O alumnado de 1º e 2º da ESO estivo realizando álbums ilustrados dos libros que leron. Este foi o caso dos alumnos de 1ºA, que leron o libro de Fina Casalderrey, dúas bágoas por máquina. Velaquí o traballo que realizaron.
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta Fina Casalderrey b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fina Casalderrey b>. Amosar todas as publicacións
19 de abr. de 2016
11 de xuño de 2013
Aula Fina Casalderrey: o vídeo
Durante este trimestre que unha das principais actividades do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística foi o fomento da lectura entre o alumnado. Para materializar o proxecto lemos a obra dun autor que logo nos visitará e inaugurará unha aula co seu nome. O luns pasado foi o turno de Fina Casalderrey, quen tamén tivo a xenerosidade de achegarse ao noso centro para agasallar ao alumnado coa súa presenza. Xa vos amosamos aquí as fotos. Arestora, e grazas novamente á xenerosidade do compañeiro Xosé Fuentes e a súa cámara, temos testemuño do traballo dun alumnado que estivo disposto a quedar sen recreos para ensaiar as obras de teatro que serviron de homenaxe á escritora.
Quen me quere adoptar? foi convertida en obra de teatro con monicreques, O meu avó é unha gata serviu para unha pequena montaxe e por último Xela volveuse vampira foi convertida en canción. Case nada!
7 de xuño de 2013
5 de xuño de 2013
Dúas bágoas por máquina
Fina Casalderey é unha das autoras de referencia na LIX. Estivo no IES Pintor Colmeiro o 03/06/2013 para inaugurar unha aula co seu nome.
O alumnado de 1ºA do curso 2012-13 agasallouna con este álbum ilustrado do seu libro "Dúas bágoas por máquina" editado por Xerais que foi premio Merlín 1991.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)