9 de abr de 2013

Texto finalista do concurso do Manifesto Correlingua 2013

 Velaquí están os tres autores do manifesto que case é o gañador da edición deste ano do Correlingua. Foron Denise Varela, Carlos Mato e Sonia Troitiño, de 4ºA.
Por chegaren á final eles xunto cos seus compañeiros irán de excursión a Allariz os vindeiros días 16 e 17 de abril.


Éste foi o texto que presentaron baixo o seudónimo Esmorga:

Galego,a chave do mundo. Que pasa contigo? Xa non te acordas de min? A lingua dos teus avós, a lingua da túa terra, a lingua que medrou contigo, a lingua que te viu nacer. Que pasa, que xa non che sirvo? Por que non me falas? Avergóñaste de min? Eu, que che din as túas primeiras verbas. Eu, lingua de persoas memorables desta nosa terra como Rosalía, Castelao.... A lingua que dende un recuncho de Europa chegou ata Arxentina, a lingua pola que milleiros de persoas se sacrificaron, que suaron e sangraron por ela. Eu son Galicia, e todos os que viven aquí son galegos, pero ao meu pesar non todos os galegos me falan. E tí que non me valoras, quen es ti para xulgarme? Quen es ti para prohibirlle á xente que me fale? Non me poderás parar, mentres haxa unha soa persoa no mundo que me fale ou sinta morriña por min, eu seguirei viva. Porque eu son a única lingua que namora con só falala, son a lingua deses avós que coñecen o tempo mellor ca calquera profesional , son a lingua do Albariño, a lingua dos labregos, a lingua das queimadas e a meigas, a lingua de lendas sobre mouros que te engaiolan ,a lingua da terra verde, a lingua dos mariñeiros e peregrinos, a lingua das mariscadoras e das rías tamén... Tí es o único que pode elixir o meu destino. Tiven épocas boas , e épocas malas.Tiven épocas de máximo esplendor e épocas escuras. Tiven tempos difíciles. Tempos prohibidos de falarme. Tempos prohibidos de escribirme. Tempos encerrados. Tempos nos que case me perdes. Non me deixes, non deixes que volva ocorrer o mesmo comigo . Eu manifesto aquí o meu desexo de que me falen. De ir por Galiza adiante e escoitar a toda a xente falándome. Cando chegue ese día, serei como un paxaro liberado dunha gaiola. Espero que ti, querido falante me axudes a conseguilo , me axudes a volver a soñar , a sentirme querida, con forzas, con gañas de comer o mundo, porque soamente a fin do mundo se a topa en Galiza .Soamente ti o podes conseguir, só ti podes facer este soño realidade, sacar desta terra toda a maxia que leva dentro soamente dicindo orgulloso: EU FALO GALEGO! Ese día eu, o galego, serei a chave do mundo. Para aquelas persoíñas que algún día me abandoaron pero sempre me levarán dentro.

Nenhum comentário:

Postar um comentário