15 de feb. de 2012

Entroido en Silleda

Ademais da gran cantidade de recursos con que nos fornece a CGENDL para o entroido, sen sairmos de Silleda temos unha boa colección de alternativas para mergullarnos no espíritu de Don Carnal.
O certo é que temos un entroido para sentírmonos orgullosos, cunha característica diferencial importante, única no mundo. Estamos a falar dos Xenerais da Ulla que percorren as parroquias a cabalo dando vivas e acompañados dos seus correos, dun exército de comparsas e abandeirados. Rematan escenificando un alto no que fan sátira dos máis variados asuntos acontecidos durante o ano.







Ningún comentario:

Publicar un comentario