua da túa terra, a lingua que medrou contigo, a lingua que te viu nacer. Que pasa, que xa non che sirvo? Por que non me falas? Avergóñaste de min? Eu, que che din as túas primeiras verbas. Eu, lingua de persoas memorables desta nosa terra como Rosalía, Castelao.... A lingua que dende un recuncho de Europa chegou ata Arxentina, a lingua pola que milleiros de persoas se sacrificaron, que suaron e sangraron por ela. Eu son Galicia, e todos os que viven aquí son galegos, pero ao meu pesar non todos os galegos me falan. E tí que non me valoras, quen es ti para xulgarme? Quen es ti para prohibirlle á xente que me fale? Non me poderás parar, mentres haxa unha soa persoa no mundo que me fale ou sinta morriña por min, eu seguirei viva. Porque eu son a única lingua que namora con só falala, son a lingua deses avós que coñecen o tempo mellor ca calquera profesional , son a lingua do Albariño, a lingua dos labregos, a lingua das queimadas e a meigas, a lingua de lendas sobre mouros que te engaiolan ,a lingua da terra verde, a lingua dos mariñeiros e peregrinos, a lingua das mariscadoras e das rías tamén... Tí es o único que pode elixir o meu destino. Tiven épocas boas , e épocas malas.Tiven épocas de máximo esplendor e épocas escuras. Tiven tempos difíciles. Tempos prohibidos de falarme. Tempos prohibidos de escribirme. Tempos encerrados. Tempos nos que case me perdes. Non me deixes, non deixes que volva ocorrer o mesmo comigo . Eu manifesto aquí o meu desexo de que me falen. De ir por Galiza adiante e escoitar a toda a xente falándome. Cando chegue ese día, serei como un paxaro liberado dunha gaiola. Espero que ti, querido falante me axudes a conseguilo , me axudes a volver a soñar , a sentirme querida, con forzas, con gañas de comer o mundo, porque soamente a fin do mundo se a topa en Galiza .Soamente ti o podes conseguir, só ti podes facer este soño realidade, sacar desta terra toda a maxia que leva dentro soamente dicindo orgulloso: EU FALO GALEGO! Ese día eu, o galego, serei a chave do mundo. Para aquelas persoíñas que algún día me abandoaron pero sempre me levarán dentro.

8 de abr. de 2013

A visita de Carlos Negro

O pasado xoves 4/04/2013 o escritor Carlos Negro compartiu dúas sesións connosco para falarnos de literatura e do seu libro Makinaira. Ademais puxémoslle á aula de 3ºA o nome de Carlos Negro, a primeira dentro dunha iniciativa que o Equipo de Normalización quer continuar, homenaxeando nas aulas do centro a escritores galegos vivos. Na inauguración da placa Carlos Negro agradeceu a iniciativa e fixo un chamamento a que se a sociedade valore e coñeza e se sinta orgullosa da literatura galega. Gustoulle moito que a homenaxe se lle fixera en vida, e puxo este inicitiva como exemplo para outras insitutucións.


7 de abr. de 2013

En Silleda gústanos o galego.12

E con esta última tanda rematamos coa recollida de fotos da campaña 'Gústame o galego', que se puido levar a cabo grazas á colaboración da Concellaría de Cultura e Educación do Concello de Silleda. Grazas a todos por participar.

A Sofía, Patricia, María, Eva e Ana gústalles que as lembres en galego. Temén que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti.










A Nuria, Adrián, Sandra e Gracia gústalles que as lembres en galego e que lles digas "qrt m8" tamén.











A Helena e a María Eugenia gústalles que o galego as acompañe eternamente.











A A David e Patricia gústalles que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti. A Alba e Lucía que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño.
 








 
A David e Patricia gústalles que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti.

 
A Jonathan e a Alba gústalles que lles digan e dicirse "qrt m8" ;-)

6 de abr. de 2013

En Silleda gústanos o galego.11

A Jesús, Jordi e Raquel gústalles que os lembres en galego!












