6 de abr. de 2018

Antón Alonso Ríos da nome a unha aula do IES Pintor Colmeiro

A figura do político e mestre Antón Alonso Ríos ten dende onte un recoñecemento no IES Pintor Colmeiro dando o seu nome a unha das aulas do centro.
O encargado de descubrir a placa conmemorativa foi un alumno bisneto dun primo do homenaxeado xunto co Profesor Matías Rodriguez da Torre que deu unha conferencia previa ao nomeamento da aula ensinándolles ao alumnado a vida e obra de Antón Alonso Ríos.