14 de nov. de 2013

Día da Ciencia en Galego: o Cubo Soma


Co fin de facer público o que é normal nas aulas: que a ciencia é explicada en galego nos centros de ensino galegos, o pasado xoves 07/11/2013, realizamos varios obradoiros. Entre eles estaba un sobre unha curiosa figura xeométrica. Samuel Rodríguez, de 1º Bach. H cóntanos algunhas cousas sobre o tema:

Sobre o Cubo Soma podemos decir que é un crebacabezas de sete pezas formadas por non máis de catro cubos iguais inventado polo matemático danés Piet Hein en 1936. Outro matemático, John Conway descubriu que había 240 maneiras distintas de resolver este puzzle, que non se fixo coñecido ata a década dos 70, pero o protagonismo duroulle pouco xa que outo semellante saíu ao mercado desprazando ao noso protagonista. Xa que este puzzle consta de 6 pezas de 4 cubos cada unha e unha de 3 podemos resumilo coa fórmula (6x4 + 3 = 27 ). O obxetivo principal do xogo é facer un cubo de tres cubos de aresta, ainda que coas pezas deste xogo podemos facer figuras coma estas:
Tamén podemos sinalar outo puzzle semellante co que desenvolveremos a fórmula do “cubo dun binomio”



 
Para facer este cubo contamos cun cubo de aresta a, tres prismas de axaxb, outros tres axbxb e un pequeño cubo na esquina superior de aresta b. Con estes magníficos puzzles conseguiremos pasar as longas tardes de inverno ao pé do lume que se nos aveciñan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario