Un deles consistía nun par de observacións ao microscopio.
Schistosoma mansoni é unha especie de tramatodos, vermes aplanados parasitarios dos humanos que produce a enfermidade chamada esquistomatosomiase. Distínguese doutros trematodos por ter os sexos separados (a marioría dos tramatodos son hermafroditas).
O ciclo de vida inclúe dous hospedadores: o home (hospedador definitivo) e un molusco (hospedador intermediario.
Observación do aparello bucal dunha bolboreta.
As bolboretas adultas carecen de mandíbulas, excepto nalgunhas familias raras. Teñen unha longa trompa que se enrosca como unha mangueira: a espiritrompa.
A espiritrompa dos lepidópteros está formada a partires das maxilas. Os palpos labiais adoitas estar moi desenvolvidos e os palpos maxilares reducidos.
Ante esta experiencia, non poidemos resistir lembrar o relato de Manuel Rivas titulado A lingua das bolboretas, do seu libro Que me queres amor?. Non o podedes distinguir nesta foto, pero nos folios que aparecen á beira do microscopio, podíase consultar ese relato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario