8 de abr de 2013

A visita de Carlos Negro

O pasado xoves 4/04/2013 o escritor Carlos Negro compartiu dúas sesións connosco para falarnos de literatura e do seu libro Makinaira. Ademais puxémoslle á aula de 3ºA o nome de Carlos Negro, a primeira dentro dunha iniciativa que o Equipo de Normalización quer continuar, homenaxeando nas aulas do centro a escritores galegos vivos. Na inauguración da placa Carlos Negro agradeceu a iniciativa e fixo un chamamento a que se a sociedade valore e coñeza e se sinta orgullosa da literatura galega. Gustoulle moito que a homenaxe se lle fixera en vida, e puxo este inicitiva como exemplo para outras insitutucións.


Nenhum comentário:

Postar um comentário