Ana Colmeiro Corral, alumna de 1º de bacharelato do noso centro, é a protagonista da portada do boletín de Kalandraka. Parabéns!
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta lectura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura b>. Amosar todas as publicacións
1 de abr. de 2015
10 de maio de 2014
Estudantes de lenda
Noticia recollida do Faro de Vigo o 02/05/14:
Dúas alumnas do instituto Pintor Colmeiro presentan o último libro de Rosa Aneiros en Santiago e outra forma parte do tribunal do premio Xerais de literatura xuvenil
Quen sementa recolle. Nos últimos anos, o departamento de Lingua e Literatura Galega do instituto Pintor Colmeiro, de Silleda, realiza un labor de fomento da lectura baseado no coñecemento directo dos autores e no uso das ferramentas sociais para intercambiar reflexións sobre os contidos. Os resultados xa se deixan ver: tres alumnas participan na presentación das últimas creacións literarias de Rosa Aneiros e de Carlos Negro.
2 de maio de 2014
Denise e Alba na Feira do Libro de Santiago
O pasado 29 de abril Denise Varela e Alba Moreira, acompañadas pola profesora Gracia Santórum, participaron na presentación da triloxía de Rosa Aneiros Ámote Leo A.
Manuel Bragado, o director da editorial Xerais, comentou o acto coas seguintes palabras, tiradas do seu blogue Brétemas:
na presentación da triloxía de Aneiros, onde Denise Varela e Alba Moreira, integrantes do Clube Lectura pola Igualdade do IES de Silleda, opinaron sobre os dous volumes publicados e conversaron coa autora con sinceridade e profundidade sobre o texto literario. Rosa Aneiros confesou ao remate dunha conversa engaiolante para os asistentes, que «nos clubes de lectura as autoras enfrontámonos directamente ás novas xeracións». O de onte foi un serán de festa para a lectura, a Xeración da Esperanza tamén está nas lectoras novas. Saímos felices da feira.
21 de dec. de 2013
Huguin e Munin: o proceso dunha edición feita con cariño
Alejandro ofreceunos información ben interesante sobre o mundo da edición. Contounos, por exemplo, que de cada 15 libros que compramos os galegos 14 son libros en castelán e só un en galego. Contra o que escoitamos habitualmente polos medios de comunicación a pouco que nos paremos a reflexionar sobre a realidade mais próxima, evidénciase a desigualdade entre as linguas.
Outro apuntamento: cada ano as máis de 100 editoriais existentes en Galicia publican por volta do 2.500 novos títulos en galego. Os datos poden levarnos a engano se non temos en conta que dúas delas fan case a metade de todos eses libros. Son Xerais e Galaxia. Alejandro comparou esta situación co mundo do fútbol, estas dúas editorias viñan a ser algo así como se un Barça e un Madrid levasen a metade dos puntos da Liga. Porén, seguindo co símil futbolístico, hai xogadores de primeira que fichan nas editoriais pequenas. Este é o caso de Huguin e Munin, unha editorial nova centrada na tradución de libros ao galego.
Sobre a tradución de libros
A día de hoxe hai aproximadamente 4.000 obras doutras linguas traducidas ao galego. O 95% delas foron feitas a partir do ano 1981, o da aprobación do Estatuto. Este feito ten unha enorme importancia para a tradución pois fixo que Galicia comenzara a ter algo de peso no mundo da tradución e pon de manifesto a importancia de termos institucións que recollan e defendan as nosas necesidades.De seguido fíxose un repaso pola historia da tradución dos últimos 30 anos destacando dúas datas. Unha, a de 1992, cando se crea a licenciatura de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo e outra, no 2005, o momento da gran expansión da tradución ao galego.
Huguin e Munin é unha editorial pequena e para competiren coas grandes deben ofrecer un produto especial. Editan únicamente traducións. Alejandro e Isabel explicaron con moitos exemplos o laborioso e coidadoso proceso da edición dun libro, desde o proceso de tradución ata as múltiples revisións. Comentaron que usan unha linguaxe de programación, LaTeX, que lles permite traballar ata o máis mínimo detalle da edición. Parece ser que ésta é a misma linguaxe que se usa para escribir os complexos textos cargados de fórmulas dos libros e soportes informáticos.
