1 de feb. de 2012

Día da paz: "apertas de balde"

Con motivo do Día da Paz (30 de xaneiro), o alumnado de 1º de Bacharelato de Humanidades, coordinados por a profesora Raquel Rodríguez, organizaron unha actividade consistente en repartir apertas de balde entre a comunidade educativa do Colmeiro durante os dous recreos, e na vila de Silleda nas dúas últimas horas de clase. Con cartolinas co lema “Apertas de balde” en varios idiomas, os alumnos quixeron sensibilizar á xente sobre a importancia da tolerancia, respecto e paz.

1 comentario:

  1. a si me gusta, repartindo apertas e por riba............ de BALDE

    ResponderEliminar