Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta Silleda b>. Amosar todas as publicacións

15 de nov. de 2023
1 de xuño de 2016
Mapa das lendas castrexas
Velaquí o mapa das lendas castrexas que estamos a elaborar. Temos recollidas unha boa monlla delas que xeolocalizaremos sobre este enorme mapa. Tamén as divulgaremos para que sexan máis coñecidas pola comunidade.
15 de mar. de 2016
Rutas do Ciclo de Actividades no Medio Natural
O Ciclo Medio de Actividades Físicas no Medio Natural está publicando nunha aplicación de rutas, algunhas que elaborou polo concello de Silleda. Compartímolas por que queredes percorrer algunha delas.
A ruta dos Tesouros do Deza desenvólvese polo concello de Lalín.Iniciarase dende o teleclub de Donsión a través do camiño da prata onde a poucos metros atoparemos a súa Igrexia Barroca.Deseguido pasarase pola parroquia de Bendoiro mediante a Devesa,deixando atrás algúns regatos.Continuará ata Prado por sendeiros onde atoparemos Pazos e Igrexias.Proseguira atravesando a Devesa de Liñares ata chegar a Ponte Taboada Vella e seguirá cara a Borralla pasando o resto de pontes.Continuará ata Santa Lucía onde veremos o Muiño de Cuiña.Finalmente,seguirá hacia o Monte Anselo para chegar a Igrexia de Noceda onde rematará a ruta.
A ruta “As minas de Fontao” desenvolvese no entorno do concello de Vila de Cruces. Saldremos dende A Carixa onde veremos O Arco, subiremos ata o monte de Carboeiro onde poderemos ver o Mosteiro de Carboeiro e o seu entorno. Logo pasaremos pola Brea e subiremos ata a igrexa, dende ahí poderemos ver o poboado Mineiro de Fontao,unha vez alí visitaremos o museo da minería de Fontao. Continuaremos a ruta outra vez pasando pola Brea, esta vez por outra senda, baixaremos ata a Ponte dos Cabalos onde tomaremos unha senda de pescadores polo río Orza, que nos levará a Carixa.
A ruta circular Mosterio de Carboeiro –Cataratas do Toxa é unha ruta que esta dentro do marco da comarca do Deza, concretamente no Concello de Silleda. A ruta comeza cunha visita guiada ao Monasterio de Carboeiro. Continuaremos a ruta pasando A Ponte do Demo, cruzando o río Deza. Pasaremos pola zona recreativa da Carixa. Antes de chegar as fervenzas pasaremos a carón da Capela de San Paio. Xa nas fervenzas atopamos a cascada de auga considerada a máis alta de Galicia en caída libre. Baixaremos por unha pista de zaorra e camiños ata chegar a Ponte Sulago. Subiremos 500m pola estrada para coller un camiño que nos leve ata a capela de San Paio. Continuaremos polo camiño de ida ata a Carixa.
Powered by Wikiloc

14 de xuño de 2015
A lenda do castelo
8 de xuño de 2015
Pepa a Loba
Mª Pilar Costoyas Ferreiro cóntanos unha historia de Pepa a Loba para o Proxecto didáctico Antonio Fraguas 2014-2015.
7 de xuño de 2015
A lenda de Castro Montaz
Elena Ramos Gómez relátanos a lenda de Castro Montaz para o Proxecto didáctico Antonio Fraguas 2014-2015
5 de xuño de 2015
O Pelapatacas
3 de xuño de 2015
O Penedo de Penouxil
Pilar Espiño Espantoso fálanos para o Proxecto didáctico Antonio Fraguas 2014-2015 sobre o Penedo de Penouxil
31 de maio de 2015
A fonte de Valvundín
Narración de Antonio Presas García para o Proxecto didáctico Antonio Fraguas 2014-2015 no que se relata unha lenda sobre a fonte de Valvundín.
30 de maio de 2015
O home dos pantalóns grandes
Narración da lenda do home dos pantalóns grandes por Antonio Presas García para o Proxecto didáctico Antonio Fraguas 2014-2015
29 de maio de 2015
Fonte Abeleiriña
Velaquí uns audiovisuais de hidrónimos que se relizaron para o Proxecto Antonio Fraguas. Comenzamos coa Fonte Abeleiriña:
Fonte Carroso (Ponte) nomea uns terreos na actualidade a monte. En documentos dos séculos XVI e XVII aparece escrito como “Fuente Acurros” ou “Fuente Acarros”.
