26 de abr. de 2013

Viaxe a Allariz co Correlingua.Primeiro dia.




 A emoción flúe polo noso sangue, antes de marchar tivemos 2 horas de “clase” nas que nos plantexamos as actividades que íbamos facer pola vila de Allariz.
10:30: Ala imos! A adrenalina flúe polas nosas frontes en forma de suor. Xa esta aquí o autobús, enganchamos os adaptadores e os cascos o MP5 e ¡Comezou a festa!
11:45: Chegamos a Sta. Mariña de Augas Santas e como se fora a feira de Silleda o primeiro que fixemos foi examinar o percal monfortino, así de primeiras non decepcionaba.
Trasladamos as equipaxes ao autobús monfortino e comezamos a visita a igrexa da aldea na cal fixemos unha visita. (ver foto superior) Déusenos por subir ao coro e MrFariña alí tivo un fallo técnico, cando estabamos baixando na escaleiras había un cartel cun aviso moi importante, ¡CUIDADO CON LA ALTURA! E o que aquí MrFariña non lle fixo moito caso e bateu ben forte no marco da porta. Xa abaixo a sancristá contounos a lenda da santa e vimos 2 das 3 fontes da Santa na que nunha delas MrFariña tivo outro traspés,  mellor dito  meteu o pe nunha fochanca. Despois de botar unhas cantas gargalladas e despistarnos un pouco fomos por unha corredoira un tanto húmida e mollada. Logo tivemos unha tráxica despedida, tiñamos que despedirnos de Pastrán e Troski, dous cans cos que amigáramos en Santa Mariña,  e aos que Varela non lle tiña moito aprecio.
13:00:Subimos ao autobús monfortino e os monfortinos empezaron a flipar cos nosos adaptadores para eles inventos do futuro.
13:30:Chegamos ao Rexo. ¡Hora de xantar!, como non buscamos o sitio mais rebuscado, escondido e fora do rango de vision dos demais … e decir un sitio idoneo, logo sacamos os nosos viverese empezamos a comer como se non houberas comido en lustros. Logo de comer acercamonos a civilización, onde pasamos o rato ata chegar a hora da visita.
15:00: Visitamos o ecoespazo do Rexo. Despois dunha charla, fomos a fabrica de queixos e logo a granxa a visitar as ovellas.
 18:00: Chegamos aos Salesianos, deixamos as equipaxes e fomos a dar unha volta pola vila onde nun bazar oriental compramos a piggy e a spider (altofalantes con forma de porco) e logo adicamonos ir de terrazeo e botar unhas briscas.
21:00: Cea. 21:45: Botamos uns tiros a canasta e tiñamos intención de botar un partido 4x4 que acabou sendo un 4 lesionados.
22:00: Fomos a ver a película “A lingua das bolboretas”
24:00: A noite e xoven, 4ºA poucos pero valentes.
01:00 – x:00: Censurado, O que pasou en Allariz quedou en Allariz.

 Feito por: Isidro, Diego, Carlos, David, Samuel, Roman e Alberto(de 4º A)

Ningún comentario:

Publicar un comentario