25 de nov. de 2011

A discriminación da muller e a violencia machista

Verdadeiramente todos estamos en parte concienciados do feito de que, no noso país, coma no resto do mundo, sucedan a miudo casos de violencia de xénero. Os medios de comunación, como por exemplo o telediario mostran día a día un novo exemplo de violencia machista na que a muller, polo xeneral, é asasinada dunha maneira ou doutra.

 En certo modo,a información atopase a disposición da sociedade, co paso do tempo avanzase e todos imos coñecendo máis sobre este tema,pero eu quero dar lugar a unha pregunta, TOMAMOS VERDADEIRAMENTE EN SERIO TODOS ESTES FEITOS DE DISCRIMINACIÓN CARA A MULLER OU SIMPLEMENTE SENTIMOS CERTA PENA POLAS VICTIMAS, EVADINDONOS COA IDEA DE NON ACONTEZA AO NOSO ARREDOR? 

O primeiro que debemos ter claro é que, a violencia de xenero non só engloba os golpes, insultos etc., este concepto vai moito máis alá e na sociedade na que vivimos, a pesar de todos os adiantos que existen, a discriminación cara a muller segue sendo un feito, e existe en cada mínimo detalle das nosas vidas : nos medios de comunicación (anuncios ,programación sexista...); na educación infantil, que é onde aparecen os primeiros  indicios hacia a desigualdade , debido a educación impartida polas familias na que o rol da muller é sempre diferente ao do home, os xoguetes son calíficados para a nena ou para o neno, a influencia dos amigos e de como se comportan os demáis etc., na ocupación de postos de traballo, está demostrado que o home exerce sempre cargos moito máis importantes e mellor remunerados que a muller a pesar de seren máis as mulleres que hai nas universidades...Todos estes exemplos aos que a maior parte da sociedade non dá a suficiente importacia ofrécennos a resposta da pregunta plantexada anteriormente.
Todos, deberiamos concienciarnos de que aínda nos queda moito por avanzar para alcazar a igualdade plena entre homes e mulleres e que, na medida do posible, teríamos que contribuir a inserción absoluta da muller sociedade e intentar abolir por completo todo indicio de discriminación cara a ela. A axuda está nas tuas mans,ti decides. 
Paula Gamallo 4º de ESO A.

18 de nov. de 2011

Videoconferencia do Día da Ciencia en Galego no noso centro

O pasado dia 4 de novembro foi o Día da Ciencia en Galego. Reivindicábase o dereito a gozarmos da ciencia na nosa lingua.
O acto central do día foi a videoconferencia coa que o profesor Ángel Carracedo nos mantivo frente á lousa dixital. Velaquí un par de fotos da xornada, nas que os alumnos de 1º de bacharelato fican atentos ao que foi unha excelente lección do director do Instituto de Medicina Legal.
Esta videoconferencia foi seguida en toda Galicia por 6000 estudantes, que se conectaron desde 100 centros de secundaria. Ángel Carracedo falounos desde Natal, en Brasil. Foi presentado polo profesor Román Landín, desde o CPI de Soutomaior.

A actividade foi organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, quen tamén foi a responsable doutra videoconferencia impartida ese mesmo día e dirixida ao alumnado de primaria. Neste caso participaron 65 centros cun total de 4300 alumnos.
A suma é ben fácil de facer: o resultado desta actividade mobilizou a máis de 10000 estudantes na mañán do venres 4. Os medios de comunicación ocultaron o evento.

17 de nov. de 2011

Preparando o Nadal

O Nadal está próximo e propoñémoste que nos axudes a preparalo. Xa hai varias persoas traballando nas seguintes propostas. Ti tamén podes participar, basta con que te poñas en contacto con calquera membro do Equipo.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (Xunta) vén de convocar un concurso de presentacións electrónicas para o Nadal (.odp, .ppt, .pptx). Aquí tes varias ideas doutras realizadas o curso pasado. Un consello: procura que o que fagas teña imaxes orixinais. Non pode pasar das 10 diapositivas, pero si pode ter menos. Cando teñas o traballo feito, entréganolo, que xa llo enviamos nós. Data límite: 9 de decembro.

