Richard Buckminster Fuller é un estadounidense que destacou no mundo da arquitectura e da enxeñería. Na procura de materiais lixeiros para a construción crea a cúpula xeodésica que marcaría todo un fito na arquitectura mundial.
Isaac Díaz Pardo (1920-2012) tivo contacto desde moi novo con personalidades fundamentais da cultura galega: Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Blanco Amor. Foi un intelectual galeguista que comenzou o seu compromiso coa participación na campaña a favor do Estatuto de Autonomía do 1936.
Destacou como pintor e como empresario. Puxo en marcha a fábrica de cerámicas de Sargadelos, a editorial Edicións O Castro, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego da Información e o Novo Semininario de Estudos Galegos.
Tamén tivemos expostos nos corredores do centro os carteis elaborados o curso pasado nos que se recollían os aspectos fundamentais das biografías de Ramón Verea e Leonardo da Vinci.
Ningún comentario:
Publicar un comentario