O regueiro de Meixomence (Ponte) consiste nunha corrente de auga que nace no lugar das Casas do Monte, na parroquia de Silleda, que atravesa entubado as instalación da Semana Verde e sae de novo á luz no núcleo de Meixomence, desembocando finalmente a carón de Rosende, no regueiro do mesmo nome

14 de maio de 2015
Homenaxe a Alonso Ríos e Ramón de Valenzuela
Para preparar as actividades da vindeira semana sobre o centenario do nacemento de Ramón Valenzuela achegámosvos información como:
- a desta páxina da asociación cultural Vagalumes da Estrada na que se recolle un extracto das actas dunha homenaxe a Valenzuela e que contén información moi interesante sobre a súa vida e a importancia da súa obra
- nesta publicación da Xunta podemos acceder a moita información sobre dous dos personaxes máis importantes na historia do concello de Silleda:
Homenaxe a Alonso Rios e Ramon de Valenzuela
25 de mar. de 2015
Boletín do ENDL do Colmeiro para as familias.2
Esta semana repartimos o segundo boletín para as familias no que se explican algunhas características do uso da lingua no entorno máis próximo. En concreto fálase dalgúns datos sobre o uso do galego por parte dos establecementos comericais e das administracións en Silleda.
Tamén se informa sobre algunhas ideas sociolingüísticas como son a necesidade de incrementar o grupo dos galegofalantes desbotando referencias terminolóxicas prexuizosas como a de asumir que a nosa fala é un castrapo. Unha outra referencia consiste nun apunte sobre a diglosia, que se contrapón á normalización.

19 de dec. de 2014
Pegatinas Silledagasalla
Na iniciativa silledagasalla do ENDL do IES Pintor Colmeiro e a Concellería de Normalización Lingüística en colaboración co colectivo ECOS e os Equipos de Normalización dos centros educativos do concello houbo unha gran participación. Presentáronse máis de 400 lemas e máis de 200 debuxos, realizados polo alumnado dos centros educativos de Sillleda(CEIP Bandeira, CEIP Silleda, IES Pintor Colmeiro e o C. P. María Inmaculada).
Desde o pasado día 17 están expostos na Casa da Xuventude o debuxos realizados.
Como resultado do concurso de lemas elixíronse 30 deles para a confección de pegatinas. Con esta escolla o Concello un total de 1.000 exemplares para colocar nos regalos de Nadal que utilizarán os comercios asociados de ECOS.
Este proxecto colaborativo no que participan 7 entidades diferentes ten o obxectivo de de concienciar ao comercio e á cidadanía da importancia de asociar a valores positivos o uso da lingua galega e poñer en evidencia a restricción de espazos que sofre o galego xa que o usual é que as pegatinas dos agasallos veñan todas en castelán.
Por fin este nadal en Silleda podes agasallar aos teus seres queridos na vosa lingua, así o regalo multiplica o seu valor pois preséntase na lingua de noso. O noso mellor agasallo na lingua que máis queremos.
16 de dec. de 2014
Boletín para as familias. 1
Un dos compromisos que tiñamos pendente no ENDL era o de distribuir entre a comunidade educativa información sobre a situación social da lingua galega no noso entorno máis próximo.
Temos feito un estudo bastante completo ao respecto, pero que aínda que pode servir como base para o traballo normalizador non é operativo para a difusión pretendida.
Así que nestes días distribuiremos este boletín e temos preparado outro que entregaremos próximamente. Esperamos que vos guste.

28 de out. de 2014
Baixa a porcentaxe de galegofalantes en Silleda
O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou novos datos sobre o coñecemento (entender e falar) e uso do galego. Distintos medios debullaron os datos e observaron que houbo un descenso do uso do galego nun 13% entre os anos 2001 e 2011. Paradóxicamente os datos foron anunciados como moi positivos desde a Consellería de Educación celebrando que aumenten os que declaran falar nas dúas linguas.
Os novos datos do IGE non revelan moitas novidades con respecto ao xa coñecido sobre usos da lingua galega. A enquisa reducíase a tres preguntas:
Para comparar os datos ofrecidos estas semanas polo IGE con outra enquisa das mesmas característica temos que remitirnos a outra dese mesmo organismo do ano 2001. Quen elaborou unha excelente comparativa entre os datos obtidos no 2001 e os que se acaban de publicar do 2011 foi Carlos Neira, tanto en varias táboas, como en mapas como o seguinte:
.
Moi acertadamente este analista indicaba que os que declaran falar en galego "ás veces" non están dicindo que falan un 50% de galego, polo que o anuncio da Consellería carece do máis elemental, o rigor científico, e está cargado, pola contra de manipulación informativa partidista.