A Coordinadora Galega e Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ofrécenos a posibilidade de que postais feitas por nós poidan usarse para enviar felicitacións de nadal por e-mail. Nestes días en 1º da ESO comenzarán a traballar  na súa elaboración.

Invitamos a todos os que queiran sumarse a estas inciaitivas ... e que sexa antes do nadal!

Entrevista a Xosé Lueiro

O pasado xoves Xosé Lueiro achegouse ao noso centro para falarnos da normalización no teatro. Pedro Gil (2ºBach.A) fíxolle esta pequena entrevista

Presentación de Ada Lovelace

Ada Lovelace é unha das figuras máis importantes na historia da computación. Brais Gutiérrez Rodríguez (3º A) achéganos á súa figura mediante esta presentación.

15 de nov. de 2011

Rebumbio de carteis

Xa temos os froitos da primeira convocatoria feita polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística deste curso.
Trátase de carteis co lema "aquí atendemos en galego" e de propostas de logos para o equipo. Botádelle un ollo e indicádelle aos membros do equipo cales son os vosos preferidos.
Grazas a todos pola colaboración.


Presentación de Sophie Germain

Presentación de Sophie Germain, matemática do XIX que, debido á discriminación das mulleres, tivo que superar enormes dificultades para poder estudar e ver recoñecido o seu traballo.
O Power Point é obra de Sonia Troitiño Loureiro (3ºA)


Presentación de Emmy Noether

Emmy Noether sufriu sempre cun sorriso todas as dificultades que lle supoñía ser muller a principios do século XX. Mesmo para poder impartir clase tivo que aceptar non recibir remuneración ningunha. Velaquí unha sesuda presentación sobre esta figura feita por Alejandro Tarrío (3ºA)

11 de nov. de 2011

Presentación de María Wonenburger.2

Estas son as impresións de Denise Varela Cornado (3º A) sobre a matemática María Wonenburger Planells. Ben certo é que é unha visión persoal.

10 de nov. de 2011

Ángel Carracedo: en galego tamén se fai ciencia

O pasado venres día 4 de novembro, dentro das actividades do II Día da Ciencia en Galego, o alumnado de 1º de bacharelato do noso centro asistiu a unha vídeoconferencia impartida por Ángel Carracedo.
Neste vídeo o director do Instituo de Medicina Legal expón as súas opinións sobre o uso do galego na ciencia.

Ángel Carracedo from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.


7 de nov. de 2011

Teatro e lingua, interdependencia e retos


O vindeiro xoves 10 de novembro os alumnos de 2º de bacharelato teñen programada unha conferencia co título: Teatro e lingua, interdependencia e retos.
O relator será Xosé Lueiro, director da compañía de teatro A Contrabutaca.

Como guía da conferencia, van os seguintes apuntes:

1-PANORÁMICA HISTÓRICA
1.1-Distinción entre o feito escénico e o feito dramatúrxico.
1.2-A lingua: Dimensión ideolóxica e dimensión literaria ou expresiva.
1.3-O teatro como factor de construción nacional.
1.4-Consideración literaria
1.4.1-Rexurdimento
1.4.2-Irmandades da Fala e Xeración Nós
1.4.3-Xeración de 1925
1.4.4-Teatro na posguerra
1.4.5-Nova dramaturxia galega
1.5-A importancia do teatro independente. Profesionalización e mecenazgo institucional.

2-OUTROS RETOS: NORMALIZACIÓN DE TEMAS E DE XÉNEROS
Unha vez substanciada a batalla identitaria entre lingua e teatro, a actividade teatral debe afrontar obxectivos non menos importantes para refrendar de forma plena a súa modernización. A diversificación xenérica e temática será o seguinte paso a dar por parte de creadores e compañías.

