12 de out de 2015

Inauguración da exposición da toponimia e lendas no Museo do Pobo






















O 25 de Setembro, o Museo do Pobo Galego, a través da Fundación Antonio Fraguas, fíxolle entrega do premio do IX Proxecto Didáctico Antonio Fraguas ao IES Pintor Colmeiro.






 O segundo cheque, por valor de 3.500 €, foi recollido polo Director do Centro, Xesús Fernández Sulleiro, que estivo acompañado por varios profesores participantes no proxecto “A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda”, polos alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO, e polo Alcalde de Silleda, D. Manuel Cuíña, e a Concelleira de Educación, Dna. Pilar Peón.



O acto estivo presidido polo Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García, e por dous membros destacados da Fundación Antonio Fraguas, D. Xosé Manuel  González Reboredo e Francisco Fariña Busto.






Na lectura da acta, a Fundación Fraguas fixo lectura do seguinte párrafo:
“Na modalidade de Ensino Secundario acordouse conceder o premio ao IES Pintor Colmeiro de Silleda, polo seu proxecto A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda, valorando o esforzo do alumnado na busca das raíces lendarias, tradicionais e históricas nos nomes dos lugares, na recollida destes e na súa fixación mediante tecnoloxías informáticas”.






Nenhum comentário:

Postar um comentário