A Asociación de Escritores en Lingua
Galega, con moi bo sentido e aproveitando que o 24 de febreiro se celebrou o
150 aniversario da primeira edición de “Cantares Gallegos”, sacou a idea
de instaurar esa data como Día de Rosalía que ano a ano vense celebrando nesa
data. Dende o EDL do IES Pintor Colmeiro pretendemos que o noso alumnado valore
e empregue a lingua galega coma unha lingua máis. Nas Xornadas de Formación dos
EDLG , SUMANDO ESPAZOS, ESPALLANDO LINGUA que se celebrou o 26 de xaneiro
no Pazo de San Roque , tomamos nota de varíos recursos para seguir espallando a
nosa lingua.
Nesta ocasión o alumnado de 1º e 2º da ESO
elaborou coa coordinación do EDL e o profesorado titor, unha actividade que
consta de dúas partes. Na primeira parte, cada alumno/a fai corresponder unha
estrofa de Rosalía cunha imaxe tomada por eles e relacionada coa temática
social ou sentimental desa estrofa .
Na segunda parte, co material recollido,
construímos unha instalación chamada " O tendal de Rosalía" . As imaxes
e a narrativa forman parte conceptualmente do eido afectivo- emocional igual
que as roupas e teas que vestimos.