Non están os tempos para felicitacións, senón para reivindicacións.
Así que neste nadal, ésta é a nosa postal, a reivindicación da nosa lingua por medio do recitado colectivo do poema Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro.
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
21 de dec. de 2012
Musicando a Celso Emilio Ferreiro
Ao sabermos que Eloi Fidalgo Fraga era todo un artista, aproveitámonos del. Como? Pedíndolle que lle puxese música para o poema de Celso Emilio que recitamos o 12-12-12 ás 12 e cuxo vídeo imos publicar de seguido.
Podedes comprobar que este mozo ten moito futuro.
20 de dec. de 2012
Taboleiro de decembro do 2012
Podedes comprobar como neste mes a presenza de Celso Emilio foi continuada. Celebrábase o centenario do seu nacemento e ademais de traballos audiovisuais fixemos carteis sobre o escritor de Celanova.
Ademais disto, como vén sendo habitual, podedes ler in situ, o terceiro número da revista para pais Ollos de aula, da Coordinadora Galega de ENDL
Reinterpretando a Celso Emilio Ferreiro 2
Desta volta vén o traballo dos alumnos de 4º B: Noelia Amigo, Alba Moreira, Rubén Cacheda e Jonathan Vilanova que nos dan a súa visión do poema "Espranza" de Celso Emilio Ferreiro. Grazas aos catro:
19 de dec. de 2012
Reinterpretando a Celso Emilio ferreiro 1
Quixemos aportar o noso gran de area antes de rematarmos o ano Celso Emilio. De momento, aí van dous traballos de dous poemas do alumnado de 4º de ESO B Creo que chegarán máis.
Grazas: Andrés,
Andrea, Marina, Javier:
Grazas "Pepe"!:
Andrea, Marina, Javier:
Grazas "Pepe"!:
18 de dec. de 2012
Gústame o facebook en galego
Tes conta de facebook? Seguro que non a tes configurada en galego. Sigue estes tres simples pasos e terás os menús avisos,... en galego.
Simple, rápido,... a que esperas?
Simple, rápido,... a que esperas?
17 de dec. de 2012
Ledicia Costas e Montse Pena no Colmeiro
As escritoras Ledicia Costas e Montse Pena estiveron connosco o pasado 28 de novembro compartindo as súas ideas sobre a literatura e presentando as súas obras. Da primeira delas xa deixamos neste mesmo blogue unha pequena entrevista en vídeo. Coa segunda traballamos un obradoiro de poesía.
O alumnado de 4º da ESO leu unha obra de Ledicia Costas, Corazón de Xúpiter.
Os rapaces de 2º da ESO mergulláronse na lectura dun libro de Montse Pena, Unha estrela no vento
14 de dec. de 2012
Ledicia Costas no Colmeiro
Con este vídeo queremos anunciar tamén que estamos detrás dun proxecto que se chamará Colmeiro TV. Nel podedes ver unha interesante entrevista a Ledicia Costas grazas ás alumnas Sonia Framiñán e Martina Rodríguez.
Ledicia Costas fálanos entre outras cousas da lingua. Dinos que está en crise absoluta. Transmite a idea de que é parte da falta de valores na sociedade actual.
13 de dec. de 2012
Abraham Carreiro ensínanos a debuxar a Xoeliqui
O debuxante Abraham Carreiro estivo o pasado 22 de novembro no noso centro. Velaquí unha parte das súas explicacións de como facer os debuxos de Xoeliqui
Andazo de orellóns
Aproveitamos a epidemia de parodite que se detectou no noso centro para recuperar unha denominación propia da nosa lingua desa enfermidade: os orellóns. A orixe desta palabra é ben evidente pois unha das súas características principais é a inflamación das glándulas salivares parótidas que se achan debaixo das orellas.
Trátase dunha enfermidade vírica altamente infecciosa que se transmite polas gotas de tose e dos espirros ou mesmo pola respiración nun ambiente pechado no que haxa algún infectado pola enfermidade. Por esta razón recoméndase que ante a máis mínima sospeita non se acuda a clase ata estar completamente recuperado.
Na imaxe, o virus culpable do andazo

12 de dec. de 2012
Abraham Carreiro explicounos como facer unha banda deseñada
Non é sen tempo, tivemos un pouco parado o blogue nos últimos días, pero pretendemos volver a darlle corda.
A primeira anotación vai sobre a visita que tivemos o pasado 22 de novembro. Abraham Carreiro, debuxante. Moitos coñecederes as aventuras de Xoeliqui. Abraham explicounos quen son todos os personaxes destas aventuras da literatura xuvenil.
Ademais do ciberpirata, seguro que vos soan Mr. Virus, Maverick, Aric, Barbabranca, Centulo.
O máis interesante foi que Abraham Carreiro non só nos fixo unha introdución e unha invitación á lectura de Xoeliqui, senón que nos foi debuxando da todos os protagonistas destas aventuras.
Para completar, podedes, desde aquí, descargar en pdf unha publicación na que colaborou este debuxante, H2Oil. Trátase da edición facsimilar dixital da banda deseñada sobre a catástrofe do petroleiro Prestige. Contén obras dun total de 65 autores.

