Amosando publicacións coa etiqueta álbum ilustrado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta álbum ilustrado. Amosar todas as publicacións

22 de abr. de 2016

Memorias dun neno labrego. Álbum de 2ºB

O alumnado de 2ºB do IES Pintor Colmeiro (Silleda) do curso 2015-16 realizou este álbum ilustrado sobre a obra de Xosé Neira Vilas, "Memorias dun neno labrego"

Memorias Dun Neno Labrego (2ºB)

21 de abr. de 2016

Memorias dun neno labrego. Álbum ilustrado de 2ºA

O alumnado de 2ºA do IES Pintor Colmeiro (Silleda) do curso 2015-16 realizou este álbum ilustrado sobre a obra de Xosé Neira Vilas, "Memorias dun neno labrego"

Memorias dun neno labrego (2ºA)

Resalgario. Álbum de 1ºC


O alumnado de 1º C do IES Pintor Colmeiro (Silleda), entre as actividades derivadas súa lectura, realizou este álbum ilustrado sobre o libro de Antonio Reigosa, "Resalgario"

20 de abr. de 2016

O misterio das badaladas. Álbum de 1ºB

O alumnado de 1º B do IES Pintor Colmeiro (Silleda), entre as actividades derivadas súa lectura, realizou este álbum ilustrado sobre o libro de Xabier P. Docampo "O misterio das Badaladas"

19 de abr. de 2016

Dúas bágoas por máquina. Álbum de 1ºA

O alumnado de 1º e 2º da ESO estivo realizando álbums ilustrados dos libros que leron. Este foi o caso dos alumnos de 1ºA, que leron o libro de Fina Casalderrey, dúas bágoas por máquina. Velaquí o traballo que realizaron.

5 de xuño de 2013

Dúas bágoas por máquina

Fina Casalderrey_Máquina_1º A Copy by As Ferreiras Silleda

Fina Casalderey é unha das autoras de referencia na LIX. Estivo no IES Pintor Colmeiro o 03/06/2013 para inaugurar unha aula co seu nome. O alumnado de 1ºA do curso 2012-13 agasallouna con este álbum ilustrado do seu libro "Dúas bágoas por máquina" editado por Xerais que foi premio Merlín 1991.

3 de xuño de 2013

Resalgario

"Resalgario" é un libro de Antonio Reigosa editado por Xerais. Pero o que temos aquí é a versión que os alumnos do IES Pintor Colmeiro (SIlleda) fixeron nun álbum ilustrado que lle regalaron ao autor con motivo da súa visita o 22/05/2013 ao centro. Durante esa visita inauguramos unha aula co nome do escritor.

1 de xuño de 2013

O noso álbum do "Misterio das badaladas"

Xabier Docampo_album_O misterio das badaladas_1º B by As Ferreiras Silleda

Esta é a versión que o alumnado de 1ºB fixeron do libro "O misterio das badaladas" de Xabier Docampo. Entregáronllo o 13/05/2013, o día que o escritor visitou o noso centro e inaugurou unha aula co seu nome. Debido ao frenético traballo que estamos a realizar no Equipo de Normalización, tardamos un par de semanas en colgalo no blogue e non sabemos como, pero este traballo do noso alumnado xa leva máis de 1.000 visitas.

15 de maio de 2013

O misterio das badaladas

Xabier Docampo estivo  no centro para inaugurar unha aula co seu nome, a de 1ºB. O alumnado dese grupo quixo ademais agasallalo cun álbum ilustrado realizado por eles mesmos sobre o libro O misterio das badaladas. Presentamos aquí ese traballo, cómpre bortarlle un ollo pois é ben bonito.