22 de feb. de 2012

Plurilingüismo

Cada vez máis está a usarse o termo plurilingüismo dunha maneira confusa. Para aclarnos algo as ideas presentamos este pequeno documento da CGENDL, que na súa páxina web ten máis recursos, concretamente unha entrevista a un especialista no tema da Universidade de Santiago, quen explica os detalles de por que o decreto polo que se desenvolven os centros plurilingües é un  completo desastre, sobre todo para a normalización do galego.


Por un plurilingüismo inclusivo

17 de feb. de 2012

Prexuízos contra o galego

O alumnado de 1º da ESO estivo traballando sobre os prexuízos. Aquí presentamos tres deles.

Traballos de prexuízos de 1º ESO

15 de feb. de 2012

Entroido en Silleda

Ademais da gran cantidade de recursos con que nos fornece a CGENDL para o entroido, sen sairmos de Silleda temos unha boa colección de alternativas para mergullarnos no espíritu de Don Carnal.
O certo é que temos un entroido para sentírmonos orgullosos, cunha característica diferencial importante, única no mundo. Estamos a falar dos Xenerais da Ulla que percorren as parroquias a cabalo dando vivas e acompañados dos seus correos, dun exército de comparsas e abandeirados. Rematan escenificando un alto no que fan sátira dos máis variados asuntos acontecidos durante o ano.







14 de feb. de 2012

O uso do galego dos mozos de Silleda é noticia

 Hoxe (14/02/2012) aparecen referencias ao ENDL do instituto no apartado local de dous medios de comunicación dando conta da edición do segundo boletín 'As Ferreiras' adicado ao estudo sobre usos e conceptos do galego no alumnado da ESO no noso centro.
O Faro de Vigo titula a noticia: 'El gallego pierde la cantera'. Destacan que os mozos do instituto usan a lingua galega sobre todo no ámbito familiar, pero abandonan o seu uso noutros ámbitos. A razón principal deste abandono radica no estatus do galego. As instancias políticas, os medios de comunicación e o ámbito académico son factores que contribúen a que a valoración do galego se vexa cargada de prexuízos que determinan a perda de fidelidade do seu uso.

La Voz de Galicia destaca o titular: 'Un estudo do IES Colmeiro recolle un descenso do uso do galego dende o 2001' no que fai referencia aos datos do IGE (Instituto Galego de Estatística) do ano 2001 sobre o uso do galego en Silleda, segundo o cal o 94% dos habitantes do concello falaban sempre na nosa lingua. Pola contra, as familias do alumnado da ESO do Pintor Colmeiro que teñen o galego como lingua habitual é do 70%, e hai bases para poder asegurar que a  cifra é menor para a totalidade  das familias con fillos realizando estudos secundarios en Silleda.
Aínda así, o estudo sociolingüístico determina que as maiores porcentaxes de uso da nosa lingua danse precisamente arredor e influídas polo uso na familia.

12.Feb.entrevista Voz


http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2012/02/14/gallego-pierde-cantera/623544.html

9 de feb. de 2012

Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-2012

Velaquí vos deixamos o estudo sociolingüístico que fixemos sobre o alumnado da ESO do instituto






Estamos preparando a edición dunha tarxeta co máis destacable do que aparece neste boletín para entregarlla a pais e alumnos.

1 de feb. de 2012

Día da paz: "apertas de balde"

Con motivo do Día da Paz (30 de xaneiro), o alumnado de 1º de Bacharelato de Humanidades, coordinados por a profesora Raquel Rodríguez, organizaron unha actividade consistente en repartir apertas de balde entre a comunidade educativa do Colmeiro durante os dous recreos, e na vila de Silleda nas dúas últimas horas de clase. Con cartolinas co lema “Apertas de balde” en varios idiomas, os alumnos quixeron sensibilizar á xente sobre a importancia da tolerancia, respecto e paz.