Amosando publicacións coa etiqueta Rosa Aneiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosa Aneiros. Amosar todas as publicacións

27 de nov. de 2014

Encontros con Rosa Aneiros

Esta semana recibimos no noso centro a visita de Rosa Aneiros para falarnos do terceiro volume da triloxía Ámote Leo A. (Terminal de...chegadas?). O alumnado de 2º de Bacharelato, fixo  traballo sobre a traxectoria profesional da escritora.
Nos encontros que os distintos grupos mantiveron con Rosa Aneiros establecéronse interesantes intervencións participada pola autora e os seus lectores. Houbo moitas e interesantes cuestións na que se foron debulllando diversos aspectos da  obra.

10 de maio de 2014

Estudantes de lenda

Noticia recollida do Faro de Vigo o 02/05/14:
 Dúas alumnas do instituto Pintor Colmeiro presentan o último libro de Rosa Aneiros en Santiago e outra forma parte do tribunal do premio Xerais de literatura xuvenil 
Quen sementa recolle. Nos últimos anos, o departamento de Lingua e Literatura Galega do instituto Pintor Colmeiro, de Silleda, realiza un labor de fomento da lectura baseado no coñecemento directo dos autores e no uso das ferramentas sociais para intercambiar reflexións sobre os contidos. Os resultados xa se deixan ver: tres alumnas participan na presentación das últimas creacións literarias de Rosa Aneiros e de Carlos Negro.

7 de maio de 2014

Na Feira do libro de Santiago con Rosa Aneiros


Denise Varela e Alba Moreira, acompañadas da profesora Gracia Santórum acudirón o pasado 29 de abril á Feira do Libro de Santiago de Compostela. Alí explicaron as súas impresións sobre o libro de Rosa Aneiros, Ámote Leo A.
Pero non estiveron soas, estiveron acompañadas pola propia Rosa Aneiros e por Manuel Bragado, director de Xerais, a editorial que publica o libro.



2 de maio de 2014

Denise e Alba na Feira do Libro de Santiago


O pasado 29 de abril Denise Varela e Alba Moreira, acompañadas pola profesora Gracia Santórum, participaron na presentación da triloxía de Rosa Aneiros Ámote Leo A.
Manuel Bragado, o director da editorial Xerais, comentou o acto coas seguintes palabras, tiradas do seu blogue Brétemas:
na presentación da triloxía de Aneiros, onde Denise Varela e Alba Moreira, integrantes do Clube Lectura pola Igualdade do IES de Silleda, opinaron sobre os dous volumes publicados e conversaron coa autora con sinceridade e profundidade sobre o texto literario. Rosa Aneiros confesou ao remate dunha conversa engaiolante para os asistentes, que «nos clubes de lectura as autoras enfrontámonos directamente ás novas xeracións». O de onte foi un serán de festa para a lectura, a Xeración da Esperanza tamén está nas lectoras novas. Saímos felices da feira.

30 de abr. de 2014

Con Rosa Aneiros na Feira do Libro

Denise Varela e Alba Moreira, alumnas de 1º de bacharelato, estarán hoxe con Rosa Aneiros na Feira do Libro que se está a desenvolver estes días en Santiago.
Teñen previsto acompañala nesta xornada e aproveitarán a ocasión para facerlle unha entrevista sobre o seu libro Ámote Leo A., a segunda parte da triloxía Ámote Leo. Seguramente non tardaremos en deixar por esta xanela dixital a entrevista e as impresións de Denise e Alba sobre esta actividade.

29 de abr. de 2014

Rosa Aneiros no Colmeiro

Rosa Aneiros estivo no noso centro xa hai ben de tempo, antes da Semana Santa.  Falounos do libro que está a ler o alumnado de 1º de bacharelato: Ámote Leo A.
Certamente é unha mágoa que tardásemos tanto en redactar esta entrada pois a escritora mantivo un diálogo moi interesante co alumnado de 1º de Bacharelato que se baseou no porqué do libro, na liberdade da protagonista. Durante a sesión o verdadeiro protagonista foi o alumnado o xa que Rosa Aneiros tomou un papel moi activo e foi ela a que facía preguntas. Tamén falamos do machismo de Moccia.