10 de dec. de 2012
12/12/12/12
Nós tamén participamos na iniciativa da CGENDL para conmemorar o centenario de Celso Emilio Ferreiro.
O vindeiro 12/12/12 ás 12:00 estaremos recitando Deitado frente ao mar, xunto a unha chea de centros que tamén se uniron a esta celebración.
Ademais estamos preparando un vídeo para deixar memoria audiovisual do acontecemento...

6 de dec. de 2012
Ollos de aula nº 3
Deixámosvos aquí o terceiro número da revista 'Ollos de aula', redactada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Como nos números anteriores, hai varias recomendacións interesantes da nosa profesora Gracia. Tamén podes atopar un pequeno artigo sobre o incumprimento por parte da Xunta dos seus deberes en materia de política lingüística. Ollos de aula. Nº 3

4 de dec. de 2012
Mollarse contra a violencia machista
O martes 27 de novembro realizamos unha cadea humana en contra da violencia de xénero: unha cadea que unía o IES Colmeiro co colexio María Inmaculada. Os sinais de prohibido o paso das fotos veñen ben a conto; parece que os colocamos nós para indicarlle aos violentos que deben parar e dar marcha atrás.
Como vedes nas imaxes, puxémonos pingando.
Como vedes nas imaxes, puxémonos pingando.
26 de nov. de 2012
Dous vídeos para reflexionar sobre violencia contra as mulleres
Ben saberedes todos que o 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero.
Desde o Colmeiro quixemos colaborar con estes vídeos elaborados polas alumnas de 1º de Bacharelato de Ciencias.
A primeira curta ten como finalidade reflexionar o que supón vivir nun fogar onde a violencia está presente: esta transmítese coma se estivese nos xens.
Nón á violencia contra as mulleres. Sobre a violencia física na familia from trafegandoronseis on Vimeo.
A segunda ten como finalidade reflexionar sobre un tipo de violencia máis invisibilizada pero non menos perigosa: a violencia psicolóxica.

25 de nov. de 2012
Taboleiro. Novembro 2012
Destacamos as actividades do Día da Ciencia en Galego: o Volcán científico, a Videoconferencia da CGENDL e a conferencia de Olimpio Arca Caldas sobre Ramón Verea [1, 2, e 3]
Tamén colocamos en lugar destacado o nº 2 da revista Ollos de aula
Podemos consultar diversas convocatorias que se fan desde o Concello de Silleda
22 de nov. de 2012
As Ferreiras no facebook. Apúntate!
É de supoñer que moitos xa vos decatáchedes de que temos un perfil de facebook. Se queredes enterarvos das novas relativas ao ENDL do IES Pintor Colmeiro, basta con que vos acheguedes por aquí e solicitedes amistade. Tamén podedes premer no icono de facebook que anda pola columna da dereita. Seredes ben recibidos.
Para poder manter o portal de facebook ao día compría que alguén se encargara del. Durante este curso temos unha voluntaria, Rebeca Sesto (2º bacharelato B) á que podemos ver aquí en pleno traballo. Se vos fixades ben na foto comprobaredes que ten que usar unha calculadora para levar a conta das innumerables peticións de amistade que está a xestionar.

20 de nov. de 2012
Roteiro: 'Os fillos do mar'
O xoves 8 de novembro acheghámonos ata Vigo par visitar a Pedro Feijóo e participar no roteiro dese libro que tanto éxito está a ter entre o noso alumnado: 'Os fillos do mar'. Velaquí como foi a xornada.
19 de nov. de 2012
18 de nov. de 2012
O vicio de ler. 2
Se o outro día amosávabos o alumnado de Bacharelato de Letras lendo este libro que os ten encandilad@s, as nenas do Bacharelato de Ciencias non ían ser menos. Hai que recoñecer que son elasticamente lectoras! Que prodixio de piruetas! Polo que vemos aquí, aínda que suspendan Lingua Galega, teñen o Sobresaliente de Educación Física asegurado!!!
17 de nov. de 2012
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Se seguides algo este blogue saberedes que o biógrafo de Ramón Verea, o inventor da primeira calculadora que realizaba produtos directamente, estivo connosco nunha das actividades coas que este ano celebramos o Día da Ciencia en Galego. O mestre Olimpio Arca Caldas ilustrounos co seu profundo saber sobre o inventor galego e explicounos que o seu obxectivo fundamental era dar a coñecer a historia que nos roubaron para que non teñamos orgullo de nós mesmos. Por iso deixounos para que compartísemos a presentación que nos ofreceu xunto coas súas notas.
Desde o Equipo de Normalización do noso centro non temos outra cousa máis que palabras de agradecemento por permitir que toda a comunidade internauta poida coñecer de máis sabe sobre Ramón Verea a biografía deste inventor.
A seguir o relatorio desta presentación.

