Amosando publicacións coa etiqueta Francisco Fariña Busto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Francisco Fariña Busto. Amosar todas as publicacións

24 de mar. de 2015

Visita de Francisco Fariña Busto

O mércores 18 de marzo, visitounos D. Francisco Fariña Busto, arqueólogo e membro da Xunta Reitora do Museo do Pobo Galego, para supervisar e interesarse polo proxecto da microtoponimia que estamos a realizar. Foi unha visita amena na que Fariña Busto nos agradeceu o traballo que estamos a realizar, despois de informalo de como se estaba desenvolvendo o traballo. Nós tamén lle estamos agradecido a el pola súa amabilidade e, no seu nome, ao Museo do Pobo Galego pola súa implicación económica e moral no patrocinio e realización deste proxecto.