Amosando publicacións coa etiqueta fotos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fotos. Amosar todas as publicacións

29 de maio de 2017

Carteis gañadores do Correlingua 17

Concurso de carteis "Correlingua 17"

     O alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Pintor Colmeiro elaborou unha morea de carteis con lemas a prol do uso da nosa lingua.

Os gañadores desta edición foron:

                                                        









13 de nov. de 2014

Topoloxía no Día da Ciencia en Galego




feito por Aroa Espiño e Verónica Granja (4º B)

Aroa Espiño e Verónica Granja participaron no Día da Ciencia en Galego cun crebacabezas topolóxico. Pero... que é iso da topoloxía? Elas foron quen de explicárnolo nesta presentación.



15 de nov. de 2013

Día da Ciencia en Galego: as Torres de Hanói

Co fin de facer público o que é normal nas aulas: que a ciencia é explicada en galego nos centros de ensino galegos, o pasado xoves 07/11/2013, realizamos varios obradoiros. Entre eles estaba un desafío coñecido como o problema das torres de Hanói. Isidro Gil Pallarés de 1º Bach. Ciencias cóntanos algunhas cousas sobre o tema:


As Torres de Hanói: xogo matemático inventado en 1883 polo matemático francés  Édouard Lucas.
 O xogo, na súa forma mais tradicional, consiste en tres variñas verticais, nas que nunha topamos unha “torre” froito de por uns discos en orde crecente dela. E o xogo consiste en transladar esa mesma torre para a 3º variña. Pero coas seguintes normas: 
  • 1. So se pode mover un disco de cada vez. 
  • 2. Non se pode colocar un disco de maior tamaño enriba dun de menor.
  • 3. So podes desprazar o disco que se encontra enrriba de cada variña. 

 Unha das moitas formas de acadar a solución é a seguinte: Partimos do disco mais pequeno que é o “protagonista” desta forma de resolver o xogo, xa que o imos estar movendo constantemente. Movémolo cara a bariña auxiliar. O disco n.o 2 movese a variña de destino. Logo, o disco n.o 1 movese tamén á variña destino para que quede sobre o disco n.o 2. A continuación, movese o seguinte disco da variña orixe, neste caso o disco n.o 3, e colocase na variña auxiliar. Para rematar, o disco n.o 1 volve da variña destino á variña orixe; e repetimos este proceso sucesivamente para rematalo. 

Polo tanto como anteriormente dixen, o truco está no disco máis pequeno. Animo. Que cun par de voltiñas a cabeza, conseguiredes resolvelo.



Día da Ciencia en Galego: a topoloxía

Co fin de facer público o que é normal nas aulas: que a ciencia é explicada en galego nos centros de ensino galegos, o pasado xoves 07/11/2013, realizamos varios obradoiros. Entre eles estaba un sobre o que parecía un desafío imposible. Tratábase de desfacer un nó sen romper as cordas que o formaban. Este tipo de problemas teñen moito que ver cunha parte das matemáticas chamada topoloxía. Román Estévez Tallón de  1º Bach. Ciencias cóntanos algunhas cousas sobre o tema:


A topoloxía e unha rama das matemáticas que se dedica o estudo das propiedades dos corpos xeométricos inalterables por transformacións continuas.
 A topoloxía ten moitas ramas como a topoloxía xeneral a diferencial , alxébrica, etc… Na topoloxía utilízanse úsanse ferramenta como as de grupo, un anel, etc… a topoloxía dos elementos combinados por diversas operacións , xeneralmente non son interpretadas con números. A topoloxía interesase polos conceptos como proximidade números, de buratos, o tipo de consistencia que presenta un obxeto , comparar obxetos e clasificar, entre outros múltiples atributos onde destacan como a conectividade por exemplo un nudo ou unha esfera, a compacidade, a metricidade ou as posibillidades de establecer medidas, etc…. 
A topoloxía ten dous sentidos, un que é o do principio deste texto que e informal e outro culto que se refire a unha certa familia de subconxuntos e conxuntos, esa familia cumpre unhas regras sobre a unión e a intersección

4 de nov. de 2013

Receitario para o outono


Aproveitando a celebración do Samaín o alumnado fixo unha recollida de receitas desta época do ano.
Que vos aproveite!

