13 de dec. de 2012

Andazo de orellóns

Aproveitamos a epidemia de parodite que se detectou no noso centro para recuperar unha denominación propia da nosa lingua desa enfermidade: os orellóns. A orixe desta palabra é ben evidente pois unha das súas características principais é a inflamación das glándulas salivares parótidas que se achan debaixo das orellas.
Trátase dunha enfermidade vírica altamente infecciosa que se transmite polas gotas de tose e dos espirros ou mesmo pola respiración nun ambiente pechado no que haxa algún infectado pola enfermidade. Por esta razón recoméndase que ante a máis mínima sospeita non se acuda a clase ata estar completamente recuperado.
Na imaxe, o virus culpable do andazo

1 comentario:

  1. estamos vacinados contra este tipo de furicalla de virus de meniños eeh e ainda asi e posible enfermar con eles,deberiamos poder vacinarnos de novo,e evitar estes contaxios tan noxento,e estas cousas e incomodo padecer estas enfermidades... :)

    ResponderEliminar