Ana Colmeiro Corral, alumna de 1º de bacharelato do noso centro, é a protagonista da portada do boletín de Kalandraka. Parabéns!
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta boletín b>. Amosar todas as publicacións

1 de abr. de 2015
25 de mar. de 2015
Boletín do ENDL do Colmeiro para as familias.2
Esta semana repartimos o segundo boletín para as familias no que se explican algunhas características do uso da lingua no entorno máis próximo. En concreto fálase dalgúns datos sobre o uso do galego por parte dos establecementos comericais e das administracións en Silleda.
Tamén se informa sobre algunhas ideas sociolingüísticas como son a necesidade de incrementar o grupo dos galegofalantes desbotando referencias terminolóxicas prexuizosas como a de asumir que a nosa fala é un castrapo. Unha outra referencia consiste nun apunte sobre a diglosia, que se contrapón á normalización.

20 de feb. de 2014
Día da lingua materna 2014 (editable)
Na anterior entrada xa comentabamos que este tríptico foi realizado en colaboración co IES Chano Piñeiro co fin de informar ás familias do alumnado sobre en que consiste o 'Día da Lingua Materna' instaurado pola Unesco desde hai 14 anos.
Por se nalgún outro centro quixeran utilizar este material, basta con que descarguen esta versión editable do tríptico

10 de dec. de 2013
Regala galego. Infantil
A Coordinadora de ENDL do Morrazo pediunos que divulgáramos estas recomendacións para agasallar lecturas en galego. Aquí podemos atopar boa parte do publicado no último ano.
O traballo pareceunos excepcional, por iso queremos compartilo con todo o mundo
28 de nov. de 2013
A LOMCE resta aínda máis galego
Tríptico da Coordinadora Galega de ENDL explicando como afectará a LOMCE ao uso e prestixio do galego no sistema educativo. Cómpre botarlle unha ollada.
13 de abr. de 2012
Tarxeta para as familias sobre o uso do galego
Acabamos de entregar estas tarxetas para informar ás familias dos resultados máis importantes do estudo sociolingüístico que o Equipo de Normalización realizou este curso.
Tarxeta Pais.1
Nesta tarxeta destacamos que as familias son o máis importante factor de transmisión e mantemento da lingua e que o estudo revela que en prácticamente un 70% das casas dos pais dos alumnos da ESO do IES Pintor Colmeiro a lingua habitual de uso é o galego. Por iso agradecemos este compromiso dos pais do alumnado do noso centro coa lingua e invitámolos a que continúen a sentirse orgullosos dela. Porén tamén lle damos relevancia a un estudo do Instituto Galego de Estatística do ano 2001 segundo o cal o uso do galego naquela altura no conxunto do concello de Silleda se situaba no 92%. Isto último indícanos que houbo un forte retroceso nestes últimos 10 anos polo que consideramos que cómpre renovar con máis forza que nunca a implicación das familias para asegurarmos un presente e un futuro para a nosa lingua.
O estudo completo, que xa publicáramos no seu dia pódese consultar aquí:

9 de feb. de 2012
Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-2012
Velaquí vos deixamos o estudo sociolingüístico que fixemos sobre o alumnado da ESO do instituto
Estamos preparando a edición dunha tarxeta co máis destacable do que aparece neste boletín para entregarlla a pais e alumnos.

21 de dec. de 2011
Boletín 1
É unha publicación modesta, pero coas túas achegas seguro que medrará. Vai aquí a edición dixital do noso boletín que estivemos repartindo onte polas aulas.
Tamén temos os carteis "Aquí atendendemos en galego" tal e como podedes ver na foto.
Volvemos a desexarvos a todos que teñades unhas boas vacacións... e descansade para a segunda avaliación.
Grazas a todos os que coláboráchedes ata o momento. Animámosvos a que nos deades a vosa opinión premendo no apartado dos comentarios das mensaxes do blogue. Ata xaneiro.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)