Esta semana repartimos o segundo boletín para as familias no que se explican algunhas características do uso da lingua no entorno máis próximo. En concreto fálase dalgúns datos sobre o uso do galego por parte dos establecementos comericais e das administracións en Silleda.
Tamén se informa sobre algunhas ideas sociolingüísticas como son a necesidade de incrementar o grupo dos galegofalantes desbotando referencias terminolóxicas prexuizosas como a de asumir que a nosa fala é un castrapo. Unha outra referencia consiste nun apunte sobre a diglosia, que se contrapón á normalización.
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
25 de mar. de 2015
24 de mar. de 2015
Visita de Francisco Fariña Busto
O mércores 18 de marzo, visitounos D. Francisco Fariña Busto, arqueólogo e membro da Xunta Reitora do Museo do Pobo Galego, para supervisar e interesarse polo proxecto da microtoponimia que estamos a realizar. Foi unha visita amena na que Fariña Busto nos agradeceu o traballo que estamos a realizar, despois de informalo de como se estaba desenvolvendo o traballo. Nós tamén lle estamos agradecido a el pola súa amabilidade e, no seu nome, ao Museo do Pobo Galego pola súa implicación económica e moral no patrocinio e realización deste proxecto.
21 de mar. de 2015
Ollos de aula.20
Chegounos o número 20 da Revista Ollos de aula, a revista da Coordinadora Galega de ENDL para pais. Non deixedes de botarlle un ollo.
18 de mar. de 2015
Concurso de esopías 2015
Convócase concurso de esopías. Entregar os traballos durante o mes de marzo ao profesorado de matemáticas ou de lingua galega
14 de mar. de 2015
Silleda ten de todo, só faltas ti
Gustounos moito este vídeo promocional de Silleda, por iso queremos compartilo neste espazo. Animámosvos a distribuílo entre os vosos amigos.
10 de mar. de 2015
A Esmorga en Silleda
Cantas películas fuches ver ao cine en galego este ano? E en toda a túa vida?
Este venres ás 21.00 horas proxectase na Casa da Cultura de Silleda a película A Esmorga .
As entradas custan 5 euros e poderán mercarse o propio día das proxeccións en taquilla, que se abrirá unha hora antes. Os/as estudantes dos centros educativos de Silleda poderán mercar as entradas ao prezo de 4 euros, acreditando a súa condición de alumnos/as.
Pensamos que se trata dunha excelente oportunidade de achegármonos ao cine en galego. Conviña que este feito nos fixera reflexionar sobre cal é o estado social do galego. Hoxe en Cataluña pódense ver todas as semanas últimas películas que chegan aos cines en catalán. A anterior ocasión na que tivemos oportunidade de ver outra película en galego foi cando se proxectara no noso centro Vilamor, o anterior traballo do mesmo director, Ignacio Villar.
A película está recomendada para maiores de 16 anos. Protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris", Sabela Arán, Alfonso Agra, Mela Casal e Melania a película realiza, ao longo de 111 minutos, unha crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga, que deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, coma para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran a súa perdición. Trátase dunha versión audiovisual dun dos mellores textos da literatura galega, A Esmorga, de Blanco Amor. Velaquí un aperitivo:
6 de mar. de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)