Amosando publicacións coa etiqueta Decreto 79/2010. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Decreto 79/2010. Amosar todas as publicacións

11 de mar. de 2016

Carta á RAG na defensa dos dereitos dos fillos

Acaba de divulgarse no portal de ProLingua un modelo de carta para que os pais cuxos fillos se viron ou ven sometidos ás funestas consecuencias do decreto 79/2010, autotitulado decreto do plurilingüismo, inste á Real Academia Galega (RAG) a interpoñer un recurso ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo.
A RAG non pode acudir como institución ao Tribunal de Estrasburgo, só pode facelo en representación das vítimas da conculcación dos seus dereitos por verse sometidas a un decreto que conculca os seus dereitos como galego-falantes.
Os pais, nais ou titores poden descargar ou copiar este modelo de carta e enviarlla á RAG para que, como institución que ten atribuída estatutariamente a función de defensa e promoción da nosa lingua común, faga efectivas esta funcións.

11 de dec. de 2013

Exención da lingua galega

Claudia García González (2º Bach) o ano pasado cursou estudos en Wyoming (EE.UUU) grazas a unha beca da fundación Barrié. Por iso enviounos esta imaxe con fotos do primeiro rodeo ao que asistiu e outra foto sacada no último piso do Empire Sate Building na súa visita a Nova York.
Ademais enviounos este 'porque me peta' cargado de razón e que subscribimos ata a última coma.
 




Alguén cre aínda ese conto da igualdade lingüística? Un ensino plurilingüe, dicíase. Un ensino plurilingüe no cal, a nosa lingua, o galego é a única lingua da que, de acordo co noso goberno, podemos prescindir. O artigo 18 do Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario fala sobre a exención da calificación nas probas de lingua galega, así como dos requisitos a cumprir para optar a esa exención; porén, non fun quen de atopar ningún artigo que recóllese o noso dereito á exención de ningunha das outras linguas que, polo menos teoricamente, comparten o carácter obrigatorio coa lingua galega.
O que máis me desagrada desta situación non é o feito de que alguén poida escoller non ser avaliado nos seus coñecementos de galego, para min o peor é que esas exencións non son outorgadas en base a posuir coñecementos suficientes dunha lingua como para non precisar estudala no instituto, senón máis ben de acordo coa decisión dun alumno de non aprender esa lingua. No meu caso particular, pasar un ano estudando nos Estados Unidos facíame candidata á exención do estudo da lingua galega, pero non da española, lingua que non cursei tampouco o curso pasado, nin da inglesa, lingua na que as miñas competencias deberían ser suficientes para superar este ano académico sen dificultade. Coñezo a varias persoas na miña situación que optaron por estar exentos da asignatura de galego co fin de ter un tempo extra para adicarlle a outras asignaturas este curso, o cal non parece un motivo o suficientemente válido, xa que ese tempo tamén podería ser aproveitado por outros alumnos que non cursaron ningún ano no estranxeiro.

4 de feb. de 2013

Ollos de aula.4

Xa se publicou o nº 4 de Ollos de aula. Nesta ocasión a revista tráenos entre outras cousas un pequeno artigo de Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo na USC tratando o tema das sentenzas sobre o decreto para o plurrilingüismo.
E coma sempre, non deixedes de consultar a sección Cadencias, da nosa Gracia Sanctorum

20 de abr. de 2012

Que plurlingüismo queremos

Para que poidades coñecer a postura da Coordinadora Galega de ENDL a respecto dos centros plurilingües que está a implantar a Consellería de Educación desde o curso pasado. Pensamos que este material pode ser moi interesante para distribuír entre o profesorado dos centros, que nestes días terán claustros e consellos escolares para debater e/ou votar sobre o tema.
A implantación de centros plurilingües é a aplicación concreta do decreto do 79/2010 (Decreto do Plurilingüismo), que, como ben sabedes, persegue a marxinalidade do galego no sistema educativo. Aínda que poida parecer inocente e insignificante que se implante un centro plurilingüe cunha soa materia en inglés, iso é o comezo para desenvolver plenamente o decreto e implantar até o 33 % das materias nesa lingua, reducindo aínda máis o espazo para o galego. Unha vez que se implanta nin os Equipos Directivos, nin os claustros, nin os consellos escolares, poden impedir o seu avance, só é preciso que haxa profesorado con B2 en inglés que o demande para logo acceder ao concurso paralelo privilixiado, para que tal ou cal materia até o 33% poida impartirse en inglés. Unha vez que un centro se converte en plurilingüe está a aceptar os principios establecidos no decreto 79/2010 e a súa aplicación. Así pois, que non avance este plano de marxinalización da nosa lingua depende de todos e todas nós.
QUE PLURILINGÜISMO QUEREMOS



Unha posible alternativa a estes centros plurilingües que promoven a exclusión lingüística do galego é a do plurilingüismo inclusivo e con equidade que ofrecen tamén desde a Coordinadora.