A metodoloxía que seguen no proceso de edición dun libro é moi minuciosa. Puxéronnos exemplos de cousas que procuran evitar e sobre as que nós nunca nos pararíamos a pensar cando collemos un libro. Por exemplo, non permiten que varias liñas consecutivas rematen coa mesma letra, tamén evitan rematar unha páxina cun parágrafo que conteña só unha liña ou, alternativamente, evitan comenzar unha páxina cunha liña viúva (a última liña dun parágrafo).
E non vexades as voltas que lles dan ás cubertas!: as cores, as ilustracións, as lapelas, unha coa información sobre o autor e outra cunha breve introdución ao libro...
O traballo non remata nunca
Cando o libro chega ás mans dos lectores o traballo continúa. Por moito que sexa o coidado que se puxo na edición do texto, sempre cabe a posibilidade de que se detecte algún erro. Vólvese a revisar o libro impreso co fin de que, ao facer unha segunda edición, ésta se imprima cos erros corrixidos.
Imaxes da presentación
Alejandro e Isabel deixáronnos algunhas das imaxes que utilizaron na explicación que nos deron sobre o proceso de edición que seguen na editorial Huguin e Munin e nós fixemos unha presentación con elas para ilustrar esta xornada.
20 de dec. de 2013
Regala galego
Polas fotos, podemos comprobar que quedaron encantados coas propostas lectoras.
10 de dec. de 2013
Regala galego. Primaria
A Coordinadora de ENDL do Morrazo pediunos que divulgáramos estas recomendacións para agasallar lecturas en galego. Aquí podemos atopar boa parte do publicado no último ano.
O traballo pareceunos excepcional, por iso queremos compartilo con todo o mundo.
Regala galego. Infantil
A Coordinadora de ENDL do Morrazo pediunos que divulgáramos estas recomendacións para agasallar lecturas en galego. Aquí podemos atopar boa parte do publicado no último ano.
O traballo pareceunos excepcional, por iso queremos compartilo con todo o mundo
19 de xuño de 2013
Abano literario
Se onte vos amosabamos o vídeo de recomendacións literarias entre alumnado de Forcarei e Silleda, hoxe traemósvos o abano lector que realizamos para a ocasión e que será repartido entre o alumnado durante esta semana. Como vedes, esta non é unha guía de lectura máis. Esta é unha guía de lectura para usar neses días de calor abafantes que todo o mundo agarda ansioso -nós non- para marchar á praia, á piscina, ao río... e falar dunha calor que derrete. Xa vedes, nós preocupámonos non só da vosa saúde mental, senón tamén da física, polo que vos ofrecemos un só produto con dobre indicación. Que máis se pode pedir?
E este é o resultado...

Instrucións de pregado Paso 1: Recortar o documento A3 ata ter unha elipse estrelada (é importante fixarse nas marcas que hai na cara interior do abano, na que están os libros) Paso 2: Coa cara principal cara arriba, dobrar ao medio en val de forma que a portada quede oculta. Paso 3: Abrir de novo e poñer a elipse cos libros cara arriba. Facer un dobre pregamento en val usando as marcas que viñan no documento inicial. Por suposto, é moi importante marcar ben os pregamentos. Doado, non?
E este é o resultado...

Instrucións de pregado Paso 1: Recortar o documento A3 ata ter unha elipse estrelada (é importante fixarse nas marcas que hai na cara interior do abano, na que están os libros) Paso 2: Coa cara principal cara arriba, dobrar ao medio en val de forma que a portada quede oculta. Paso 3: Abrir de novo e poñer a elipse cos libros cara arriba. Facer un dobre pregamento en val usando as marcas que viñan no documento inicial. Por suposto, é moi importante marcar ben os pregamentos. Doado, non?
Encontros coa poesía: Vázquez Pintor
Lucía e Rebeca, alumnas de 1º de bacharelato, tiveron a oportunidade de coñecer a Xosé Vázquez Pintor. O escritor foi tan xeneroso e amable que estivo en Silleda coas dúas alumnas, pasando unha tarde ben agradable.En palabras de Lucía:
Pareceume unha boa idea dende o primeiro momento, xa que é unha boa maneira de achegarnos ao mundo da poesía e os seus autores. Foi moi agradable a experiencia de contactar cun autor coma Don Xosé e ensinarlle Silleda, onde nós vivimos, e onde el había tempo que non estaba. Despois de facerlle a entrevista gozamos nun dos bares de Silleda dun refrixerio e da súa compaña, así como tamén das anécdotas que nos foi contando co transcurso da tarde.
21 de maio de 2013
Benvido Xabier Docampo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

