15 de mai de 2017

Letras Galegas 2017. CARLOS CASARES

 O alumnado de 4º da ESO do ENDL do IES Pintor Colmeiro compuxo un gran mural coa obra e vida de Carlos Casares . Autor ao que se lle adica o día das Letras Galegas 2017.

O 24 de agosto de 1941 nace en Ourense. En 1944 a familia trasládase a Xinzo de Limia, onde os seu pai, Francisco Casares, traballa como mestre. Carlos vivirá rodeado dunha extensa familia, espallada pola comarca, en localidades como Beiro, Lamas ou Sabucedo, que el visitará con asiduidade.

Casares comeza a frecuentar os faladoiros literarios da cidade, en especial o de Vicente Risco, no café Parque, no Miño ou no Volter, con outros escritores e artistas como Ferro Couselo, Xaime Quessada, Antón Tovar, Conde Corbal, Xaquín Lorenzo, Xosé Luís de Dios,..entre outros.

En 1962 instálase en Compostela para estudar Filosofía e Letras e incorpórase ao grupo galeguista de Ramón Piñeiro. Participa no activismo estudantil e comeza a escribir poemas e relatos curtos.

En 1967 Galaxia publica o primeiro libro composto por relatos marcados pola experimentación.
Entre as súas obras destacan "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" 1973,
"Os escuros soños de Clío" 1979, "Ilustrísima" 1980, "Os mortos daquel verán" 1987, inicia a saga dos " Toribios"1991, "O galo de Antioquía" 1994, " Deus sentado nun sillón azul" 1997, "Un país de palabras"1998, " Hemingway en Galicia" 1999, " Un polbo Xigante" 2000, ou " A vida do padre Sarmiento"2001, entre outras obras..

Morre en Vigo no ano 2002.



Nenhum comentário:

Postar um comentário