Tal e como fixemos o curso pasado, volvemos a publicar unha escolma das esopías que máis nos gustaron entre as participantes no II Concurso de Esopías que o ENDL convocou este curso. Nesta ocasión contamos coa colaboración do Departamento de Plástica coas ilustracións que fixeron alumnos de 3º da ESO.
Entre as creacións aquí recollidas está a que obtivo o premio do 2º ciclo da ESO e Bacharelato do III Concurso de Esopías celebrado na IX Feira Matemática
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta esopías b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta esopías b>. Amosar todas as publicacións
12 de xuño de 2015
5 de xuño de 2015
Poesía nas matemáticas
O Faro de Vigo tróuxonos unha nova referencia a unha das actividades promovidas desde o ENDL: a participación no concurso de esopías convocado por Agapema e EducaBarrié.
Como xa comentamos noutra ocasión, o alumno do Colmeiro Alberto García foi o gañador na categoría do 2ºciclo ESO-bacharelato. Como noutras ocasión, traducimos a reportaxe:
Como xa comentamos noutra ocasión, o alumno do Colmeiro Alberto García foi o gañador na categoría do 2ºciclo ESO-bacharelato. Como noutras ocasión, traducimos a reportaxe:
De Esopo sábese que foi un fabulista grego do século VI antes de Cristo, autor de contos nos que os animais compórtanse como seres humanos. Pola súa banda, o número pi, que marca a relación entre a lonxitude dunha circunferencia e a súa diámetro, de modo que aquela sempre mide 3,1592 [sic] veces o que mide o diámetro, é aplicable tanto en física e ingeniería como en astronomía. Así que, como nun xogo de palabras e mesturando matemáticas e literatura, Agapema convoca por terceira vez a súa Certamen de Esopías. Un dos seus primeiros premios recaeu nun alumno trasdezano.
23 de maio de 2015
1º premio do III concurso de esopías de AGAPEMA
Alberto García Fernández (1º bacharelato) foi o gañador do 1º premio do III Certame de Esopías da IX Feira Matemática 2015 co seguinte pi-relato:
Parabéns!Vén o aire,a brisa agarimosa do mencer;sendo tan forte, delicada, primorosa;batendo intrépida.Vén co sol tardeirocomo saíndo co solpor.
11 de maio de 2015
Exposición de esopías
Na entrada do centro colocamos unha exposición con algunhas das mellores esopías elaboradas na fornada deste curso. Os propios autores foron quen caligrafiaron as súas obras.
8 de maio de 2015
Entrega dos premios das Esopías 2015
Fixemos entrega dos premios ás mellores Esopías deste ano. A decisión foi moi complicada debido tanto á gran participación como á calidade dos traballos presentados.
Próximamente presentaremos unha escolma das esopías. Polo momento, velaquí os gañadores:
1º premio (1º ciclo): Laura Villanueva Hermida (2ºB)
1º premio (2º ciclo e bacharelato): Alberto García Fernández (1º bacharelato A), Alesandra I. Bazán Casanova (4ºB)
2º premio (1º ciclo): Nerea González Villar (2ºB), Natalia Mato Fernández (2ºB)
2º premio (2º ciclo+bacharelato): Mariña Castro Fontao (4ºB)
28 de abr. de 2014
Premio de Esopías da Fundación EducaBarrié e AGAPEMA
O noso alumno David Cabaleiro (3ºB), foi o gañador do concurso de esopías convocado pola Fundación Educabarrié en colaboración con AGAPEMA na categoría de ESO e Bacharelato.
David tamén foi o gañador do concurso co convocado no centro e co que o ENDL e o Departamento de Matemáticas promovían a elaboración deste curioso tipo de creación escrita.
Unha esopía é un relato, comentario ou poema cun máximo de 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número pi: 3,14159265....
Dáse o caso curioso de que a esopía coa que David Cabaleiro gañou o concurso convocado por Educabarrié e AGAPEMA era distinta daqueloutra pola que recibiu o premio no noso centro. Primeiro achegámosvos a esopía coa que gañou o certame do centro:
E a obra pola que recibiu o premio esta fin de semana no transcurso da VII Feira Matemática nas instalacións de Palexco (A Coruña):

Son o mito, o fogar acolledor, os berros feros; voz veraz, palabras olvidadas, romance enmeigado, son de Lúa, inmortal soño: lingua de utopía pura
E a obra pola que recibiu o premio esta fin de semana no transcurso da VII Feira Matemática nas instalacións de Palexco (A Coruña):
Vou á cama e durmo, tranquila. Os ventos calan sen razón, silencio alarmante. Síntome esquecida, soa na Lúa. Fantasía, soño, engano de agonía cega.
22 esopías
Por primeira vez, e en vista do éxito que tivera noutros centros o concurso de esopías, decidímonos a mergullarnos nel colaborando conxuntamente o Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Matemáticas co fin de demostrar, unha vez máis, que a lingua galega e os números fan boa compañía.
O resultado foi sorprendente. Tanto que nos animamos a editar esta escolma coas 22 esopías que máis nos chamaron a atención e que son unha boa mostra das dificultades que tivo o xurado para escoller aos premiados. Calquera das creacións que se poden ver aquí é merecedora do noso recoñecemento.

24 de abr. de 2014
Entrega dos diplomas aos gañadores do concurso de esopías
Velaquí os están, os gañadores do concurso de esopías que realimos este ano no ENDL:
Juan Ares, Silvia Escuredo, David Cabaleiro, Mariña Castro (todos eles de 3º B, unha gran fornada) e Álvaro Villar (de 4ºA)
Juan Ares, Silvia Escuredo, David Cabaleiro, Mariña Castro (todos eles de 3º B, unha gran fornada) e Álvaro Villar (de 4ºA)
23 de abr. de 2014
Gañadores do concurso de esopías 2014.
Estas son as esopías gañadoras. En primeiro lugar, a que levou o primeiro premio:
De seguido, as finalistas:
De seguido, as finalistas:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)