O pasado dia 4 de novembro foi o Día da Ciencia en Galego. Reivindicábase o dereito a gozarmos da ciencia na nosa lingua.
O acto central do día foi a videoconferencia coa que o profesor Ángel Carracedo nos mantivo frente á lousa dixital. Velaquí un par de fotos da xornada, nas que os alumnos de 1º de bacharelato fican atentos ao que foi unha excelente lección do director do Instituto de Medicina Legal.
Esta videoconferencia foi seguida en toda Galicia por 6000 estudantes, que se conectaron desde 100 centros de secundaria. Ángel Carracedo falounos desde Natal, en Brasil. Foi presentado polo profesor Román Landín, desde o CPI de Soutomaior.
A actividade foi organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, quen tamén foi a responsable doutra videoconferencia impartida ese mesmo día e dirixida ao alumnado de primaria. Neste caso participaron 65 centros cun total de 4300 alumnos.
A suma é ben fácil de facer: o resultado desta actividade mobilizou a máis de 10000 estudantes na mañán do venres 4. Os medios de comunicación ocultaron o evento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario