1 de xul. de 2014

IX premio Antonio Fraguas para o Colmeiro

Unha das iniciativas do ENDL foi a participación na IX edición de proxectos didácticos da Fundación Antonio Fraguas, do Museo do Pobo Galego . O galardón son sete mil euros destinados a financiar a posta en marcha do proxecto que foi obra de Xoán Carlos García Porral e que leva por título A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda.
A iniciativa desenvolverase ao longo do próximo curso e contará coa participación dos alumnos da ESO e Bacharelato todos os departamentos do centro. A idea é tamén, explica García Porral, demandar colaboración ás asociacións culturais e de veciños da zona, entre elas as de Grava e Ponte, entre outras.
Parte do orzamento destinarase á adquisición de cámaras, grabadoras e Ipad destinadas a ser utilizadas no traballo de campo que esixirá aos rapaces falar cos maiores e recoller os nomes dos topónimos de parroquias, lugares e aldeas, de leiras, «penedos, fontes, mámoas, fervenzas, castros e camiños», explica García Porral. O proxecto procurará a recolleita de lendas asociadas a distintos lugares e toda esa información será fixada no Google Maps en tres capas diferentes e que permitirán tamén descubrir algo máis sobre a orixe de cada topónimo.
Será un traballo arduo pero que permitirá aos alumnos coñecer algo máis da súa identidade e as súas raíces, á que vez que evitar que moitos deses nomes pérdanse co paso do tempo, as novas xeracións e as concentracións parcelarias. A principio de curso, o centro pediralle aos alumnos que trouxesen cada un dez topónimos do seu entorno máis próximo. O traballo incluirá ademais a edición dunha publicación en papel que recollerá todo o traballo, que inclúe tamén a realización de fotografías e vídeos. O proxecto será tamén coordinado por Fariña Busto, do Museo do Pobo Galego.

A noticia en La Voz
A IX edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas xa ten gañadores, no web da SXPL