15 de nov. de 2012
Olimpio Arca fala de Ramón Verea
O pasado xoves 8 de novembro, como unha máis das actividades arredor do Día da Ciencia en Galego visitounos Olimpio Arca Caldas, autor da máis completa biografía de Ramón Verea, o inventor da primeira máquina de calcular que realizaba os produtos directamente alá polo ano 1878.
Olimpio lémbranos que debemos recuperar a nosa historia. Os libros de texto falan de Isaac Peral como inventor do submarino, de Juan de la Cierva como inventor do autoxiro. Porén non falan de José Rodríguez, o matemático de Bermés, nin de Domingo Fontán, o xeógrafo de Portas, ou como é o caso que nos ocupa, de Ramón Verea, quen fixo un dos avances máis importantes na historia do cálculo.
13 de nov. de 2012
Ramón Verea estivo no noso centro
O pasado xoves 8 os grupos de 4º da ESO asistiron a unha conferencia arredor da figura de Ramón Verea, o galego que inventou no 1878 a primeira máquina de calcular que realizaba produtos e divisións directamente. Tivemos a sorte de contar coa persoa que máis sabe sobre Ramón Verea, o seu biógrafo, Olimpio Arca Caldas.
Esta conferencia era unha máis das actividades do 'III Día da Ciencia en Galego' , unha celebración que reivindica o uso da nosa lingua nas clases de tecnoloxía, física e matemáticas.
O primeiro que fixo Olimpio foi preguntar por Moalde. Claro que sabían onde quedaba esta parroquia de Silleda! Pois á beira hai outra da Estrada, Curantes. De alí era Ramón Verea, en concreto do lugar de Esmorís. Hoxe no adro da Igrexa de San Miguel hai unha escultura como a que nos trouxo o mestre Olimpio que lembra este veciño ilustre, Ramón Verea.
Houbo máis preguntas por parte do conferenciante. "Quen é do Barcelona?" Unha chea de mans erguidas, algunhas caras de disgusto. "Quen é do Real Madrid?" Os descontentos erguen orgullosamente as mans, os outros protestan. "Pois moi mal! Facedes moi mal! Todos vós tiñades que ser do Feminino de Silleda. Eu vivín un tempo en Barcelona e alí ninguén falaba do Deportivo nin do Celta. Estaban orgullosos do seu!"
Outra das ideas nas que máis insistiu D. Olimpio Arca foi en que nos roubaran a historia, "os galegos descoñecemos a nosa historia e así non nos pode ir ben". Contou que en todas as escolas se fala do submarino de Isaac Peral que hoxe é o buque insignia de Cartaxena. Todos os libros de texto falan do autoxiro de Juan de la Cierva. Dá a impresión de que os galegos non somos quen de inventar nada. Non é así. O que pasa é que se nos escondeu a impresionante figura de Ramón Verea.
Así como os alumnos sabían de Lamela, tamén tiñan noticia de Bermés, parroquia do veciño concello de Lalín. Mais non sabían nada do matemático de Bermés, José Rodríguez, que estuda en París e realiza diversos traballos de carácter internacional pois fai traballos de medición do globo terrestre. A súa estela sería continuada por Domingo Fontán, o xeógrafo de Portas. É unha mágoa que estes científicos, tan importantes, nos resulten completamente descoñecidos.
Olimpio relatounos con paixón a vida do inventor: desde as súas aventuras na nenez, os estudos en Compostela, a súa marcha a Cuba. Falounos de Verea en Nova York. Amosounos os planos da calculadora, unha fotografía da mesma. Despois Verea estaría algún tempo en Guatemala e finalmente acabaría os seus días en Buenos Aires. Nacera no ano 1833 e morreu no 1899. O noso compromiso é non esquecelo e tomar exemplo del.
E que é o que podemos facer nós? En concreto, que foi o que lle aconsellou Olimpio Arca aos alumnos? Moi simple: "á vosa idade tedes que estudar, estudar moito". A pesar desta última petición recibiu unha chea de aplausos.
É de supoñer que moitos vos decataríades de que nas fotos desta entrada hai unha escultura ben grande. É obra de José Molares, un escultor de Vigo. Fixo esta obra para unha homenaxe que se lle adicara a Ramón Verea no concello da Estrada. Non vaiades pensar que está oca. Preguntádelle a Pedro Segade o que pesaba. Nesta foto sae sorrinte e suoroso despois do esforozo do traslado de Ramón Verea polo noso centro.
Para saber máis:
Olimpio Arca Caldas escribiu unha biografía de Ramón Verea que foi publicada polo Foro Enrique Peinador. Temos un exemplar desta biografía na biblioteca, donado por este Foro ao IES Colmeiro (cousa que lle agradecemos enormemente).
Pero se quixeras consultar esta biografía ten en conta que tamén está dispoñible en internet:
Ramón Verea. Inventor estradense

