18 de dec. de 2017

POLÍTICA E PEDAGOXÍA PARA UN PAIS

Antón Alonso Ríos .
Mestre, Político e Escritor.


O alumnado de 4º ESO do IES Pintor Colmeiro estudou a figura do escritor Antón Alonso Ríos  e visitou a exposición homenaxe ao  escritor  o día 14 de decembro  na Casa da Cultura.


Antón Hipólito Alonso Ríos nace no lugar de Campo Rapado, parroquia
de Cortegada, o 15 de agosto de 1887. De moi novo emigra á Arxentina
onde traballa como representante de comercio e mestre; alén disto, entra
en contacto co mundo societario e eríxese en fundador da Sociedad Hijos
de Silleda, creando escolas laicas no Trasdeza, e a Federación de
Sociedades Agrarias y Culturales. En 1931 é enviado por esta mesma
Federación de Sociedades Gallegas como representante da emigración
na recén instaurada IIª República en España para participar na Asemblea
do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía, da que sairá como Presidente.

Como tamén saiu Presidente dunha Xunta Revolucionaria que tivo lugar
en Compostela no verán de 1931. Vivirá en Tomiño, a traballar como
mestre e defender os intereses do mundo agrario. Nesta mesma etapa,
acrecéntase definitivamente a súa conciencia galeguista, forma parte do
Partido Galeguista e traballa arreo na Campaña Pro Estatuto.
En 1936 é electo Deputado agrario ás Cortes da República na gañadora
Frente Popular. Mais coa sublevación fascista é represaliado, perseguido,
polo que foxe a través dos montes galegos durante algo máis de dous
anos, até que consegue pasar a Portugal e de aí a Marrocos, para
definitivamente embarcar cara á Arxentina. Xa desde 1939, en Bos Aires,
dedícase a colaborar en prensa, escribir o seu prolífico ideario, destacando
entre outras publicacións, Co pensamento na Patria Galega (1942), fundar
a Irmandade Galega e o Consello da Galiza en 1944, do que foi secretario
xeral, e Castelao, Presidente, Á morte deste último no ano cincuenta, Antón
ocupa as primeiras funcións do Consello, mais magóao enormemente, e
conxuntamente coa de Ombú, o seu fillo máis novo, lévao a caer nunha
espantosa amargura que o abocaría ao suicidio en Bos Aires, o día 12 de
outubro de 1980.


30 de nov. de 2017

"em companhía da morte" SAMAÍN



"Em companhía da morte" Vanesa Vilaverde Joao Aveledo e Eduardo Maragoto.

O alumnado de 4º da ESO , durante a celebración do Samaín, profundizou no estudo dunha tradición ben coñecida en Galicia "A Santa Compaña". Este documental constituiu un recurso educativo para amosar a maneira de vivir e morrer dos nosos avós e avóas.

A crenza na Santa Compaña foi analizada por Vicente Risco coma unha tradición cristiá, rexistrada por outras fontes anteriores vencelladas ás tradicións europeas. Isto mesmo recolleu Martín Sarmiento. Nos séculos seguintes, atopamos referencias en moitos eidos, e especialmente na literatura, con máis ou menos consideración á súa función na cultura tradicional galega.
Ramón María del Valle- Inclán deulle o seu toque máis poético e mesmo estudouse coma un elemento da antropoloxía galega.

29 de maio de 2017

Carteis gañadores do Correlingua 17

Concurso de carteis "Correlingua 17"

     O alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Pintor Colmeiro elaborou unha morea de carteis con lemas a prol do uso da nosa lingua.

Os gañadores desta edición foron:

                                                        









16 de maio de 2017

                                                                   CORRELINGUA
                                                                  16 de maio de 2017

O Correlingua concentrou a centos de rapaces e rapazas na Estrada a prol da nosa lingua con lemas, pancartas, actuacións, percorridos pola rúa e solta de globos.

Unha xornada festiva que se xunta coa celebración do día das Letras Galegas, mañán día 17 de maio.






15 de maio de 2017

Letras Galegas 2017. CARLOS CASARES

 O alumnado de 4º da ESO do ENDL do IES Pintor Colmeiro compuxo un gran mural coa obra e vida de Carlos Casares . Autor ao que se lle adica o día das Letras Galegas 2017.

O 24 de agosto de 1941 nace en Ourense. En 1944 a familia trasládase a Xinzo de Limia, onde os seu pai, Francisco Casares, traballa como mestre. Carlos vivirá rodeado dunha extensa familia, espallada pola comarca, en localidades como Beiro, Lamas ou Sabucedo, que el visitará con asiduidade.

Casares comeza a frecuentar os faladoiros literarios da cidade, en especial o de Vicente Risco, no café Parque, no Miño ou no Volter, con outros escritores e artistas como Ferro Couselo, Xaime Quessada, Antón Tovar, Conde Corbal, Xaquín Lorenzo, Xosé Luís de Dios,..entre outros.

En 1962 instálase en Compostela para estudar Filosofía e Letras e incorpórase ao grupo galeguista de Ramón Piñeiro. Participa no activismo estudantil e comeza a escribir poemas e relatos curtos.

En 1967 Galaxia publica o primeiro libro composto por relatos marcados pola experimentación.
Entre as súas obras destacan "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" 1973,
"Os escuros soños de Clío" 1979, "Ilustrísima" 1980, "Os mortos daquel verán" 1987, inicia a saga dos " Toribios"1991, "O galo de Antioquía" 1994, " Deus sentado nun sillón azul" 1997, "Un país de palabras"1998, " Hemingway en Galicia" 1999, " Un polbo Xigante" 2000, ou " A vida do padre Sarmiento"2001, entre outras obras..

Morre en Vigo no ano 2002.



14 de feb. de 2017

Rosalía na voz do alumnado do Colmeiro








                Daquelas que cantan as pombas i as frores
     Todos din que teñen alma de muller,
  Pois eu que n'as canto, Virxe da Paloma,
                 ¡Ai! ¿de que a terei?









O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Pintor Colmeiro participa na celebración do día de Rosalía, colaborando  na selección de poemas cos que o Concello de Silleda vai agasallar os veciños. 

https://twitter.com/hashtag/D%C3%ADadeRosal%C3%ADa?src=hash Este ano en #Silleda celebraremos o #DíadeRosalía con Poemas na rúa, ca implicación de comercios e centros educativos do 20 ó 26 de febreiro pic.twitter.com/ASOkucE5eB