Datos de Silleda
Concretando no caso de Silleda, a consulta dos números que nos ofrece o IGE ofrece unha redución dun 15,38% entre os anos 2001-2011 na poboación do concello que responde que sempre usa o galego. Estes datos son bastante coherentes cos resultados do estudo sociolingüístico que realizamos no centro o curso pasado, un documento, no que por certo, facíamos referencia aos resultados do IGE do 2001.
Para completar eses datos fixemos unha comparativa entre o uso da lingua falada en Galicia, na zona nororiental de pontevedra, a lingua de uso dos pais segundo os alumnos do centro e a lingua do propio alumno. Nestes dous últimos grupos a suma de "sempre en galego" e "máis galego ca castelán" dábanos resultados dun 75,29% e 75,86%. Isto lévanos a reafirmarnos en que a resposta á enquisa do IGE como falantes "sempre" de galego non significa monolingüismo en exclusiva, senón que recolle tamén unha boa parte de falantes maioritarios de galego.

- Cal é o seu coñecemento do galego? (Enténdeo, Fálao, Leo , Escríbeo)
- Cando usa o galego? ( Sempre,Nunca, Ás veces )
- Onde o usa? (pode marcar varias opcións) (En familia, Na escola, No traballo)
Para comparar os datos ofrecidos estas semanas polo IGE con outra enquisa das mesmas característica temos que remitirnos a outra dese mesmo organismo do ano 2001. Quen elaborou unha excelente comparativa entre os datos obtidos no 2001 e os que se acaban de publicar do 2011 foi Carlos Neira, tanto en varias táboas, como en mapas como o seguinte:
![]() |
| Mapas de uso do galego 2001-2011 |
Moi acertadamente este analista indicaba que os que declaran falar en galego "ás veces" non están dicindo que falan un 50% de galego, polo que o anuncio da Consellería carece do máis elemental, o rigor científico, e está cargado, pola contra de manipulación informativa partidista.
Datos de Silleda
Concretando no caso de Silleda, a consulta dos números que nos ofrece o IGE ofrece unha redución dun 15,38% entre os anos 2001-2011 na poboación do concello que responde que sempre usa o galego. Estes datos son bastante coherentes cos resultados do estudo sociolingüístico que realizamos no centro o curso pasado, un documento, no que por certo, facíamos referencia aos resultados do IGE do 2001.
Para completar eses datos fixemos unha comparativa entre o uso da lingua falada en Galicia, na zona nororiental de pontevedra, a lingua de uso dos pais segundo os alumnos do centro e a lingua do propio alumno. Nestes dous últimos grupos a suma de "sempre en galego" e "máis galego ca castelán" dábanos resultados dun 75,29% e 75,86%. Isto lévanos a reafirmarnos en que a resposta á enquisa do IGE como falantes "sempre" de galego non significa monolingüismo en exclusiva, senón que recolle tamén unha boa parte de falantes maioritarios de galego.
4 de set. de 2014
Presentación do proxecto didáctico Antonio Fraguas
9 de xuño de 2014
Entrevista á Ferretería Valiño (Radio Colmeiro nº 8)
Jorge Méndez e Samuel Rodríguez achegáronse ata o núemero 45 da rúa Progreso (Silleda) para falar con José Luis Valiño Vila, un dos responsables da Ferretería Valiño.
Ésta é a terceira entrevista que realimos a un comercio da vila. Pretendíamos facer unha cada mes, pero as cousas non sempre saen como se proxecta. Tamén pensabamos que o seu número sería maior, pero ante o final de curso sabemos que ésta será a última polo momento. O vindeiro ano queremos retomar o tema e xa temos no fol media ducia de empresas ás que acudir. Pôlo momento teremos que pedirlle disculpas a aquelas ás que anunciaramos que acudiríamos e que finalmente non recibiron a nosa visita. Pero todo se andará.
Aquí vos queda o audio da entrevista xunto co esencial da mesma transcrito máis abaixo:
Hoxe o equipo de radiocolmeiro decidimos desprazarnos ata a tenda de Valiño en Silleda Ímoslle facer unhas preguntas acerca do uso do galego no seu negocio
P:Dende cando utilizades o galego no negocio?
R: Moi pouco, moi pouco coloquialmente si, pero a nivel oficial e productos marcaxe e denominación facer tickets e albarans non utilizamos ainda o galego, estamos en vias de facelo.
P:Podes dicir que forma parte da empresa?
R: Pretandese que sexa así arrastramos unhas secuelas en castelán que ainda non estamos na galeguización total.
P: Védeslle vantaxe na hora de que se utilice o galego ao vender os vosos produtos?
