Amosando publicacións coa etiqueta As Ferreiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As Ferreiras. Amosar todas as publicacións

1 de xuño de 2018

Gañadores do Concurso de Carteis SEMPRE EN GALEGO.


Un ano máis vimos de outorgar os premios  aos gañadores do Concurso de Carteis 2018, SEMPRE EN GALEGO, este curso co lema do Correlingua , A lingua non para.
Outorgáronse catro premios aos mellores carteis . Os gañadores desta edición son:

Xoana García Iglesias. 1º Premio. 1º B

Aroa Miguélez Agra e Malena Mato Malgarejo. 2º Premio. 1º B

Eugenia Saavedra Guerra . 3º Premio. 1º C

Natalia Enriquez Martínez , Sandra Campos Fuentes e Adrián Fondevila Fernández, 4º Premio. 2º PMAR

Moitos Parabéns.





16 de maio de 2017

                                                                   CORRELINGUA
                                                                  16 de maio de 2017

O Correlingua concentrou a centos de rapaces e rapazas na Estrada a prol da nosa lingua con lemas, pancartas, actuacións, percorridos pola rúa e solta de globos.

Unha xornada festiva que se xunta coa celebración do día das Letras Galegas, mañán día 17 de maio.






6 de xuño de 2014

Recordando o vídeo 'Anímate a participar'



O discurso de despedida de Paula Gamallo que colgamos onte no blogue tróuxonos á memoria un vídeo que foi iniciativa súa hai tres anos e no que invitaba ao alumnado do instituto a participar no Equipo de Normalización.
Témoslle un especial cariño a esta peza audiovisual porque foi o máis evidente sinal de que o Equipo de Normalización comenzaba a funcionar na boa dirección.

9 de maio de 2014

Noticia en Nós TV da presentación do I premio á normalización comercial






Tal e como comentamos nunha entrada anterior, vén de presentarse o I premio Concello de Silleda á normalización comercial e empresarial. O proxecto é resultado da colaboración do ENDL co Concello de Silleda. Neste vídeo reproducimos a noticia tal e como a contaron na canle de televisión Nós TV. Por certo, unha canle que emite en galego: debedes tela todos sintonizada.

31 de xan. de 2014

O galego, unha carreira de fondo... ou con obstáculos?

Volvemos a ser noticia na prensa escrita. Na edición comarcal do Faro de Vigo publicouse con data 30/01/14 un artigo titulado "O galego, unha carreira de fondo".
Unha mágoa que non saíra nada da decepción que supón para nós que a SXPL non convocara este ano as axudas aos proxectos de innovación para o fomento do galego. Parece que a carreira de fondo é tamén con obstáculos.
Reproducimos aquí o artigo:

A perda de galegofalantes segue preocupando ao Equipo de Normalización Lingüística do IES Pintor Colmeiro, que actualiza o estudo sobre o uso da lingua realizado en 2012

28 de xan. de 2014

Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro

Lembrades todos eses cuestionarios que cubríchedes nas primeiras semanas do curso?. Velaquí están os resultados... xunto con algo máis. 
Traballiño custou. Esperamos que sexa a base do traballo para a normalización do centro e o seu contorno nos vindeiros anos.

26 de xan. de 2014

As Ferreiras en Botóns

Con estas palabras o portal educativo Botóns facía mención a dous dos mellores traballos que estamos levando a cabo este curso: a Radio Colmeiro e o estudo sobre a toponimia do concello de Silleda:

Seica a profesora de filosofía comentou que cando o ánimo anda baixo, comer leituga axuda e comer chocolate non. Pero se vostedes queren un antidepresivo efectivo, cóntanos as rapazas de Radio Colmeiro, o mellor é a música, prender a radio e deixarse levar pola música. Así nolo contan desde a sección de consellos e curiosidades, Irene Míguez, Antía Buján e Denís Varela, os locutores do primeiro programa de Radio Colmeiro, na rede desde o pasado mes de decembro.
 Agradecémoslles infititamente a referencia pois Botóns tamén é para nós un facho que alumea os camiños da educación

22 de xan. de 2014

O traballo de toponimia no Faro

Na edición comarcal do Faro de Vigo, o 03/01/14 publicáronse dúas  referencias ao traballo que estamos a realizar no Equipo de Normalización sobre a toponimia do concello.