Algunhas razóns para asistir á folga do 14 de novembro
ALGUNHAS RAZÓNS PARA ASISTIR A FOLGA DO 14 DE NOVEMBRO
-O goberno abarata o despido mediante a reforma laboral, e o fai máis fácil, máis barato e máis rápido. -Facilita o despido colectivo dos traballadores da administración pública.
-Fomenta as privatizacións dos servizos -públicos como o transporte, sanidade, educación e comunicación. .Dase todo o poder ao empresario (máis flexibilidade interna)
-Reduce as prestacións por desemprego -Perxudica gravemente a negociación colectiva. -Perxudican o emprego público.
-Fomentan a precariedade dos xovenes
-Ventaxas as grandes empresas -Aumentan de impostos aos cidadáns (IVE, IRPF)
-Copago farmacéutico -Paralizan a lei de dependencia.
OS MOTIVOS NA EDUCACIÓN PÚBLICA
-Recorte de 4000 millóns de euros a escola pública
-Creación de novas selectividades económicas e académicas para acceder á FP de Grao Superior e á universidade. -
-Despedimento salvaxe de máis de 50.000 docentes.
-Subidas de taxas universitarias de ata un 66% respecto ó curso anterior.
-A imposición de tres reválidas (probas selectivas)
-A imposición de taxas de matriculación de centos de euros ó estudantado de Formación Profesional
-A creación de itinerarios da máis baixa cualificación desde 3º da ESO
A CULTURA APOIA A FOLGA DO 14 DE NOVEMBRO
Escritores,actores,cantantes e profesores mostran o seu apoio neste vídeo
por Andrés Seoane Pena, 4º A

Como foi a videoconferencia 'Facendo física de partículas polo mundo'
94 centros escolares de toda Galicia conectáronse o pasado martes entre as 12:30 e as 13:30 por medio dunha plataforma da USC.
5.760 alumnos tiveron a posibilidade de coñecer o traballo que están a desenvolver no CERN a grupo de físicos galegos que están no cumio da investigación mundial. Patricia Conde (Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN), Olalla Castro (Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos), Abraham Gallas (Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN), Carlos Salgado (Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo) e Cibrán Santamarina (Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN).
Nun principio estaba previsto que o seguimento da videoconferencia se fixera desde dúas das aulas multimedia xa que a cantidade total de alumnos, 84, non collería nunha das aulas. Ao final, un dos PCs dounos problemas e tivemos que xuntarnos todos nunha aula.
Ésta xa é a terceira experiencia deste tipo que organiza a CGENDL. Nas edicións anteriores do 'Día da Ciencia en Galego' tamén participamos das vídeoconferencias. A do ano 2010 titulábase "Do CERN a Compostela". Na edición do ano pasado o profesor Ángel Carracedo faláranos de "Xenética Forense".
É unha actividade que esperamos volver a compartir o vindeiro ano.
12 de nov. de 2012
Como foi o 'volcán científico'
O pasado luns 5 de novembro celebrouse a III edición do 'Día da Ciencia en Galego', unha xornada para reivindicar o "dereito a gozar da ciencia na nosa lingua".
Todos sabemos que o acceso a recursos de divulgación científica en galego é moi complicado, por non dicir imposible. Así que, aproveitando que os compañeiros do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis fixeron un enorme traballo subtitulando un vídeo de excelente calidade didáctica e científica, fixemos unha proxección volcánica o día 5 en todas as clases de 1º, 2º e 3º da ESO.
Agradecemos ao alumnado o interese mostrado. Moitos pediron a continuación das proxeccións, pois ese día só chegaron a ver un dos apartados do vídeo.
Aproveitamos esta entrada para invitarvos a relfexionar sobre estas cuestións:
- Fai memeoria sobre os libros, documentais, artigos de temas científicos que consultaches?
- cantos deles estaban en galego? cantos en castelán? Intenta explicar por qué esta distribución.
- Se pensas que é necesario que haxa materiais de divulgación científica en galego, que medidas se deberían tomar?
9 de nov. de 2012
Taboleiro. Outubro 2012
Velaquí o taboleiro do ENDL despois do primeiro mes de actividades.
Destacamos:
- a chegada do primeiro número revista da CGENDL, 'Ollos de aula',
- o informe realizado pola Mesa sobre a práctica desaparición do ensino infantil en galego nas cidades,
- as actividadades realizadas no centro para celebrar o Día da Ciencia en Galego
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)