23 de feb. de 2018



       

 24 de febreiro

día de Rosalía de Castro


No IES Pintor Colmeiro homenaxeamos a Rosalía  mediante a construción dunha instalación feita entre o alumnado e o profesorado chamada "Tecendo a Rosalía". Nesta exposición da súa obra ,o alumnado e profesorado recrea , suxire , inspírase na lírica de Rosalía para amosar a creatividade e a lírica da supervivencia e da existencia presente na obra da escritora. 


Cada alumno ou alumna poderá escribir poemas de Rosalía, escribir poemas propios ou poemas doutros escritores inspirados en Rosalía, facer debuxos, homenaxeala debuxando rosas, aportar ideas de cambio e sensibilización á sociedade, ou amosar a súa propia expresión para entre todos/as “ tecer” a lírica da escritora e aprender valores de sensibilización a través da súa obra.