3 de out. de 2013

Querido Balbino na Bandeira

Hoxe realizamos a nosa primeira actividade do Equipo de Normalización. Acudimos á presentación da exposición 'Querido Balbino' na Bandeira grazas á colaboración co Concello que aportou o transporte do alumnado ata a Casa da Cultura da Bandeira.
Esta exposición chega por fin onda nós, despois de que se inaugruara en abril do 2011, ano da conmemoración do 50 aniversario da edición de Memorias dun neno labrego.
Ao acto inaugural acudiron algúns dos nosos profesores, como podedes ver na foto. Acompañaron a X. Neira Vilas, o autor do libro, quen tivo, como sempre palabras interesantes para todos.
Polo momento podemos quedarnos con algunhas das impresións que este libro deixou nalgún dos máis importan


“Neste libro está o proceso, a fuxidía autenticidade de ser alquitarada por unha alma que xa deixou atrás aquel eito do proceso, mais leva del a imborrable impronta”. Antón Alonso Ríos
“O ano 1961, en Buenos Aires, viu a luz un libro excepcional: Memorias dun neno labrego , de Xosé Neira Vilas. Trátase dunhas narracións cargadas de vida, de realismo, escritas dun xeito tremendamente nu e directo; unha clase de literatura fondamente galega que era moi necesaria entre nós”. Manuel María

“Igualmente, a literatura da segunda metade do século pasado non sería a mesma sen a publicación dunha obra, Memorias dun neno labrego (1961), que marca un antes e un despois no temario narrativo galego e que axudou a redimir tanta opresión, tanto esmagamento, tanto desprezo inflixido á aldea, aos desposuídos, aos labregos sen terra de seu, aos galego-falantes, en definitiva”. Pilar García Negro
“Grazas a Neira Vilas descubrín que tamén se podía escribir do que nós faciamos; que a aldea era materia para escribir”. Afonso Eiré
“ Memorias dun neno labrego é un gran relato. Unha narración auténtica. Comprendo moi ben o seu contido, pois de certa maneira é tamén a miña historia, dado que nacín e crieime nun ambiente compesiño. É unha narración moi valiosa para a nosa literatura tan falla de testemuños”. Celso Emilio Ferreiro
“Este libro atravesou diferentes fases de recepción: ao principio liámolo cunha perspectiva social, a oposición de pobres contra ricos, a defensa do mundo rural. Na miña última lectura descubrín vetas novas, pois Balbino aprende que as palabras sirven para nomear o mundo e contar a súa historia. Agora isto é para min o fundamental.” Agustín Fernández Paz

17 de xuño de 2013

Aula Agustín Fernández Paz


Agustín Fernández Paz esitvo connosco vía skype este pasado mércores 12/06/2013. E claro, inauguramos unha aula co seu nome. Nesta presentación explicamos como se desenvolveu a xornada.
O escritor agarimounos co seu saber, os seus libros, as súas películas e as súas vivencias. Para todos os que queirades ampliar a xornada vivida con el, podedes visitar o seu portal de internet, de certo que non vos arrepentiredes.
Esta será a última placa que colocaremos neste curso nomeando as aulas, e pensamos que cumprimos suficentemente coas expectativas previstas a principio de curso, cando se aventurou esta proposta do equipo de normalización.
Queremos agradecer a todos os escritores a súa presencia; estarán sempre connosco nos corredores do noso centro.

13 de maio de 2013

Viaxe a Allariz co Correlingua.2

Aquí estamos na segunda xornada da viaxe a Allariz que tivemos como premio de finalistas do manifesto do Correlingua 2013

pppppp

26 de abr. de 2013

Viaxe a Allariz co Correlingua.Primeiro dia.




