Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións

3 de dec. de 2013

Smoke City

Smoke City é unha obra de teatro que nos mostra a partires da comedia os perigos que conleva ser fumador.
Cun ben elaborado atrezzo e uns efectos de son e iluminación de calidade (tal vez algo desconcertante foron os focos tan preto da primeira fila) faise posible esta historia.
A introdución musical déixate algo sorprendido porque non podes sospeitar moito de que vai o espectáculo.
Con tres personaxes (o entrañable John Calquera, o detective Bob e o capo Silvio Nicottini) e un narrador resulta duro conseguir uns bos resultados, xa que ademáis de aprender o guión, os cambios constantes de escenario son complicados.
Recreouse unha cidade na que case toda a xente fuma, e os mafiosos do tabaco controlan a cidade. O novo obxectivo é un cidadán corrente; Hohn Calquera. El é secuestrado por silvio Nicottini, que o intenta convencer para que fume /(non sen oposición de resistencia por parte de Hohn) e ao final lógrao. Pero o gran detective bob Kliner (inimigo de Silvio) consegue sacalo da garida e do tabaco.
O que máis me gustou foi o bico. :)

Mariña Castro, 3ºB

22 de maio de 2013

Aula Xabier Docampo



 Tal e como comentamos noutra entrada anterior, Xabier Docampo pisou o noso centro e tróuxonos moitas historias. Algunha máis xa a coñeciamos. Neste vídeo presentamos tres obriñas de teatro (A decisión de Valerio, Adelaida, Henrique e demais familia, De cores e de amores) nas que o alumnado traballou con paixón quedando sen recreos nin horas libres para recibir como se debe ao noso ilustre escritor. Esta gravación debémosllela a Xosé Fuentes e Suso Fernández, a quen lles damos as grazas polo seu traballo.

18 de maio de 2013

Perfomance Vidal Bolaño

Nos recreos do xoves 16 de maio desenvolveuse no centro unha perfomance sobre anacos de texto de Roberto Vidal Bolaño. Aquí temos algunhas fotos de como se desenvolveu a actividade.

17 de nov. de 2011

Entrevista a Xosé Lueiro

O pasado xoves Xosé Lueiro achegouse ao noso centro para falarnos da normalización no teatro. Pedro Gil (2ºBach.A) fíxolle esta pequena entrevista

7 de nov. de 2011

Teatro e lingua, interdependencia e retos


O vindeiro xoves 10 de novembro os alumnos de 2º de bacharelato teñen programada unha conferencia co título: Teatro e lingua, interdependencia e retos.
O relator será Xosé Lueiro, director da compañía de teatro A Contrabutaca.

Como guía da conferencia, van os seguintes apuntes:

1-PANORÁMICA HISTÓRICA
1.1-Distinción entre o feito escénico e o feito dramatúrxico.
1.2-A lingua: Dimensión ideolóxica e dimensión literaria ou expresiva.
1.3-O teatro como factor de construción nacional.
1.4-Consideración literaria
1.4.1-Rexurdimento
1.4.2-Irmandades da Fala e Xeración Nós
1.4.3-Xeración de 1925
1.4.4-Teatro na posguerra
1.4.5-Nova dramaturxia galega
1.5-A importancia do teatro independente. Profesionalización e mecenazgo institucional.

2-OUTROS RETOS: NORMALIZACIÓN DE TEMAS E DE XÉNEROS
Unha vez substanciada a batalla identitaria entre lingua e teatro, a actividade teatral debe afrontar obxectivos non menos importantes para refrendar de forma plena a súa modernización. A diversificación xenérica e temática será o seguinte paso a dar por parte de creadores e compañías.

3-“ROBIN HOOD”: A GALEGUIZACIÓN DUN MITO
Dentro deste proceso de normalización xenérica e temática, inscríbese o fenómeno ROBIN HOOD, primeiro musical infantil de gran formato representado en lingua galega. A galeguización do mito británico por parte de PRODUCIÓNS ACONTRABUTACA quedou recollida no documental titulado “ROBIN HOOD. LEMBRANZAS DUN MUSICAL” filmado pola produtora audiovisual Producciones Trípode. A través da súa proxección, iremos testemuñando as claves que configuraron a súa adaptación aos nosos referentes culturais, e o anecdotario lingüístico que propiciou a súa montaxe e posterior escenificación en castelán.