21 de dec. de 2012

Reivindicación da lingua: #recitandocelsoemilio

Non están os tempos para felicitacións, senón para reivindicacións. Así que neste nadal, ésta é a nosa postal, a reivindicación da nosa lingua por medio do recitado colectivo do poema Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro.
 

Musicando a Celso Emilio Ferreiro

Ao sabermos que Eloi Fidalgo Fraga era todo un artista, aproveitámonos del. Como? Pedíndolle que lle puxese música para o poema de Celso Emilio que recitamos o 12-12-12 ás 12 e cuxo vídeo imos publicar de seguido. Podedes comprobar que este mozo ten moito futuro.

20 de dec. de 2012

Taboleiro de decembro do 2012


Podedes comprobar como neste mes a presenza de Celso Emilio foi continuada. Celebrábase o centenario do seu nacemento e ademais de traballos audiovisuais fixemos carteis sobre o escritor de Celanova.
Ademais disto, como vén sendo habitual, podedes ler in situ, o terceiro número da revista para pais Ollos de aula, da Coordinadora Galega de ENDL

Reinterpretando a Celso Emilio Ferreiro 2

Desta volta vén o traballo dos alumnos de 4º B: Noelia Amigo, Alba Moreira, Rubén Cacheda e Jonathan Vilanova que nos dan a súa visión do poema "Espranza" de Celso Emilio Ferreiro. Grazas aos catro:

19 de dec. de 2012

Reinterpretando a Celso Emilio ferreiro 1

Quixemos aportar o noso gran de area antes de rematarmos o ano Celso Emilio. De momento, aí van dous traballos de dous poemas do alumnado de 4º de ESO B Creo que chegarán máis. Grazas: Andrés,
Andrea, Marina, Javier:

 
Grazas "Pepe"!:

18 de dec. de 2012

Gústame o facebook en galego

Tes conta de facebook? Seguro que non a tes configurada en galego. Sigue estes tres simples pasos e terás os menús avisos,... en galego.
Simple, rápido,... a que esperas?

17 de dec. de 2012

Ledicia Costas e Montse Pena no Colmeiro


As escritoras Ledicia Costas e Montse Pena estiveron connosco o pasado 28 de novembro compartindo as súas ideas sobre a literatura e presentando as súas obras. Da primeira delas xa deixamos neste mesmo blogue unha pequena entrevista en vídeo. Coa segunda traballamos un obradoiro de poesía.
O alumnado de 4º da ESO leu unha obra de Ledicia Costas, Corazón de Xúpiter.
Os rapaces de 2º da ESO mergulláronse na lectura dun libro de Montse Pena, Unha estrela no vento


















14 de dec. de 2012

Ledicia Costas no Colmeiro

Ledicia Costas no Colmeiro from trafegandoronseis on Vimeo.

Con este vídeo queremos anunciar tamén que estamos detrás dun proxecto que se chamará Colmeiro TV. Nel podedes ver unha interesante entrevista a Ledicia Costas grazas ás alumnas Sonia Framiñán e Martina Rodríguez. Ledicia Costas fálanos entre outras cousas da lingua. Dinos que está en crise absoluta. Transmite a idea de que é parte da falta de valores na sociedade actual.

13 de dec. de 2012

Abraham Carreiro ensínanos a debuxar a Xoeliqui

O debuxante Abraham Carreiro estivo o pasado 22 de novembro no noso centro. Velaquí unha parte das súas explicacións de como facer os debuxos de Xoeliqui

Andazo de orellóns

Aproveitamos a epidemia de parodite que se detectou no noso centro para recuperar unha denominación propia da nosa lingua desa enfermidade: os orellóns. A orixe desta palabra é ben evidente pois unha das súas características principais é a inflamación das glándulas salivares parótidas que se achan debaixo das orellas.
Trátase dunha enfermidade vírica altamente infecciosa que se transmite polas gotas de tose e dos espirros ou mesmo pola respiración nun ambiente pechado no que haxa algún infectado pola enfermidade. Por esta razón recoméndase que ante a máis mínima sospeita non se acuda a clase ata estar completamente recuperado.
Na imaxe, o virus culpable do andazo

12 de dec. de 2012

Abraham Carreiro explicounos como facer unha banda deseñada

Non é sen tempo, tivemos un pouco parado o blogue nos últimos días, pero pretendemos volver a darlle corda.
A primeira anotación vai sobre a visita que tivemos o pasado 22 de novembro. Abraham Carreiro, debuxante. Moitos coñecederes as aventuras de Xoeliqui. Abraham explicounos quen son todos os personaxes destas aventuras da literatura xuvenil.
Ademais do ciberpirata, seguro que vos soan Mr. Virus, Maverick, Aric, Barbabranca, Centulo.
O máis interesante foi que Abraham Carreiro non só nos fixo unha introdución e unha invitación á lectura de Xoeliqui, senón que nos foi debuxando da todos os protagonistas destas aventuras.

Para completar, podedes, desde aquí, descargar en pdf unha publicación na que colaborou este debuxante, H2Oil. Trátase da edición facsimilar dixital da banda deseñada sobre a catástrofe do petroleiro Prestige. Contén obras dun total de 65 autores.


10 de dec. de 2012

12/12/12/12

Nós tamén participamos na iniciativa da CGENDL para conmemorar o centenario de Celso Emilio Ferreiro.
O vindeiro 12/12/12 ás 12:00 estaremos recitando Deitado frente ao mar, xunto a unha chea de centros que tamén se uniron a esta celebración.
Ademais estamos preparando un vídeo para deixar memoria audiovisual do acontecemento...


6 de dec. de 2012

Ollos de aula nº 3

Deixámosvos aquí o terceiro número da revista 'Ollos de aula', redactada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Como nos números anteriores, hai varias recomendacións interesantes da nosa profesora Gracia. Tamén podes atopar un pequeno artigo sobre o incumprimento por parte da Xunta dos seus deberes en materia de política lingüística. Ollos de aula. Nº 3

4 de dec. de 2012

Mollarse contra a violencia machista

O martes 27 de novembro realizamos unha cadea humana en contra da violencia de xénero: unha cadea que unía o IES Colmeiro co colexio María Inmaculada.  Os sinais de prohibido o paso das fotos veñen ben a conto; parece que os colocamos nós para indicarlle aos violentos que deben parar e dar marcha atrás.
Como vedes nas imaxes, puxémonos pingando.