29 de out. de 2015

Proxección da película 'O Apóstolo'




'O Apóstolo' é a primeira película de animación stop-motion en tres dimensións realizada en Europa. A produción levou catro anos de traballo. Esteouse finalmente no ano 2012
Para celebrarmos as datas nas que estamos, as do Samaín, e despois do magosto que tivemos esta mañán no insituto, o alumnado de 1º da ESO acudiu a unha proxección da película 'O Apóstolo'

Argumento: Un presidiario evadido vai a unha aldea de montaña recuperar un botín agachado hai anos. Desde daquela, os paisanos desviaron o trazado do Camiño de Santiago para atraer peregrinos. El pretende sair da fonda na que pernocta para procurar o tesouro, mais deberá evitar os veciños... E tamén almas en pena, meigas e quen sabe que máis. Estrea comercial anunciada pola produtora para o 1/11/12.

Palmarés: Primeiro premio no XI Festival de Cine Español de Marsella (2012). Foi a gran vencedora dos premios Mestre Mateo entregados en 2013, levando seis das dez categorías nas que era candidata. O mesmo ano gañou o premio do público no prestixioso festival de Annecy.

Ficha:
Dirección: / Fernando Cortizo
Guionista: / Fernando Cortizo
Intérpretes: / Pedro Alonso / Carlos Blanco / Isabel Blanco / Celso Bugallo / Geraldine Chaplin / Víctor Mosqueira / Paul Naschy / Jorge Sanz / Luís Tosar / Xosé Manuel Olveira Pico
Música: / Philip Glass
Produción: / Rosalía Mera
Produción Executiva: / Dimas Iglesias / Isabel Rey

12 de out. de 2015

Inauguración da exposición da toponimia e lendas no Museo do Pobo






















O 25 de Setembro, o Museo do Pobo Galego, a través da Fundación Antonio Fraguas, fíxolle entrega do premio do IX Proxecto Didáctico Antonio Fraguas ao IES Pintor Colmeiro.






 O segundo cheque, por valor de 3.500 €, foi recollido polo Director do Centro, Xesús Fernández Sulleiro, que estivo acompañado por varios profesores participantes no proxecto “A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda”, polos alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO, e polo Alcalde de Silleda, D. Manuel Cuíña, e a Concelleira de Educación, Dna. Pilar Peón.



O acto estivo presidido polo Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García, e por dous membros destacados da Fundación Antonio Fraguas, D. Xosé Manuel  González Reboredo e Francisco Fariña Busto.






Na lectura da acta, a Fundación Fraguas fixo lectura do seguinte párrafo:
“Na modalidade de Ensino Secundario acordouse conceder o premio ao IES Pintor Colmeiro de Silleda, polo seu proxecto A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda, valorando o esforzo do alumnado na busca das raíces lendarias, tradicionais e históricas nos nomes dos lugares, na recollida destes e na súa fixación mediante tecnoloxías informáticas”.






6 de out. de 2015

Issiris musicando a Ledicia Costas




Issiris Ramírez, alumna de 2º de bacharelato, ofreceu esta peza musical no Club de Lectura da Biblioteca Pública Castelao de Silleda, inspirada na obra Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, quen vén de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Vía Trafegando Ronseis