R: Coloquialmente falamos todo en galego ou casi todo senenbargo a hora de escribilo pasamos ao castelán, pero a ventaxa, ao coñecer o galego para unha persoa que non fora galega estando e vivindo nun pobo e tratar de estar nun comercio como o noso só co castelán sería dificil poder defendelo, sería ventaxoso coñecer o galego.
P: E animarías ao resto de empresarios a utilizar o galego a hora de atender aos clientes?
R: Si, si si animaría de feito repito o de antes coloquialmente xa falamos galego basicamente co cliente falase en galego.
P: Notas cambio cando utilizas o galego ca xente?
R: O noso cliente é eminentemente rural gústalle ser atendido mais en galego que en castelán, o castelán parece un pouco mais de señoritos que o galego coloquial que falamos co cliente.
P: Bueno, pois moitas grazas polo teu tempo e ata aquí.
R: Veña sorte. Grazas.
Ésta é a terceira entrevista que realimos a un comercio da vila. Pretendíamos facer unha cada mes, pero as cousas non sempre saen como se proxecta. Tamén pensabamos que o seu número sería maior, pero ante o final de curso sabemos que ésta será a última polo momento. O vindeiro ano queremos retomar o tema e xa temos no fol media ducia de empresas ás que acudir. Pôlo momento teremos que pedirlle disculpas a aquelas ás que anunciaramos que acudiríamos e que finalmente non recibiron a nosa visita. Pero todo se andará.
Aquí vos queda o audio da entrevista xunto co esencial da mesma transcrito máis abaixo:
Hoxe o equipo de radiocolmeiro decidimos desprazarnos ata a tenda de Valiño en Silleda Ímoslle facer unhas preguntas acerca do uso do galego no seu negocio
P:Dende cando utilizades o galego no negocio?
R: Moi pouco, moi pouco coloquialmente si, pero a nivel oficial e productos marcaxe e denominación facer tickets e albarans non utilizamos ainda o galego, estamos en vias de facelo.
P:Podes dicir que forma parte da empresa?
R: Pretandese que sexa así arrastramos unhas secuelas en castelán que ainda non estamos na galeguización total.
P: Védeslle vantaxe na hora de que se utilice o galego ao vender os vosos produtos?
R: Coloquialmente falamos todo en galego ou casi todo senenbargo a hora de escribilo pasamos ao castelán, pero a ventaxa, ao coñecer o galego para unha persoa que non fora galega estando e vivindo nun pobo e tratar de estar nun comercio como o noso só co castelán sería dificil poder defendelo, sería ventaxoso coñecer o galego.
P: E animarías ao resto de empresarios a utilizar o galego a hora de atender aos clientes?
R: Si, si si animaría de feito repito o de antes coloquialmente xa falamos galego basicamente co cliente falase en galego.P: Notas cambio cando utilizas o galego ca xente?
R: O noso cliente é eminentemente rural gústalle ser atendido mais en galego que en castelán, o castelán parece un pouco mais de señoritos que o galego coloquial que falamos co cliente.
P: Bueno, pois moitas grazas polo teu tempo e ata aquí.
R: Veña sorte. Grazas.
3 de xuño de 2014
Entrevista a Carnicería Cuíña (Radio Colmeiro nº 7)
Na foto podemos ver aos nosos reporteiros Isidro Gil e Irene Míguez acompañando ao responsable da Carnicería Cuíña, Miguel Rozados. Con el mantivemos unha entrevista que deixamos inserida neste blogue como un novo programa de Radio Colmeiro.
Máis abaixo, xunto coa transcripción do fundamental da entrevista podedes ver outra foto dunha factura deste establecemento. Baixo o encabezamento: a boa carne do Deza, pódese comprobar o compromiso deste comerciante local coa nosa lingua xa que postos a elaborar facturas considerou que o mellor que podía facer era telas en galego.
Tal e como comentabamos na primeira das entrevistas que realizamos nun establecemento comercial, estamos diante doutro
proxecto do Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro. Cando o ano pasado realizamos un estudo sobre o estado da sinaléctica nalgunhas das principais rúas de Silleda, verificamos que o galego só estaba presente nunha pequena porcentaxe, arredor do 20%. A maior responsabilidade desta situación debíase á cartelería comercial, por iso propuxémonos este curso darlle visibilidade a aqueles comercios que apostan polo uso do galego na súa actividade diaria. A carnicería Cuíña é un deles, velaquí a entrevista que nos concedeu

P: Atopamonos na Carniceria Cuiña, con Miguel Rozados, un xoven comerciante de Silleda. Quen decidiu apostar polo galego como impulso do seu comercio. O curso pasado o ENDL do Pintor Colmeiro fixo un estudo sobre a paisaxe lingüística de Silleda e obtivemos como resultado que no 70% da cartelería comercio o galego estaba excluído. A que pensa que é debido isto?
