O Nadal está próximo e propoñémoste que nos axudes a preparalo. Xa hai varias persoas traballando nas seguintes propostas. Ti tamén podes participar, basta con que te poñas en contacto con calquera membro do Equipo.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (Xunta) vén de convocar un concurso de presentacións electrónicas para o Nadal (.odp, .ppt, .pptx). Aquí tes varias ideas doutras realizadas o curso pasado. Un consello: procura que o que fagas teña imaxes orixinais. Non pode pasar das 10 diapositivas, pero si pode ter menos. Cando teñas o traballo feito, entréganolo, que xa llo enviamos nós. Data límite: 9 de decembro.
A Coordinadora Galega e Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ofrécenos a posibilidade de que postais feitas por nós poidan usarse para enviar felicitacións de nadal por e-mail. Nestes días en 1º da ESO comenzarán a traballar na súa elaboración.
Invitamos a todos os que queiran sumarse a estas inciaitivas ... e que sexa antes do nadal!
Ningún comentario:
Publicar un comentario