A Ana, Sonia e Martina préstalles, tíralles, chámalles, agrádalles, chístalles o galego!
.












A Lucrecia e Angela gústalles que lles digan: "qrt m8!"















A Sofía, Patricia e Ana gústalles que as lembres en galego.











A Eloi, Manuel, Alberto, César e Juan Miguel gústalles como empezan a falar galego os pequerrechos e que o leite poña que é galego 100% 






 
A Tamara, Ana, Rebeca, Lucía, Valeria, Aitana, Lucía, Fátima e Sandra gústalles o galego!


En Silleda gústanos o galego.10

A Jorge e a Sergio gústalles moito que lles entren en galego!










A Jordi, Mario, Andrés, Iván e Patricia gústalles o galego ata no carné de identidade e que se faga xustiza con el tamén.










A Gracia, Paula, Flor e Antía gústalles que lles digan "qrt m8" ;-)
 











A Bernardo, David, Jose, Yoli, Victoria, Flor, Jon e Rubén gústalles o seseo, a gheada e o rotacismos.
 










 
A Bernardo, David, Jose, Yoli, Victoria, Flor, Jon e Rubén gústalles o seseo, a gheada e o rotacismos.
 











A Sonia, Daniel, Mateo, Sara, José e Laura (un deles ausente) gústalles ler, ver e escoitar en galego o que pasa no mundo.
 

Aos profesores de Silleda tamén lles gusta o galego

A Alex gústalle que as mates, a ciencia, a tecnoloxía... sexan en galego!












A Xosé gústalle que as mates, a ciencia, a tecnoloxía... sexan en galego! 













Aos profes de ciencias, como non podía ser menos, gústalles que as materias de ciencias sexan en galego!













A Gracia, matias e Cibrán gústalles que a médica e o enfermeiro os curen en galego











A Noela tamén lle gusta que as mates a ciencia e a tecnoloxía sexan en galego!












A Mónica gústalle como empezan a falar galego os pequerrechos.












A Marisa e a Rosa gústalles que lles digan "qrt m8" e, en xeral, préstalles, tíralles, chámalles, agrádalles, chístalles... o galego! ;-)


















Aos profes do IES Pintor Colmeiro gústalles que non lles traduzan o café con leite e que che guste a súa lingua. 







5 de abr. de 2013

En Silleda gústanos o galego.9


A Antía, Lara, Anxela, Paula e Eva gústalles que o leite poña que é galego 100% e que o galego as acompañe eternamente.
 









Esperanza, Ana, Lara e Sofía gustan do galego con acento africano e de que se faga xustiza coa súa lingua!
 









En Silleda gústanos o galego.8

A Daniel e Helena gústalles o galego ata no carné de identidade! :-)












A Diego, Laura e Fátima gústales que no deporte o galego non quede fóra de xogo.
— con Diego Rojo.



En Silleda gústanos o galego.7


A Luísa e Adrián gústalles que as mates, a ciencia, a tecnoloxía... sexan en galego










 A David e Patricia gústalles que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti. A Alba e Lucía que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño.








A David e Patricia gústalles que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti.





4 de abr. de 2013

En Silleda gústanos o galego.6


A Alberto, Román, Samuel e Diego gústalles que as mates, a ciencia, a tecnoloxía... sexan en galego










 
A María, Irene, Leticia e Rocío gústalles soñar en galego e tamén lles presta, tira, chama, agrada, chista... o galego
 










A Denise, Ana e Sonia gústalles que non lles traduzan o café con leite.
 

En Silleda gústanos o galego.5


A Rita, Raquel, Rebeca e Nerea gústalles que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti, tamén que intentes falar galego aínda que che custe un pouquiño.









A Sandra e Luís gústalles que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti.
 










A Tamara, Adrián, Lucía, Sandra, María Luísa, Eva, Fátima e Belén gústalles o seseo, a gheadae o rotacismo!