Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

31 de xan. de 2013

Paneis do Día da Paz



Para celebrar o Día da Paz trouxemos esta exposición na que se informa de ONG que colaboran para o entendemento dos pobos de Palestina e Israel.
Os paneis son da Asemblea de Cooperación Pola Paz, unha Organización Non Gubernamental fundada en 1990 durante as mobilizacións pacifistas contra a Primeira Guerra do Golfo. Trátase dunha organización independente, laica, defensora dos valores democáticos dende una opción progresista de xustiza social e económica.

1 de feb. de 2012

Día da paz: "apertas de balde"

Con motivo do Día da Paz (30 de xaneiro), o alumnado de 1º de Bacharelato de Humanidades, coordinados por a profesora Raquel Rodríguez, organizaron unha actividade consistente en repartir apertas de balde entre a comunidade educativa do Colmeiro durante os dous recreos, e na vila de Silleda nas dúas últimas horas de clase. Con cartolinas co lema “Apertas de balde” en varios idiomas, os alumnos quixeron sensibilizar á xente sobre a importancia da tolerancia, respecto e paz.