Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel María b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel María b>. Amosar todas as publicacións
3 de xuño de 2016
Manuel María polo centro
Para espallar o coñecemento da obra de Manuel María, o alumnado realizou varios murais que están visibles polas escaleiras do centro.
27 de maio de 2016
Homenaxe a Manuel María: A fala
Alesandra Bazán e Belén Ansedes de 1º de bacharelato fixeron este traballo audiovisual para homenaxear a Manuel María co seu poema 'A fala'.
Este é o primeiro dos traballos da Homenaxe a Manuel María que lle fan os alumnos do Colmeiro.
22 de maio de 2016
O mar vai polo río
O mar vai polo río é unha segunda entrega en PhotoPeach con imaxes da excurisón que fixemos arredor da obra de Manuel María
20 de maio de 2016
O Carro do Colmeiro
Parabéns a todos eles por esta magnífica interpretación que demostra que para ler a Manuel María, nin tan siquera cómpre saber ler. Así de universal é a súa obra.
19 de maio de 2016
Na procura de Manuel María
Na procura de Manuel María é unha presentación feita con PhotoPeach na que damos conta dalgunhas imaxes recollidas na excursión que fixemos a Outeiro de Rei
15 de maio de 2016
Fotografías da visita a Manuel María
Escolma de fotografías da visita que o alumnado do noso centro fixo á Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei este pasado xoves
13 de maio de 2016
Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María
Co obxectivo de levar a cabo unha viaxe á Casa Museo de Manuel María e á Terra Chá, elaborouse esta unidade didáctica que serviría de guía ao alumnado do IES Pintor Colmeiro nesta viaxe organizada polo Departamento de Galego e realizada este xoves 13/05/16
Exposición de Manuel María
Na entrada do centro podemos repasar vida e obra de Manuel María. Contamos cunha unidade didáctica que nos permite facer o seguemento desta exposición.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)