R: Eu penso que a malloría dos carteis están en castelán debido a que a xente que abre negocios e mais ou menos é da miña idade e cando eu fun a escola estudábase en castelán e pretendían ensinarnos que o castelán era una lingua mellor vista pola sociedade.
P: A boa carne do deza é o teu lema.Porque o tema lema está en Galego ?
R: Eu considero que son un galego falante e que a malloría da xente de Silleda tamén o é .E que a mellor forma de acercarme a xente sería na lingua que falamos , o Galego.
P: O galego forma parte da identidade da empresa?
R: Cando meu pai fundou Carnicería Cuiña fundouna en castelán pero cando eu collín a empresa un dos cambios que decidin facer foi precisamente o de realizar todo o en galego, a atención aos clientes , as facturas, o logotipo…
P: Pensa que foi una decisión arriscada ?
R: Non, como ben dixen a lingua maioritaria en Silleda penso que é o galego e se non se fala aquí donde se vai falar.
P:. De primeiras como atendes aos clientes ?
R: Eu cando entra un cliente a carnicería de entrada fálolle en galego e normalmente contéstame en galego, pero cando entra algún castelán falante e vexo que me responde en castelán ,acábolle contestando en castelán.Pero síntome mais cómodo falando en galego.
P: Os provedores teñen problemas en que os atendas en galego, coas facturas e as vosas relacións?
R: Hai de todo pero normalmente falan galego xa que eu compro as tenreiras, ovellas,años… A pequenos produtores da zona que soen falar galego.
P: Animaría a outro empresarios ao uso normalizado do galego ?
R: Si,Carnicería Cuiña vai bastante ben en galego e si que animaría a outro comerciantes a poner o seu comercio en galego.
Irene Míguez , Isidro Gil
30 de maio de 2014
Entrevista a Carmiña Moda en Radio Colmeiro nº 6
Con esta entrevista comenzamos un outro novo proxecto do Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro. Cando o ano pasado realizamos un estudo sobre o estado da sinaléctica nalgunhas das principais rúas de Silleda, comprobamos que o galego só estaba presente nunha pequena porcentaxe, arredor do 20%. A maior responsabilidade desta situación debíase á cartelería comercial, por iso propuxémonos este curso darlle visibilidade a aqueles comercios que apostan polo uso do galego na súa actividade diaria. Deste xeito pretendemos animar a outros comerciantes a que aposten tamén polo galego, como fan desde Carmiña Moda.
Os alumnos de bacharelato Diego García, Diego Suárez e Pedro Segade entrevistaron a Patricia Mato, propietaria de Carmiña Moda, polo seu compromiso coa lingua do país. Moitas grazas a Patricia pola súa amabilidade e polo seu compromiso co país.
De seguida transcribimos o fundamental da entrevista. De todas formas consideramos que debiades escoitala, aínda que só fose para escoitar a voz radiofónica de Penela.

P : O ano pasado o equipo de normalización lingüística fixo un estudo sobre a paisaxe lingüística no cal no 70 % da carteleira publicitaria o galego atopábase excluido. A que pensa qué é debido isto?
R : A que o galego antes estaba considerado como unha lingua de ámbito familiar e non tiña o prestixio que hoxe en día ten.
P : Notou algún cambio , vantaxes ou inconvintes por vender o seu produto en galego?
R : Ahora o galego esta considerado como algunha lingua mais e non queda reducida só a ese ámbito familiar e eu creo que nin melloramos nin empeoramos nese sentido.
P : E o galego unha lingua apta para o mundo empresarial?
R : Por suposto , e unha lingua normatizada e normalizada como calquer outra.
P : Animaria a outros empresarios ao uso da normalización do galego?
R : Si , por suposto ademais deberiamos de utilizala para non perdela.
P : Por que tomaron esta decisión,por qué decidiron apostar pola lingua propia?
R : Para empezar o nome da tenda sempre foi Carmiña e Carmiña xa por si sempre foi un nome galego e quixemos seguir mantendo nesta liña a pesar de que fomos renovando a imaxe e as marcas , pero en conclusion decidimos continuar co mesmo nome .
P:Moitisimas gracias a vos e a Carmiña Moda mais a Patricia que foi a persoa que nos concedeu a entrevista.
R:Nada , agradecervos a vos e a vosa visita desde logo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)