 Como as publicacións están en castelán (evidencia do moito que queda por andar no camiño da normalización) achegámosvos unha versión dos artigos en galego. A primeira:

A Finca do Culebral, O Pozo da Cobra ou o Camiño dos Verdadeiros e dos Falsos, en Laro, só son tres exemplos dos microtopónmos do Concello de silleda catalogados por alumnos do instituto Pintor colmeiro da localidade participantes no estudo sobre toponimia menor posto en marcha polo Equipo de Normalización Lingüísstica do centro. O traballo está en fase de inici e serviá para completar o informe sobre macrotoponimia local publicado xa na primavera do 2012.
Neste caso trátase de catalogar nomes relativos a camiños, prados, fontes e outro tipo de enclaves da xeografía trasdezana. Os alumnos traballan sobre unha ficha que inclúe o nome, o lugar e a parroquia no que se atopa, o autor ou autores da recolleita, a identidade da persoa que aporta devandito topónimo, fotografías e posibles relatos, lendas ou outro tipo de explicacións vinculadas. "Non só  nos interesan interesan os nomes, senón a tradición asociada a eles", explica o profesor Xoán Carlos García Porral. Así, sobre a Leira do Culebral cóntase que existían "millóns e millóns" de culebras e unha pedra que evitaba que baixasen á aldea de Galán. Ao Camiño dous Verdadeiros e dous Falsos só lograban acceder quen nunca cometera ningún pecado, e no Pozo dá Cobra relata o imaxinario popular que existe unha serpe de dez metros capaz de hipnotizar aos veciños.
O centro, que completa o estudo de campo dos escolares cunha localización de cada lugar no Sixpac, pediu a colaboración das asociacións culturais do municipio para que fagan máis achegas e poder así conseguir un estudo o máis completo posible. Coto do Castelo de Grava xa entregou unha lista con máis de cen nomees, que agora completarán os alumnos. Diego Frade, un veciño de Ponte que xestiona un blogue, tamén aportará outros 200, e non se descartan máis colaboracións veciñais.

E a segunda:

Dúas alumnas que en abril de 2012 cursaban primeiro de Bachillerato no instituto trasdezano foron as encargadas de elaborar un estudo sobre a toponimia maior, catalogando todos e cada un dos lugares das 33 parroquias silledenses. Aínda que desde o Concello barallaran a posibilidade de elaborar unha publicación dixital, o proxecto está parado. No entanto, pode consultarse, do mesmo xeito que os primeiros resultados do iniciado agora sobre toponimia menor, nas Ferreiras, o blogue do centro.

9 de xan. de 2014

Coñecer a Rosalía de Castro no IES 'Pintor Colmeiro'

Coñecer a Rosalía de Castro no IES 'Pintor Colmeiro' é o título dun artigo escrito pola profesora Gracia Santórum que aparece no último número da Revista Galega de Educación.
Así é como se presenta o artigo:

Non semella doado conseguir a participación activa de todo o alumnado e profesorado nunha iniciativa especial que se pretende desenvolver nun centro educativo. As dificultades acrecéntanse cando procuramos a sinjgularidade desde a íntima colaboración das diferentes disciplinas ou a distinción desde o convencemento da necesaria integración de quen acaba de chegar ao centro e aínda non deixou de ser un estraño descoñecido. Mesmo así, o pólo de atracción rosaliano axúdanos no noso proxecto e o centro todo acaba por sentir, ler, cantar e visibilizar á escritora.
No artigo faise referencia ás actividades que realizamos para celebrar o Día de Rosalía no noso centro e inclúense  ligazóns ao noso blogue:

Quíxente tanto meniña,
Día de Rosalía: decorando o centro
Día de rosalía 2013

1 de out. de 2013

As Ferreiras no Consello da Cultura Galega.2

Comenzamos o curso e facémolo da mesma maneira que o rematamos: cunha alegría que nos vén dun dos portais do Consello da Cultura Galega, concretamente de poesiagalega.org, un espazo de referencia para a nosa poesía. Pois resulta que algo debimos facer ben, pois en poesiagalega.org recolleron  un traballo que no seu xa colgáramos aquí. Trátase da gravación sobre a poesía de Chus Pato realizada na Biblioteca do IES Ramón María Aller (Lalín) por Paula Gamallo e Ánxela Llinares, na altura estudantes de primeiro curso de bacharelato do IES Pintor Colmeiro (Silleda) e alumnas da profesora Gracia Santorum na materia de Lingua Galega e Literatura. Aparece ilustrada con fotografías da poeta de diversas procedencia e autoría.

22 de nov. de 2012

As Ferreiras no facebook. Apúntate!

É de supoñer que moitos xa vos decatáchedes de que temos un perfil de facebook. Se queredes enterarvos das novas relativas ao ENDL do IES Pintor Colmeiro, basta con que vos acheguedes por aquí e solicitedes amistade. Tamén podedes premer no icono de facebook que anda pola columna da dereita. Seredes ben recibidos.
Para poder manter o portal de facebook ao día compría que alguén se encargara del. Durante este curso temos unha voluntaria, Rebeca Sesto (2º bacharelato B) á que podemos ver aquí en pleno traballo. Se vos fixades ben na foto comprobaredes que ten que usar unha calculadora para levar a conta das innumerables peticións de amistade que está a xestionar.