20 de xuño de 2016

Mini e Mero deron unha clase maxistral para o IES Pintor Colmeiro



Mini e Mero actuaron para o alumnado do IES Pintor Colmeiro o pasado xoves 16. Témoslle que agradecer á profesora Ana Pillado que xestionara esta actuación.
Pensamos que ademais de pasalo moi ben, os nosos alumnos aprenderon ben de cousas, sobre a memoria, a normalización, as nosas raíces, a poesía, Manuel María, Díaz Castro,...

Así viron a cousa nos medios:
no Faro de Vigo
no xornal La Voz de Galicia

16 de xuño de 2016

Eu son... Modesto


Velaquí outro elo do proxecto "Eu son...", para reflexionarmos tamén quen somos nós, precisamos coñecer e valorar como é e como foi o noso entorno. Isto é o que pretendemos con esta entrevista a este mozo de 92 anos que vive en Cotarelo, Goiás (Lalín). Esta gravación foi realizada na súa casa o 10 de febreiro de 2016.

15 de xuño de 2016

Eu son: documento para a lectura e a reflexión

Este documento, que recibirá todo o alumnado que leu "Memorias dun neno labrego", é un elo máis do proxecto "Eu son", argallado desde o ENDL este curso.
Reflexionamos sobre como era a vida no rural do que nós somos herdeiros: a vivenda, a vestimenta, os traballos e os xogos, que tamén están descritos na obra de Neira Vilas.


8 de xuño de 2016

Carteis gañadores para o Correlingua 2016

Como todos os anos, entre o alumnado participante no Correlingua, realizamos un concurso cos carteis que van levar a esta actividade. Parabéns a todos os participantes!!
Nesta ocasión o gañador absoluto foi co seguinte  cartel  realizado por Xabi Tato Pereiras e Disckeisy Peralta Adames (1ºC) "Defende o galego, por unha Galicia mellor"

Defende o galego, por unha Galicia mellor


Tamén recibiron premio Encarna Oleiro Novo, Iria Moreira Suárez e Laura Míguez Caramés (2ºB) co cartel:

Non teñas vergoña, fala galego!
Outro premio foi para Mariña López Rodríguez e Claudia Gómez Rozados (1ºB)

O galego no corazón
E finalmente Zaira González Taboada, de 2ºA:

Nunca deixes que  che leven a túa lingua

3 de xuño de 2016

Manuel María polo centro

Para espallar o coñecemento da obra de Manuel María, o alumnado realizou varios murais que están visibles polas escaleiras do centro.




1 de xuño de 2016

Fotos do Correlingua 16

 Despois de adiarse a data de celebración, por fin acudimos ao Correlingua . Preme na imaxe e verás moitas, moitas fotos que explican como se desenvolveu a xornada.




En caso de que non poidas ver a presentación de fotos, preme na seguinte imaxe


Correlingua163105

Mapa das lendas castrexas

Velaquí o mapa das lendas castrexas que estamos a elaborar. Temos recollidas unha boa monlla delas que xeolocalizaremos sobre este enorme mapa. Tamén as divulgaremos para que sexan máis coñecidas pola comunidade.