3-“ROBIN HOOD”: A GALEGUIZACIÓN DUN MITO
Dentro deste proceso de normalización xenérica e temática, inscríbese o fenómeno ROBIN HOOD, primeiro musical infantil de gran formato representado en lingua galega. A galeguización do mito británico por parte de PRODUCIÓNS ACONTRABUTACA quedou recollida no documental titulado “ROBIN HOOD. LEMBRANZAS DUN MUSICAL” filmado pola produtora audiovisual Producciones Trípode. A través da súa proxección, iremos testemuñando as claves que configuraron a súa adaptación aos nosos referentes culturais, e o anecdotario lingüístico que propiciou a súa montaxe e posterior escenificación en castelán.

Presentación sobre María Wonenburger.1

Presentación de Andrés Seoane Pena (3ºA) sobre María Wonenburger, a matemática homenaxeada na II edición do Día da Ciencia en Galego.

6 de nov. de 2011

Biografía de María Wonenburger


Este ano adícaselle o Día da Ciencia en Galego (4 de novembro) a María Wonenburger, matemática da Coruña. Esta naceu en Montrove-Oleiros en 1927 dentro dunha familia culta e ben situada. A pesar na época en que vivía animárona a estudar e ela sempre quixo ser matemática. No ano 1944 rematou os estudos de bacharelato con uns bos resultados académicos; de seguido, polos momentos difíciles que se vivían, tuvo que esperar un ano para ir a universidade, o cal aproveitou para estudar inglés. Despois marcha para Madrid a estudar a carreira de Matemáticas. Na universidade, unha vez máis, destacou polos seus resultados académicose polo seu compañerismo. En aqueles tempos sendo muller non era fácil vivir desa carreira, pero a súa paixón polas matemáticas levouna a estudala, planeando no futuro estudar outra da que poder vivir. Lincenciose en 1950.
 A partir de aquí ata 1953 realiza estudos de doutorado. Logrou conseguir unha bolsa para ir ao extranxeiro permitíndolle continuar os seus estudos en Estados Unidos (Universidade de Yale) doutorándose en 1957. Regresa a Madrid donde traballa tres anos nun instituto de matemáticas, complicándoselles as cousas xa que a súa tese non é valida e ten que realizar outra. Grazas a outra bolsa vai dous anos a Canadá viaxando despois a Toronto donde é a única muller da Universidade cun posto de profesora de Matemáticas. Robert Moody, hoxe, gran alxebrista, naquela época elixiuna para que dirixise a súa tese. En 1967 volve aos Estados Unidos para traballar en dúas Universidades.
A súa investigación centrouse na Teoría de Grupos  (estuda estas estructuras alxebráicas) e Álxebras de Lie, o que contribuíu ao desenvolvemento de ambas disciplinas. Publicou moitos artigos en revistas internacionais e dirixiu importantes teses.
En 1983 volve a España debido a enfermidade que padecía súa nai e xa nunca máis volveu impartir clase.
Nos últimos anos recibiu premios polas súas investigacións:
-          En 2007:
  •      Mulleres Ciencia e Arte.
  •       Socia de honra da Real Sociedade Matemática Española
  •      Créase o premio “María Wonenburger” en reconocimiento a mulleres matemáticas científicas.

-          En 2010:

-          En 2011:
  •         Monolito en el Paseo de las Ciencias del parque de Santa Margarita.

      
 E aquí a interesante vida dunha gran muller que loitou contra a súa época pola súa paixón


Laura Fernández Suárez (1º Bach. A)
Beatriz González Fernández (1º Bach. A)

Taboleiro. Outubro do 2011


3 de nov. de 2011

Vídeoconferencia de Ángel Carracedo


Título: "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial"
Relator: Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.
Contido: unha introdución sobre o ADN será o punto de partida para achegar as aplicacións da xenética no campo da investigación forense, área no que os grupos de investigadores liderados por Ángel Carracedo lideran a produción científica mundial.
Destinatarios: alumnado de 1º de Bacharelato.
Data e hora: venres 4 de novembro entre as 12:30h e as 13:30h. Esta hora vén determinada pola diferenza horaria coa cidade de Natal (Brasil), desde onde Ángel Carracedo impartirá a conferencia por estar asistindo a un congreso internacional