 A emoción flúe polo noso sangue, antes de marchar tivemos 2 horas de “clase” nas que nos plantexamos as actividades que íbamos facer pola vila de Allariz.
10:30: Ala imos! A adrenalina flúe polas nosas frontes en forma de suor. Xa esta aquí o autobús, enganchamos os adaptadores e os cascos o MP5 e ¡Comezou a festa!
11:45: Chegamos a Sta. Mariña de Augas Santas e como se fora a feira de Silleda o primeiro que fixemos foi examinar o percal monfortino, así de primeiras non decepcionaba.
Trasladamos as equipaxes ao autobús monfortino e comezamos a visita a igrexa da aldea na cal fixemos unha visita. (ver foto superior) Déusenos por subir ao coro e MrFariña alí tivo un fallo técnico, cando estabamos baixando na escaleiras había un cartel cun aviso moi importante, ¡CUIDADO CON LA ALTURA! E o que aquí MrFariña non lle fixo moito caso e bateu ben forte no marco da porta. Xa abaixo a sancristá contounos a lenda da santa e vimos 2 das 3 fontes da Santa na que nunha delas MrFariña tivo outro traspés,  mellor dito  meteu o pe nunha fochanca. Despois de botar unhas cantas gargalladas e despistarnos un pouco fomos por unha corredoira un tanto húmida e mollada. Logo tivemos unha tráxica despedida, tiñamos que despedirnos de Pastrán e Troski, dous cans cos que amigáramos en Santa Mariña,  e aos que Varela non lle tiña moito aprecio.
13:00:Subimos ao autobús monfortino e os monfortinos empezaron a flipar cos nosos adaptadores para eles inventos do futuro.
13:30:Chegamos ao Rexo. ¡Hora de xantar!, como non buscamos o sitio mais rebuscado, escondido e fora do rango de vision dos demais … e decir un sitio idoneo, logo sacamos os nosos viverese empezamos a comer como se non houberas comido en lustros. Logo de comer acercamonos a civilización, onde pasamos o rato ata chegar a hora da visita.
15:00: Visitamos o ecoespazo do Rexo. Despois dunha charla, fomos a fabrica de queixos e logo a granxa a visitar as ovellas.
 18:00: Chegamos aos Salesianos, deixamos as equipaxes e fomos a dar unha volta pola vila onde nun bazar oriental compramos a piggy e a spider (altofalantes con forma de porco) e logo adicamonos ir de terrazeo e botar unhas briscas.
21:00: Cea. 21:45: Botamos uns tiros a canasta e tiñamos intención de botar un partido 4x4 que acabou sendo un 4 lesionados.
22:00: Fomos a ver a película “A lingua das bolboretas”
24:00: A noite e xoven, 4ºA poucos pero valentes.
01:00 – x:00: Censurado, O que pasou en Allariz quedou en Allariz.

 Feito por: Isidro, Diego, Carlos, David, Samuel, Roman e Alberto(de 4º A)

8 de abr. de 2013

A visita de Carlos Negro

O pasado xoves 4/04/2013 o escritor Carlos Negro compartiu dúas sesións connosco para falarnos de literatura e do seu libro Makinaira. Ademais puxémoslle á aula de 3ºA o nome de Carlos Negro, a primeira dentro dunha iniciativa que o Equipo de Normalización quer continuar, homenaxeando nas aulas do centro a escritores galegos vivos. Na inauguración da placa Carlos Negro agradeceu a iniciativa e fixo un chamamento a que se a sociedade valore e coñeza e se sinta orgullosa da literatura galega. Gustoulle moito que a homenaxe se lle fixera en vida, e puxo este inicitiva como exemplo para outras insitutucións.


7 de abr. de 2013

En Silleda gústanos o galego.12

E con esta última tanda rematamos coa recollida de fotos da campaña 'Gústame o galego', que se puido levar a cabo grazas á colaboración da Concellaría de Cultura e Educación do Concello de Silleda. Grazas a todos por participar.

A Sofía, Patricia, María, Eva e Ana gústalles que as lembres en galego. Temén que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti.










A Nuria, Adrián, Sandra e Gracia gústalles que as lembres en galego e que lles digas "qrt m8" tamén.











A Helena e a María Eugenia gústalles que o galego as acompañe eternamente.











A A David e Patricia gústalles que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti. A Alba e Lucía que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño.
 








 
A David e Patricia gústalles que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti.

 
A Jonathan e a Alba gústalles que lles digan e dicirse "qrt m8" ;-)

6 de abr. de 2013

En Silleda gústanos o galego.11

A Jesús, Jordi e Raquel gústalles que os lembres en galego!












A Ana, Sonia e Martina préstalles, tíralles, chámalles, agrádalles, chístalles o galego!
.












A Lucrecia e Angela gústalles que lles digan: "qrt m8!"















A Sofía, Patricia e Ana gústalles que as lembres en galego.











A Eloi, Manuel, Alberto, César e Juan Miguel gústalles como empezan a falar galego os pequerrechos e que o leite poña que é galego 100% 






 
A Tamara, Ana, Rebeca, Lucía, Valeria, Aitana, Lucía, Fátima e Sandra gústalles o galego!


En Silleda gústanos o galego.10

A Jorge e a Sergio gústalles moito que lles entren en galego!










A Jordi, Mario, Andrés, Iván e Patricia gústalles o galego ata no carné de identidade e que se faga xustiza con el tamén.










A Gracia, Paula, Flor e Antía gústalles que lles digan "qrt m8" ;-)
 











A Bernardo, David, Jose, Yoli, Victoria, Flor, Jon e Rubén gústalles o seseo, a gheada e o rotacismos.
 










 
A Bernardo, David, Jose, Yoli, Victoria, Flor, Jon e Rubén gústalles o seseo, a gheada e o rotacismos.
 











A Sonia, Daniel, Mateo, Sara, José e Laura (un deles ausente) gústalles ler, ver e escoitar en galego o que pasa no mundo.