12 de nov. de 2013

Día da Ciencia en Galego: o xogo do Nim

Co fin de facer público o que é normal nas aulas: que a ciencia é explicada en galego nos centros de ensino galegos, o pasado xoves 07/11/2013, realizamos varios obradoiros. Entre eles tiñamos unha mesa sobre un xogo ao que case seguramente todos xogáchedes algunha vez. Carlos Mato, de 1º Bach. C cóntanos algunhas cousas sobre o tema:




Neste día da ciencia, encargueime dun xogo moi curioso, o chamado "Xogo do Nim" . Para poder xogar necesitanse 16 fichas, ordenadas en 4 grupos de diferentes cores; os grupos son: un de 7 outro de 5 outro de 3 e outro de 1. Cada xogador pode coller as fichas que queira sempre e cando sexan da mesma cor, o que colla a última ficha perde. Hei de recoñecer que fixen un pouco de trampa porque existe un método baseado nas potencias de 2, que me explicou o profesor de mates, que serve para gañar sempre, pero non o desvelarei aquí, se vos interesa hai moreas de informacion na web sobre el.































Ningún comentario:

Publicar un comentario