Amosando publicacións coa etiqueta Raúl Gómez Pato. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Raúl Gómez Pato. Amosar todas as publicacións

26 de mar. de 2014

Un poema Raúl Gómez Pato para o Día da Poesía


Noutras entradas xa informáramos da vistita do poeta Raúl Gómez Pato, acompañado do guitarrista Héctor Lorenzo, o pasado 21 de Marzo para celebrar o Día da Poesía.
Neste vídeo da AELG Raúl Gómez Pato conta as razóns polas que comenzou a escribir.
Moitas outras cousas nos contou e recitou o pasado venres. Temos un recordo moi especial das cancións de Héctor Lorenzo, quen a pesar de ter problemas coa gorxa, fixo o esforzo de cantarnos varias poesías. Así fomos quen de comprobar o ben que soa a poesía cando vai acompañada dunha guitarra.

Un dos poemas que nos recitou Raúl foi o seguinte, ambientado nun autobús, camiño dunha excursión dun insituto. Fíxonos lembrar o funesto decreto para o plurilingüismo e a divulgación do cosmopaletismo que a el vai asociado. Vai o poema.

-¿E que che dixo?
-Díxome que bailaba moi ben e adiós.

Castelao

Foi na excursión de terceiro
Por fin na que,
Estreando uns Lee
Mirou para ela
A través das cervexas
Que lle alumeaban nas pálpebras.
Despoxouse entón da chepa
Da pesada timidez,
E xusto cando o bus
Fumegaba para partir
Espetoulle nos beizos
Unha pregunta sen resposta
Nun inglés incomprensible
Que nin el mesmo entendía
Pero que quedaba que nin dios:
Do you think I’m sexy, baby?

A casa deshabitada da familia Pena

O pasado 21 foi o Día da Poesia. Nós celebrámolo cunha moi agradable sesión acompañados de Raúl Gómez Pato, poeta, e Héctor Lorenzo, músico.
Para comenzar a xornada un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato fixo unha representación teatral dunha das obras de Gómez Pato: A casa desehabitada da familia Pena
Desafortunadamente non temos fotos da representación, pero acompañamos unha na que algún dos actores aínda non se cambiara de roupa.

Ben curiosa é a presentación que se fai deste libro de poesía:
Particular VENDE CASA de pedra para RESTAURAR, soleada e cerquiña da praia. Seis habitacións, tres cuartos de baño, salón-comedor con lareira, cociña, faiado e soto. Amplo xardín con magnolio e horta de cenorias. Prezo interesante. Posibilidade de venta cos seus mobles antigos e documentos orixinais. Razón no bar Prata e Ouro, rúa da Pena, s/n.

Outra alumna de 1º de Bacharelato, Rocío Fernández Cuíña, fainos este comentario do libro:

Este libro de poesía de Raúl Gómez Pato por dicilo dalgunha maneira vai recompilando os distintos versos dos membros da familia Pena onde tratan distintos temas como son a marcha ó estranxeiro, que neste caso foi á Habana, cando moita xente se ve obrigada á emigración e a soidade que senten estando alí. Outros temas que tratan é as saudades que teñen deles os que aquí quedan, a morte e o suicidio.
Os que máis me gustaron quizais sexan o primeiro que se atopa no prólogo e os de Paula Quintana Boedo e Aquilina Piñeiro Riola. Este libro en especial non me gustou tanto pero si a forma na que se compoñen algúns dos versos.

25 de mar. de 2014

Día da Poesía na prensa

 No Faro de Vigo comentaron a visita que o poeta Raúl Gómez Pato nos fixo o pasado venres para celebrar o Día da Poesía, acompañado do músico Héctor Lorenzo. Velaquí recollemos a noticia:

O día, onte, escribiuse en versos. A comarca celebrou en Día da Poesía da mellor forma que se puido facer, honrándoa a través do recitado de poemas.